Ministerio de Cultura
Axudas
Orde CUL/2325/2009, do 27 de xullo, pola que se conceden axudas para proxectos de conservación, protección e difusión de bens declarados Patrimonio Mundial, correspondentes ao ano 2009.
PDF (BOE-A-2009-14030 - 3 páxs. - 205 KB)
@xosse: xestor e asesor en desenvolvemento sostible e responsabilidade social corporativa. Dirección de persoal; asesoría laboral e políticas de emprego | #RSC #RRHH #TEDL
lunes, 31 de agosto de 2009
Formación e inserción laboral a favor da mocidade en desemprego con dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional
Ministerio de Traballo e Inmigración
Subvencións
Resolución do 7 de xullo de 2009, do Servicio Público de Emprego Estatal, pola que se convocan subvencións no ano 2009 para a realización dun programa específico de formación e inserción laboral a favor da mocidade en desemprego con dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional.
PDF (BOE-A-2009-14021 - 11 páxs. - 354 KB)

Subvencións para estancias de movilidade no extranxeiro "José Castillejo" para a mocidade con doutoramentos
Ministerio de Educación
Subvencións
Resolución do 6 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se adxudican subvencións para estancias de movilidade no extranxeiro "José Castillejo" para a mocidade con doutoramentos, convocadas pola Resolución do 17 de marzo de 2009, da Secretaría de Estado de Universidades.
PDF (BOE-A-2009-14009 - 33 páxs. - 831 KB)

Subvencións ás ONG de Desenvolvemento para a realización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no ámbito da seguridade alimentaria
Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación
Subvencións
Resolución do 7 de agosto de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, pola que se convocan subvencións ás Organizacións Non Gubernamentais de Desenvolvemento para a realización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no ámbito da seguridade alimentaria e a agricultura.
PDF (BOE-A-2009-14003 - 16 páxs. - 317 KB)

subvencións ás Organizacións Non Gubernamentais de desenvolvemento para a realización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento
Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación
Subvencións
Resolución do 30 de xullo de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, pola que se declara a dispoñibilidade de créditos adicionais aos aprobados na Resolución do 19 de febreiro de 2009, pola que se convocan subvencións ás Organizacións Non Gubernamentais de desenvolvemento para a realización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento, correspondente ao ano 2009.
PDF (BOE-A-2009-14002 - 2 páxs. - 171 KB)

Subvencións para o retorno voluntario de persoas inmigrantes
Ministerio de Traballo e Inmigración
Subvencións
Resolución do 24 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes pola que se convocan subvencións para o retorno voluntario de persoas inmigrantes.
PDF (BOE-A-2009-13985 - 12 páxs. - 361 KB)

viernes, 28 de agosto de 2009
O programa temporal de protección por desemprego e inserción en preguntas e respostas
O pasado 17 de agosto entrou en vigor o Real Decreto-lei 10/2009, de 13 de agosto, polo que se regula o programa temporal de protección por desemprego e inserción destinadas a facilitar cobertura económica, con carácter extraordinario, a persoas en situación de desemprego que esgotasen a prestación contributiva ou subsidio por desemprego.
A quen vai dirixido este programa?
As persoas desempregadas que esgotaron a prestación contributiva por desemprego ou o subsidio por desemprego, incluídas as prórrogas, carezan de rendas superiores a 468 euros mensuais en 2009 e adquiran o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral.
A quen non vai dirixido?
• Os traballadores que esgotaron as prestacións por desemprego antes do 1 de agosto de 2009 e antes do 15 de febreiro de 2010.
• Os traballadores que esgoten o subsidio específico para maiores de 52 anos
• Aqueles que tendo a condición de fixos-descontinuos esgoten a prestación por desemprego ou subsidio durante os períodos de inactividade produtiva.
• Traballadores que esgoten a prestación por desemprego ou subsidios durante a suspensión da relación laboral ou a redución da xornada de traballo en virtude de ERE's.
• Ou aqueloutros que esgoten o subsidio agrario, a renda agraria ou a Renda Activa de Inserción.
Que requisitos debo cumprir?
• Ser menor de 65 anos
• Estar desempregado e inscrito como demandante de emprego
• Ter extinguido por esgotamento:
• a prestación por desemprego de nivel contributivo e non ter dereito ó subsidio.
• os subsidios por desemprego pola súa duración máxima, incluídas as prórrogas.
Que obrigas resultan da solicitude esta prestación?
O traballador quedará obrigado a subscribir o compromiso de actividade e adquirir o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral que se determine polo Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Si teño outros ingresos, por exemplo, un aluguer, teño dereito a prestación?
Depende, ter ingresos propios superiores a 468 euros mensuais no ano 2009 implica quedar excluído desta axuda.
Tampouco terá dereito a mesma si a suma de tódolos ingresos obtidos por tódolos membros da súa unidade familiar (vostede, o seu cónxuxe e/ou pais e fillos menores de 26 anos ou maiores con discapacidade ou menores acollidos), dividida polo número de membros que a compoñen superen os 468 euros/mes no ano 2009.
Tamén resulta incompatible coa percepción de salarios sociais, rendas mínimas ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas Administracións Públicas.
Non estar a percibir pensión ou prestación económica da Seguridade Social, salvo que estas fosen compatibles co traballo que orixinou a prestación ou o subsidio por desemprego.
Cal é a contía e duración da prestación extraordinaria?
A duración máxima da prestación por desemprego extraordinaria é de 180 días e a súa contía é de 421,79 euros mensuais, cantidade que se actualizará anualmente. Comézase a devengar dende o día seguinte a aquel en que se solicita e a súa percepción é mensual.
Onde e cando debo presentar a solicitude?
Deberá presentarse dentro dos 60 días hábiles seguintes ó esgotamento da prestación ou subsidio por desemprego, no modelo oficial, que incluirá a subscrición expresa do compromiso de actividade e de participar nun itinerario de inserción e presentarase na oficina do Servizo Público de Emprego na que o traballador figure inscrito como demandante de emprego.
Logo, unha persoa que se lle esgotou a prestación o un de agosto, antes da publicación da medida, ata cando ten de prazo?
Neste caso, as persoas as que se lle esgotase a prestación entre os días 1 e 15 de agosto de 2009 deberán presentar a solicitude dentro dos 60 días hábiles seguintes ó da publicación desta norma.
Que documentación debo presentar?
• Impreso de solicitude , en modelo oficial, debidamente cumprimentado e asinado polo solicitante. Deberá entregar orixinal e 2 copias de dito modelo.
• Fotocopia dos documentos de identificación de solicitante e, no seu caso, dos membros da unidade familiar
• Copia do libro de familia ou documento equivalente en caso de estranxeiros.
• Copia dos documentos acreditativos das rendas obtidas no mes anterior polo solicitante e, no seu caso, polos membros da unidade familiar.

As medidas urxentes de emprego en preguntas e respostas
O pasado 20 de agosto entrou en vigor o Real Decreto 1300/2009, de 31 de xullo, de medidas urxentes de emprego destinadas ós traballadores autónomos e ás cooperativas e sociedades laborais como resposta ó incremento do desemprego.
Cales son esas medidas que se adoptaron?
Son dúas, a referida ó abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único e a bonificación pola contratación indefinida do primeiro asalariado do traballador autónomo.
Cal é a novidade destas medidas respecto as xa existentes?
A primeira medida, abono da prestación nun pago único, levanta as restricións existentes nos supostos en que o traballador tivese un vínculo contractual previo coa cooperativa ou sociedade laboral a que se quere incorporar. No segundo caso, a bonificación pola contratación indefinida, farase independentemente das circunstancias do traballador que antes se esixían (circunstancias de idade, xénero, discapacidade, exclusión social, percepción de prestacións, etc.)
Desaparecen para sempre as restricións anteriores?
Non. Estas medidas son temporais. No primeiro suposto estarán en vigor ata o 31 de decembro de 2010 e no segundo ata o 31 de decembro de 2009.
Que cantidade alcanza o pago único?
O límite máximo vese incrementado dende o 60 por cento ata o 80 por cento sobre a porcentaxe da prestación a capitalizar cando os beneficiarios sexan homes mozos ata 30 anos de idade ou mulleres mozas ata 35 anos, ambos inclusive, considerándose a idade na data da solicitude. Mantense o mesmo límite nos demais casos.
Si teño unha SL ou unha SA tamén me podo beneficiar destas axudas?
Non, as axudas van destinadas a aqueles traballadores desempregados que queren pasar a formar parte dunha cooperativa ou sociedade laboral ou aos traballadores autónomos que contraten ao seu primeiro traballador indefinido.
Estas medidas, afectan por igual a todo desempregado?
No caso das solicitudes de abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único que se formulen entre o 20 de agosto e o 31 de decembro de 2010 poderanse levar a cabo só polos beneficiarios de prestacións por desemprego; mentres, no suposto da primeira contratación indefinida por un autónomo é indiferente que o traballador estea percibindo unha prestación ou non.
Un autónomo que xa ten contratado algún traballador temporal, pode beneficiarse desta axuda para transformar eses contratos en indefinidos?
Non, nin sequera para contratar a un traballador desempregado. A norma esixe que nos tres meses anteriores a contratación o autónomo non tivese contratado ningún traballador asalariado. Si pode beneficiarse, en cambio, doutras axudas a contratación indefinida anteriores.
Que ocorre si por falta de traballo me vexo na obriga de prescindir do traballador?
O autónomo queda obrigado a manter ó traballador contratado u mínimo de 24 meses dende o inicio da relación laboral. De non ser así deberá reintegrar tódalas bonificacións
E si é o traballador o deixa o seu emprego voluntariamente?
Nese caso non existirá a obriga de devolución das cotas bonificadas. Tampouco existirá esa obriga cando se trate dun despido disciplinario declarado ou recoñecido como procedente, por morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez do traballador.
Esta axuda é acumulable a outras que estean en vigor?
Non, será incompatible con calquera outra das previstas para a mesma finalidade. No caso de que a contratación dun traballador puidera dar lugar simultaneamente á aplicación de outras bonificacións, só poderá aplicarse unha delas, correspondendo a opción ó beneficiario no momento de formalizar a alta do traballador na Seguridade Social.
Como afectan estas medidas ós contratos realizados con anterioridade a súa entrada en vigor?
Esta norma non ten carácter retroactivo, polo tanto os contratos celebrados antes continuarán rexéndose pola normativa vixente no intre da súa concertación.

Ficha de explotación que debe utilizarse para o rexistro das rendas das explotacións agrícolas e o análise do funcionamento económico das mesmas
REGULAMENTOS DA COMISIÓN DA UNIÓN EUROPEA
Regulamento (CE) no 781/2009 da Comisión, do 27 de agosto de 2009, que modifica o Regulamento (CE) no 868/2008 relativo á ficha de explotación que debe utilizarse para o rexistro das rendas das explotacións agrícolas e o análise do funcionamento económico desas explotacións.

Axudas concedidas ás empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Resolución do 24 de xullo de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 16900D001P005.PDF

Subvencións ás asociacións de consumidores e usuarios de ámbito estatal, destinadas a promover o asociacionismo de consumo
Ministerio de Sanidade e Política Social
Subvencións
Resolución do 3 de agosto de 2009, do Instituto Nacional do Consumo, pola que se convocan subvencións ás asociacións de consumidores e usuarios de ámbito estatal, destinadas a promover o asociacionismo de consumo e á realización de actividades de información, defensa e proteción dos dereitos dos consumidores, para o exercicio 2009.
PDF (BOE-A-2009-13924 - 17 páxs. - 605 KB)
jueves, 27 de agosto de 2009
Medio Rural achega case 11 millóns de euros para os programas a desenvolver polos tres derradeiros GDR constituídos
O DOG publica na súa edición de hoxe o investimento global dos Grupos de Desenvolvemento Rural 09, 23, e 25
O Diario Oficial de Galicia, na súa edición de hoxe, publica a resolución da segunda convocatoria de programas a través dos GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) colaboradores. Trátase do investimento aprobado para a realización de proxectos por parte dos tres derradeiros grupos constituídos, que percibirán no seu conxunto un total de case once millóns de euros.
Así, para o GDR-09, a Asociación Carballiño-Ribeiro, contará con 3.590.000 euros para a execución práctica das súas estratexias de actuación. Esta entidade traballa no ámbito dos concellos de Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, O Irixo, Leiro, Maside, Melón, Piñor, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea, todos eles da provincia de Ourense.
Para o GDR-23, o UTM 23 Ulla Tambre Mandeo, achéganse 3.591.000 euros. Neste caso, os municipios obxecto de actuacións serán Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar, todos eles na provincia de A Coruña.
E finalmente, para o GDR-25, a Asociación de Desarrollo Rural Deloa, corresponden 3.716.000 euros. Esta organización traballa nos concellos, tamén coruñeses, de Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.
Esta achega global de 10.897.000 euros foi asinada en resolución do DOG polo director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, na súa condición de director de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), Antonio Crespo. E, con ela, complétase o proceso administrativo para a posta en marcha de todo o mapa dos 31 GDR, quedando comprometidas as partidas orzamentarias necesarias para a realización de actuacións en todo o territorio galego por parte das entidades colaboradoras.

II convocatoria de programas de desenvolvemento rural e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión do programa Leader
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Resolución do 10 de agosto de 2009 pola que se publica o resultado do proceso de selección da segunda convocatoria de programas de desenvolvemento rural e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16800D006P049.PDF

Esgotamento de crédito para subvencións en conxuntos históricos, para familias e institucións sen fin de lucro
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Orde do 18 de agosto de 2009 pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito para subvencións en conxuntos históricos, para familias e institucións sen fin de lucro, establecida na Orde do 18 de febreiro de 2009 da Consellería de Vivenda e Solo.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16800D004P049.PDF

miércoles, 26 de agosto de 2009
Subvencións a persoas físicas e xurídicas titulares de autorizacións de transporte público por estrada para o fomento das condicións de seguridade
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Corrección de erros-Orde do 27 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións a persoas físicas e xurídicas titulares de autorizacións de transporte público por estrada para o fomento das condicións de seguridade e da incorporación de novas tecnoloxías e melloras ambientais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16700D003P007.PDF

martes, 25 de agosto de 2009
Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA
Competencias profesionales
Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo , de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.
PDF (BOE-A-2009-13781 - 24 págs. - 504 KB)

Convocatoria de propostas do Programa «Mocidade en Acción»
PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS
Comisión
2009/C 199/08
Convocatoria de propostas — EACEA/22/09 — Programa «Mocidade en Acción» — Acción 4.6 — Asociacións

Normas de aplicación dos programas de cooperación transfronteriza financiados no marco do Instrumento Europeo de Veciñanza e Asociación
REGULAMENTOS DA COMISIÓN DA UNIÓN EUROPEA
Corrección de erros do Regulamento (CE) no 951/2007 da Comisión, do 9 de agosto de 2007, polo que se establecen as normas de aplicación dos programas de cooperación transfronteriza financiados no marco do Regulamento (CE) no 1638/2006 do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen as disposicións xerais relativas á creación dun Instrumento Europeo de Veciñanza e Asociación
Relacionado co:
REGULAMENTO (CE) No 951/2007 DA COMISIÓN de 9 de agosto de 2007 polo que se establecen as normas de aplicación dos programas de cooperación transfronteriza financiados no marco do Regulamento (CE) no 1638/2006 do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen as disposicións xerais relativas á creación dun Instrumento Europeo de Veciñanza e Asociación
DOL 210 de 10.8.2007

lunes, 24 de agosto de 2009
Economía e Industria invita aos emprendedores a presentar novos proxectos para poder apoiar os seus investimentos
Javier Guerra recorda que o Igape “ten cartos dispoñibles” para apoiar aos emprendedores nas súas inversións
A Consellería de Economía e Industria invita aos emprendedores galegos a presentar os seus proxectos empresariais para poder apoialos economicamente a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que está a incentivar e apoiar aos representantes do tecido productivo galego que deciden facer novos investimentos. O departamento que dirixe Javier Guerra considera que este é un bo momento para investir porque a Xunta “ten cartos dispoñibles” para apoiar economicamente novos plantexamentos empresariais que axuden mellorar a economía galega.
O Igape ten aumentado sensiblemente a axilidade na xestión das solicitudes de axuda no último trimestre de 2009, de xeito que neste período elevouse en 2,85 puntos a velocidade de xestión destas peticións con respecto ao mesmo período do ano anterior. Esta axilidade prodúcese, ademais, cando entre maio a xullo de 2009 aumentaron as peticións de axuda nun 560% en comparación co mesmo período de 2008, e se resolveron un 1.592% máis de solicitudes que no último trimestre do ano pasado.
As necesidades económicas das empresas teñen mudado nos últimos meses debido á actual conxuntura económica, xa que agora os emprendedores demandan fundamentalmente axudas que lles permitan acceder e facer fronte aos créditos bancarios, e por este motivo reducíronse as peticións de apoio aos investimentos empresariais nos últimos meses.
De feito, as peticións de axudas ao circulante das empresas, adicadas ao saneamento financeiro das mesmas, teñen aumentado un 2.403% neste trimestre, unhas solicitudes que se traducen en préstamos subvencionados por valor de 141,8 millóns de euros.
Por outra parte, as liñas de axuda de Emprendedores e Internacionalización tamén subiron neste último trimestre, o que demostra que a xestión e a oferta de apoios económicos do Igape é unha ferramenta eficaz para os emprendedores galegos, e un apoio importante á hora de facer fronte ás súas dificultades económicas e de avalar novas ideas e proxectos que podan mellorar a marcha da nosa economía.

Economía e Industria mobiliza préstamos subsidiados e avalados por importe de 15 millóns de euros para apoiar investimentos de novas pemes
Economía e Industria mobiliza préstamos subsidiados e avalados por importe de 15 millóns de euros para apoiar investimentos de novas pemes e microempresas no marco do Plan re-imaXina
O departamento que dirixe Javier Guerra busca deste xeito facilitar o acceso ao crédito aos emprendedores para que poidan impulsar novos investimentos
Os préstamos contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca que cubrirá o 80% do importe e as entidades financeiras non poderán requirir garantías adicionais
Os xuros efectivos para os beneficiarios, que serán fixos para microempresas e referenciados ao euríbor nas liñas para novas pemes e pemes competitivas, estarán arredor do 3%
No que vai de ano, o programa financeiro do Igape fixo posible a concesión de préstamos por importe de 280 millóns de euros, fronte aos 47 millóns de euros mobilizados no mesmo período do ano anterior
Habilitar préstamos subsidiados e avalados por un importe de ata 15 millóns de euros para apoiar o financiamento dos investimentos impulsados por novas pemes, para pemes que queren medrar ou renovarse para mellorar en competitividade ou para microempresas galegas, é o obxectivo do programa que vai poñer en marcha a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica. Este novo instrumento financeiro xúntase aos xa existentes no Instituto, que fixeron posible a concesión de préstamos a empresas por importe de 280 millóns de euros no que vai de ano, fronte aos só 47 millóns concedidos no mesmo periodo de 2008.
O Plan re-imaXina facilitará a concesión polas entidades financeiras de préstamos por importe de ata 15 millóns de euros, eliminando dous dos atrancos que adoitan dificultar o acceso das empresas de menos dimensión –microempresas, autónomos e emprendedores- ao financiamento, as garantías e os custos de xestión. O xuro efectivo para os beneficiarios destes préstamos avalados roldará o 3%. As bases desta nova liña financeira publicáronse no DOG o día 30 de xullo e a presentación de solicitudes estará aberta ata o próximo 30 de decembro.
As microempresas e pemes beneficiarias deste programa de apoio impulsado polo Instituto que preside o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, poderán dispoñer de préstamos que contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca (SGR) polo 80% do importe do financiamento. Nin as entidades financeiras nin as SGR poderán requirir dos solicitades máis garantías adicionais que as persoais dos promotores da actividade empresarial. Os beneficiarios tampouco deberán pagar á entidade financeira ou SGR correspondente ningún outro custo derivados da operación acollida a esta liña.
As achegas do Igape fan posible que os xuros dos préstamos concedidos polas entidades financeiras ao amparo deste programa serán fixos, do 3,14%, no caso dos destinados a microempresas. Os préstamos para novas pemes e pemes competitivas serán variables e estarán referenciados ao euríbor a seis meses máis; en 2009, o xuro efectivo dos préstamos concedidos nestas dúas liñas será do 2,98%.
Os préstamos concedidos ao abeiro destas bases e no marco do correspondente convenio que o Igape asinou coas entidades financeiras adheridas e ás sociedades de garantía recíproca que operan en Galicia terán un prazo de amortización de ata 5 anos, no caso da liña para as microempresas, e de 5 a 7 anos nos concedidos nas liñas para novas pemes e pemes competitivas. En todos os casos, os prazo poderán incluir ata 1 ano de carencia na amortización do capital.
Flúe o financiamento
Durante os sete primieros meses de 2009, o Instituto Galego de Promoción Económica concedeu apoio a un total de 3.242 solicitudes de apoio empresarial, fronte ás 953 solicitudes atendidas positivamente no mesmo periodo do ano anterior.
O incremento máis significativo rexistrouse no programa financeiro, onde se pasou de 599 proxectos aprobados nos sete primeiros meses de 2008 a 2.442 no mesmo periodo de 2009, debido sobre todo á posta en marcha da liña para o financiamento de circulante e refinanciamento de pasivos das empresas en dificultades. Se entre xaneiro e xullo de 2008 se habilitaron préstamos subsidiados por importe de 47 millóns de euros ao amparo do programa financeiro do Igape, no que vai de 2009 superouse xa a cifra de 280 millóns.
Tamén se incrementou a demanda e o nivel dos apoios concedidos polo Igape no marco dos seus programas orientados a favorecer a mellora da produtividade e a competitividade das pemes. De 177 proxectos apoiados nos sete primeiros meses de 2008 pasouse a 319 proxectos no que vai de 2009; ás subvencións destinadas a apoiar esas iniciativas empresariais pasaron de 1,4 millóns de euros en 2008 a 2,48 en 2009.
Do mesmo xeito, medrou de xeito significativo o número de iniciativas apoiadas para favorecer a internacionalización das empresas galegas. Así, dos 88 proxectos apoiados neste eido entre xaneiro e xullo de 2008 pasouse a 175 no mesmo periodo deste ano.

Subvencións nas áreas de servizos sociais, familias e infancia, correspondente ao ano 2009.
Ministerio de Sanidade e Política Social
Subvencións
Resolución do 31 de xullo de 2009, da Secretaría General de Política Social y Consumo, pola que se convocan subvencións nas áreas de servizos sociais, familias e infancia, correspondente ao ano 2009.
PDF (BOE-A-2009-13773 - 8 páxs. - 307 KB)

Aproximación das lexislacións dos Estados membros relativas aos equipos de protección individual
Informacións da Comisión da Unión Europea
Corrección de erros da comunicación da Comisión no marco da Directiva 89/686/CEE do Consello, do 21 de decembro de 1989, sobre aproximación das lexislacións dos Estados membros relativas aos equipos de protección individual (DOC 126 de 5.6.2009) 2009/C 198/07
Relacionada con:
Comunicación de la Comisión en el marco de la aplicación de la Directiva 89/686/CEE del Consejo, de 21 de diciembre de 1989, sobre aproximación de las legislaciones de los Estados Miembros relativas a los equipos de protección individual (Publicación de títulos y referencias de normas armonizadas conforme a la directiva)

sábado, 22 de agosto de 2009
O plan re-imaXina mobilizará 15 millóns de euros en préstamos para investimentos de microempresas
A consellería de Economía e Industria, a través do Igape, busca deste xeito facilitar o acceso ao crédito aos emprendedores para que podan impulsar novos investimentos. Os préstamos contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca que cubrirá o 80% do importe e as entidades financeiras non poderán requirir garantías adicionais. Os xuros efectivos para os beneficiarios, que serán fixos para microempresas e referenciados ao euríbor nas liñas para novas pemes e pemes competitivas, estarán arredor do 3%.
Habilitar préstamos subsidiados e avalados por un importe de ata 15 millóns de euros para apoiar o financiamento dos investimentos impulsados por novas pemes, para pemes que queren medrar ou renovarse para mellorar en competitividade ou para microempresas galegas, é o obxectivo do programa que vai poñer en marcha a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica. Este novo instrumento financeiro xuntase aos xa existentes no Instituto, que fixeron posible a concesión de préstamos a empresas por importe de 280 millóns de euros no que vai de ano, fronte aos só 47 millóns concedidos no mesmo periodo de 2008.
O Plan re-imaXina facilitará a concesión polas entidades financeiras de préstamos por importe de ata 15 millóns de euros, eliminando dous dos atrancos que adoitan dificultar o acceso das empresas de menos dimensión –microempresas, autónomos e emprendedores- ao financiamento, as garantías e os custos de xestión. O xuro efectivo para os beneficiarios destes préstamos avalados roldará o 3%. As bases desta nova liña financeira publicáronse no DOG o día 30 de xullo e a presentación de solicitudes estará aberta ata o próximo 30 de decembro.
As microempresas e pemes beneficiarias deste programa de apoio impulsado polo Instituto que preside o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, poderán dispoñer de préstamos que contarán co aval dunha SGR polo 80% do importe do financiamento. Nin as entidades financeiras nin as SGR poderán requirir dos solicitades máis garantías adicionais que as persoais dos promotores da actividade empresarial. Os beneficiarios tampouco deberán pagar á entidade financeira ou SGR correspondente ningún outro custo derivados da operación acollida a esta liña.
As achegas do Igape fan posible que os xuros dos préstamos concedidos polas entidades financeiras ao amparo deste programa serán fixos, do 3,14%, no caso dos destinados a microempresas. Os préstamos para novas pemes e pemes competitivas serán variables e estarán referenciados ao euríbor a seis meses máis; en 2009, o xuro efectivo dos préstamos concedidos nestas dúas liñas será do 2,98%.
Os préstamos concedidos ao abeiro destas bases e no marco do correspondente convenio que o Igape asinou coas entidades financeiras adheridas e á sociedades de garantía recíproca que operan en Galicia terán un prazo de amortización de ata 5 anos, no caso da liña para as microempresas, e de 5 a 7 anos nos concedidos nas liñas para novas pemes e pemes competitivas. En todos os casos, os prazo poderán incluir ata 1 ano de carencia na amortización do capital.
Flúe o financiamento
Durante os sete primeros meses de 2009, o Instituto Galego de Promoción Económica concedeu apoio a un total de 3.242 solicitudes de apoio empresarial, fronte ás 953 solicitudes atendidas positivamente no mesmo periodo do ano anterior.
O incremento máis significativo rexistrouse no programa financiero, onde se pasou de 599 proxectos aprobados nos sete primeiros meses de 2008 a 2.442 no mesmo periodo de 2009, debido sobre todo á posta en marcha da liña para o financiamento de circulante e refinanciamento de pasivos das empresas en dificultades. Se entre xaneiro e xullo de 2008 se habilitaron préstamos subsidiados por importe de 47 millóns de euros ao amparo do programa financeiro do Igape, no que vai de 2009 superouse xa a cifra de 280 millóns.
Tamén se incrementou a demanda e o nivel dos apoios concedidos polo Igape no marco dos seus programas orientados a favorecer a mellora da produtividade e a competitividade das pemes. De 177 proxectos apoiados nos sete primeiros meses de 2008 pasouse a 319 proxectos no que vai de 2009; ás subvencións destinadas a apoiar esas iniciativas empresariais pasaron de 1,4 millóns de euros en 2008 a 2,48 en 2009.
Do mesmo xeito, medrou de xeito significativo o número de iniciativas apoiadas para favorecer a internacionalización das empresas galegas. Así, dos 88 proxectos apoiados neste eido entre xaneiro e xullo de 2008 pasouse a 175 no mesmo periodo deste ano.
Habilitar préstamos subsidiados e avalados por un importe de ata 15 millóns de euros para apoiar o financiamento dos investimentos impulsados por novas pemes, para pemes que queren medrar ou renovarse para mellorar en competitividade ou para microempresas galegas, é o obxectivo do programa que vai poñer en marcha a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica. Este novo instrumento financeiro xuntase aos xa existentes no Instituto, que fixeron posible a concesión de préstamos a empresas por importe de 280 millóns de euros no que vai de ano, fronte aos só 47 millóns concedidos no mesmo periodo de 2008.
O Plan re-imaXina facilitará a concesión polas entidades financeiras de préstamos por importe de ata 15 millóns de euros, eliminando dous dos atrancos que adoitan dificultar o acceso das empresas de menos dimensión –microempresas, autónomos e emprendedores- ao financiamento, as garantías e os custos de xestión. O xuro efectivo para os beneficiarios destes préstamos avalados roldará o 3%. As bases desta nova liña financeira publicáronse no DOG o día 30 de xullo e a presentación de solicitudes estará aberta ata o próximo 30 de decembro.
As microempresas e pemes beneficiarias deste programa de apoio impulsado polo Instituto que preside o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, poderán dispoñer de préstamos que contarán co aval dunha SGR polo 80% do importe do financiamento. Nin as entidades financeiras nin as SGR poderán requirir dos solicitades máis garantías adicionais que as persoais dos promotores da actividade empresarial. Os beneficiarios tampouco deberán pagar á entidade financeira ou SGR correspondente ningún outro custo derivados da operación acollida a esta liña.
As achegas do Igape fan posible que os xuros dos préstamos concedidos polas entidades financeiras ao amparo deste programa serán fixos, do 3,14%, no caso dos destinados a microempresas. Os préstamos para novas pemes e pemes competitivas serán variables e estarán referenciados ao euríbor a seis meses máis; en 2009, o xuro efectivo dos préstamos concedidos nestas dúas liñas será do 2,98%.
Os préstamos concedidos ao abeiro destas bases e no marco do correspondente convenio que o Igape asinou coas entidades financeiras adheridas e á sociedades de garantía recíproca que operan en Galicia terán un prazo de amortización de ata 5 anos, no caso da liña para as microempresas, e de 5 a 7 anos nos concedidos nas liñas para novas pemes e pemes competitivas. En todos os casos, os prazo poderán incluir ata 1 ano de carencia na amortización do capital.
Flúe o financiamento
Durante os sete primeros meses de 2009, o Instituto Galego de Promoción Económica concedeu apoio a un total de 3.242 solicitudes de apoio empresarial, fronte ás 953 solicitudes atendidas positivamente no mesmo periodo do ano anterior.
O incremento máis significativo rexistrouse no programa financiero, onde se pasou de 599 proxectos aprobados nos sete primeiros meses de 2008 a 2.442 no mesmo periodo de 2009, debido sobre todo á posta en marcha da liña para o financiamento de circulante e refinanciamento de pasivos das empresas en dificultades. Se entre xaneiro e xullo de 2008 se habilitaron préstamos subsidiados por importe de 47 millóns de euros ao amparo do programa financeiro do Igape, no que vai de 2009 superouse xa a cifra de 280 millóns.
Tamén se incrementou a demanda e o nivel dos apoios concedidos polo Igape no marco dos seus programas orientados a favorecer a mellora da produtividade e a competitividade das pemes. De 177 proxectos apoiados nos sete primeiros meses de 2008 pasouse a 319 proxectos no que vai de 2009; ás subvencións destinadas a apoiar esas iniciativas empresariais pasaron de 1,4 millóns de euros en 2008 a 2,48 en 2009.
Do mesmo xeito, medrou de xeito significativo o número de iniciativas apoiadas para favorecer a internacionalización das empresas galegas. Así, dos 88 proxectos apoiados neste eido entre xaneiro e xullo de 2008 pasouse a 175 no mesmo periodo deste ano.
viernes, 21 de agosto de 2009
Catálogo común de variedades de especies de plantas hortícolas
COMUNICACIÓNS PROCEDENTES DE INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS DA UNIÓN EUROPEA
Comisión
Catálogo común de variedades de especies de plantas hortícolas — quinto suplemento á vixesimoséptima edición integral. 2009/C 197 A/01

Ampliación de créditos asignados ao Plan Remóvete para a substitución de vehículos en Galicia
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Resolución do 18 de agosto de 2009 pola que se fai pública a segunda ampliación de créditos asignados ao Plan Remóvete para a substitución de vehículos en Galicia.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 16400D004P006.PDF

Axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Resolución do 28 de xullo de 2009 pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 4 de febreiro de 2008, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se regulan as axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, modificada pola Orde do 17 de novembro de 2008.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 16400D003P005.PDF

jueves, 20 de agosto de 2009
Galicia será pioneira en España no uso dunha ferramenta de primeiro nivel que garantirá a atención aos discapacitados en caso de emerxencias
- O CAE 112 foi elixido para participar nun proxecto pioneiro en Europa que proporcionará dispositivos especialmente adaptados para conectar aos usuarios simultaneamente a través de vídeo, son e texto
- Esta ferramenta que se experimentará en Galicia será a que posteriormente se empregue en todos os centros de emerxencias de Europa
- Favorecerá ás persoas con discapacidades auditivas e de fala que ata o de agora non podían, agás intervención de terceiros, comunicar e solicitar resposta ás situacións de emerxencias nas que se viran afectadas
- O centro galego foi seleccionado pola súa evolución, desenrolo e experiencia na xestión de emerxencias nun territorio singularizado polas súas condicións orográficas e de dispersión poboacional
Así o anuncia o Centro de Atención de Emerxencias 112 de Galicia (CAE 112), dependente da Axencia Galega de Emerxencias, que desde o pasado 1 de xullo participa nun proxecto europeo innovador que ten como fin facilitar e garantir a atención ás persoas con discapacidades en casos de emerxencias. O proxecto, que recibe o nome de REACH (‘Responding to All Citizens needing Help’/ Resposta a todos os cidadáns que precisan axuda), ten unha duración de tres anos e conta cun orzamento de 225.930 euros, financiados ao 50% coa Unión Europea. O acceso directo ao 112 en igualdade de condicións que o resto de cidadáns supón un avance decidido no camiño cara a plena integración das persoas con discapacidades, xa que se trata, en definitiva, de prestar uns servizos necesarios e de calidade de acorde cos tempos en que vivimos e que a Sociedade do Benestar demanda.
Singularidade orográfica e poboacional
Para participar nesta iniciativa pioneira, o CAE 112 foi escollido xunto con outras tres centros de emerxencias de entre todos os existentes en Europa. O motivo da selección do centro galego foi a súa evolución, desenrolo e experiencia na xestión de emerxencias nun territorio singularizado polas súas condicións orográficas e de dispersión poboacional, o que constitúe un interesante campo de proba para este novidoso sistema de resposta total do que se extraerán importantes consecuencias para a súa implantación no resto de Europa.
O REACH 112 achegará solucións para comunicarse en calquera situación, ben a través de comunicación escrita, linguaxe de signos, lectura de beizos, con voz ou calquera combinación simultánea dos citados modelos baixo o concepto de comunicación total. Neste sentido, proporcionaranse dispositivos especialmente adaptados en fogares, lugares de traballo e desprazamentos, que conectarán aos usuarios simultaneamente a través de vídeo, son e texto. Con esta iniciativa liderarase a mellora de comunicacións entre os cidadáns, en particular daqueles con algún tipo de discapacidade, ademais da accesibilidade e o tratamento de chamadas dos servizos de emerxencias de toda a Unión Europea.
No proxecto participan 22 socios de Italia, Suecia, Reino Unido, Holanda, Francia, Grecia, Bélxica, Finlandia e España. No caso español, ademais do CAE 112, tamén participan como socios as empresas Siemens, Vodafone e Sertel.
Medio Ambiente xestionará 27 millóns de euros do Plan anticrise para 150 novas obras de seguridade vial e mellora nas estradas
Agustín Hernández presentou o reparto dos fondos en materia de estradas desta actuación do actual Goberno, que implicará a creación de case 1.000 postos de traballo
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca que no mes de outubro todas as obras estarán en execución e rematadas no presente ano
Sinala que as actuacións céntranse en medidas de conservación e rehabilitación de firmes, limpeza de maleza en cunetas e noiros, melloras de sinalización e balizamento, plans de seguridade vial e arranxos de drenaxes na rede de estradas galegas
Aclara que o Plan anti-crise é resultado da reordenación dos créditos do Goberno actual que afectan a máis do 11% dos Orzamentos da Comunidade, e que, na súa contía de 1.300 millóns inclúe os 144 millóns de euros do Plan de austeridade
Plan anti-crise
O representante do Goberno galego recordou que o Plan de Choque contra a crise trata de buscar instrumentos para loitar contra a situación económica actual, xa que de seguir por esta senda económica, España pode ser o último país en saír da crise económica. Defendeu que este plan é necesario, hoxe é máis urxente que nunca.
Agustín Hernández aclarou que este plan é resultado da “reordenación dos créditos da Xunta de Galicia que afectan a máis do 11% dos Orzamentos da Comunidade”, e que, na súa contía de 1.300 millóns inclúe os 144 millóns de euros do Plan de austeridade aprobado tamén polo Consello de Goberno.
Cómpre sinalar que o plan destina á partida de fomento da produtividade do tecido industrial un orzamento de 938 millóns de euros, que en materia de infraestruturas se traduce en 644 millóns de euros. Nese senso, os investimentos do departamento que dirixe Agustín Hernández supoñen o 50% dos orzamentos en infraestruturas contemplados dentro do Plan anti-crise. Estas disposicións pretenden canalizar a meirande parte do esforzo financeiro da administración autonómica cara a investimentos produtivos para suplir a baixa de demanda agregada en sectores básicos da nosa economía e aumentar a competitividade do tecido empresarial. Estas inversións, ademais, implicarán a consecución de 20.000 postos de traballo inducidos principalmente no sector da construción e tamén, en industria e en servizos.
Aclarou que os 316 millóns de euros (o 50% do Plan de Choque) que xestiona a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas repártense entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), que canalizará 76 millóns de euros para obras de saneamento e abastecemento, e a Dirección Xeral de Infraestruturas, que destina 240 millóns a estradas e infraestruturas do transporte.
Austeridade
O citado Plan de choque contra a crise incorpora os 144 millóns de euros aforrados grazas ao Plan de Austeridade aprobado pola Xunta e materializa o compromiso do Goberno galego coa reactivación da economía e cos sectores produtivos de Galicia. Como obras financiadas con cargo aos aforros do plan de austeridade, destacan as hidráulicas que reciben 8 millóns, e as estradas, con 27 millóns de euros.
Vivenda
Outras actuacións sectoriais de fomento industrial afectarán á vivenda, ampliando as axudas a máis cidadáns, impulsando a vivenda protexida e a rehabilitación, ofrecendo así unha alternativa ao sector inmobiliario para reactivarse. Entre 2009 e 2012 financiaranse un mínimo de 50.755 accións en materia de vivenda. O investimento público total aproximado é de 593 millóns de euros, repartidos da seguinte forma: 463, Ministerio de Vivenda e 130. IGVS. Está previsto que xa se invistan 67 millóns no que resta do ano 2009.
Traballo e Benestar comprométese a establecer sistemas de colaboración permanente e estable cos autónomos para mellorar a súa situación
- A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, estudará as mellores fórmulas para establecer unha liña de cooperación constante co sector.
- A conselleira mantivo un encontro cos presidentes da Confederación de Autónomos y Profesionales de España (Caype) e da Federación de Autónomos de Galicia
A Consellería de Traballo e Benestar colaborará cos autónomos de Galicia de forma permanente e estable para mellorar a situación deste sector, un dos máis afectados nestes momentos de crise económica.
Para acadar este obxectivo, a conselleira do departamento autonómico, Beatriz Mato, comprometeuse, no transcurso dunha reunión que mantivo na Coruña cos presidentes da Confederación de Autónomos y Profesionales de España (Caype) e a Federación de Autónomos de Galicia (Feaga), Eliseo Calviño e Paulino Franco, respectivamente, a estudar as mellores fórmulas para que a cooperación entre os dous organismos sexa estable e continua.
Para iso, o borrador deste documento elaborarase de forma conxunta, segundo resaltou a titular de Traballo e Benestar.
A Consellería colaborará coa organización do congreso nacional deste sector. Mato, ademais, estudará a proposta feita polos dous organismos de incrementar as axudas do Goberno galego para a oferta de cursos de formación e indicou que a Xunta seguirá a prestar a súa colaboración na contratación de axentes de emprego e orientadores laborais.
A Xunta fai efectiva a segunda ampliación de crédito para a contratación de parados que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego
- O DOG publicou a orde que establece a segunda partida orzamentaria deste plan, con 20,2 millóns de euros, que se inscribe dentro do Plan de choque para facer fronte á crise
- Esta partida súmase aos 13,1 da primeira fase, posta en marcha a finais de xuño, e que na súa totalidade ascende a máis de 30 millóns de euros
- Trátase dunha liña de crédito excepcional que o Goberno galego puxo en marcha para contratar a 4.000 persoas que esgotaran a prestación
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde da Consellería de Traballo e Benestar que establece a segunda partida para a contratación de desempregados que esgotaron as súas prestacións e subsidios por desemprego. Esta segunda fase ascende a 20,2 millóns, que se suman aos 13,1 que xa foron postos no mercado a finais do mes de xuño.
Esta partida inscríbese dentro do Plan de choque, deseñado pola Xunta, para facer fronte á crise. En concreto, o departamento autonómico tiña previsto destinar un total de 30 millóns para contratar a este colectivo, unha contía que agora se aumenta en 3 millóns de euros. En total, o Goberno galego prevé que deste proxecto se beneficien 4.000 persoas que esgotaran os subsidios nos sete primeiros meses do ano.
Así, a suma da primeira partida (13,1 millóns) e da segunda (20,2) supón un orzamento total de 33,3 millóns, isto é, un financiamento global superior en 3 millóns de euros ao previsto inicialmente. Esta cantidade adicional correspóndese cun investimento destinado a obradoiros de emprego.
Máis polo miúdo, desta segunda partida de 20,2 millóns, preto de 9 millóns están destinados á cooperación coas entidades locais, para que contraten a persoal para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social.
Os 11 millóns restantes correspóndense coa cooperación con administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, destinados tamén á contratación de parados que esgotarán a súa prestación e subsidios.
Deste xeito, a Xunta de Galicia dá cobertura a aqueles parados que esgotaron a súa prestación desde o 1 de xaneiro deste ano, o que segundo a titular de Traballo, Beatriz Mato, supón unha “forte aposta” polas políticas activas de emprego.
As contratación dos desempregados realizarase en actividades vinculadas a novos xacementos de emprego que lles ofrezan maiores oportunidades de readaptación no ámbito laboral. En concreto, os contratos estarán dirixidos á prestación de servizos en materia medioambiental, social, cultural, de protección civil e de servizos administrativos de informática e novas tecnoloxías.
A duración dos contratos oscilarán entre os 6 e os 9 meses, de modo que facilitarán unha práctica profesional adecuada para a súa posterior reinserción laboral.
Este plan emprega o mesmo instrumento que o plan de cooperación local –cun orzamento de 34,8 millóns de euros e que permite a contratación, xa en marcha, de 3.900 persoas-, aínda que son partidas orzamentarias diferenciadas con destinatarios tamén distintos.
Trátase, pois, dun “gran esforzo”, xa que entre o plan de cooperación e esta partida extraordinaria estase a falar dun montante de máis de 65 millóns de euros, achegados por parte da Consellería de Traballo e Benestar para frear o paro e reincorporar no mercado laboral a quen máis o necesita.
Axudas para a matrícula nun Master oficial por parte de titulados universitarios en situación legal de desemprego
Ministerio de Educación
Axudas
PDF (BOE-A-2009-13704 - 6 páxs. - 205 KB)
Axudas
Orde EDU/2278/2009, do 13 de agosto, pola que se convocan axudas para a matrícula nun Master oficial por parte de titulados universitarios en situación legal de desemprego.
PDF (BOE-A-2009-13704 - 6 páxs. - 205 KB)
Becas de formación polo Centro Español de Metroloxía
Ministero de Industria, Turismo e Comercio
Becas
Orden ITC/2279/2009, do 12 de agosto, pola que se modifica a Orde ITC/3180/2005, do 30 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de becas de formación polo Centro Español de Metroloxía.
PDF (BOE-A-2009-13705 - 2 páxs. - 168 KB)

Axudas económicas dirixidas a asociacións e fundacións con fins pedagóxicos para a realización de actividades organizadas co alumnado e coas familias
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16300D001P006.PDF

Regulamento polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e caprina
miércoles, 19 de agosto de 2009
Medidas urxentes de emprego destinadas aos traballadores autónomos e ás cooperativas e sociedades laborais
Ministerio de Traballo e Inmigración
Emprego. Medidas urxentes
Emprego. Medidas urxentes
O obxectivo destas medidas é fomentar o traballo independente, isto é, o traballo autónomo, para o cal se melloran certas condicións para contratación de traballadores asalariados por parte dun traballador autónomo e o abono, na súa modalidade de pago único, das prestacións por desemprego para facilitar o acceso de traballadores a cooperativas e sociedades laborais. As medidas adoptadas son as seguintes:
- Abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único.
Poderán acollerse os beneficiarios de prestacións por desemprego cando pretendan incorporarse, de forma estable, como socios traballadores ou de traballo en cooperativas ou en sociedades laborais, aínda que mantiveran un vínculo contractual previo con ditas sociedades.
Amais, modifícase o límite máximo do 80 por cento cando os beneficiarios sexan homes mozos ata 30 anos de idade ou mulleres mozas ata 35 anos. (Máis información sobre o pago único)
- Bonificación pola contratación indefinida do primeiro asalariado do traballador autónomo.
O traballador autónomo que contrate indefinidamente a un desempregado que constitúa o seu primeiro traballador asalariado, terá dereito, sempre que non tivera traballadores asalariados durante os tres meses anteriores a esta contratación, a unha bonificación do 50 por cento na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, por un período máximo de 24 meses de duración.
O traballador autónomo beneficiario deberá manter a estabilidade no emprego do seu primeiro traballador asalariado durante, ó menos, os 24 meses dende a data de inicio da relación laboral.
Entrada en vigor: ó día seguinte ó da súa publicación no«Boletín Oficial do Estado», isto é, dende o 20 de agosto de 2009, afectando soamente os contratos que se realicen a partir deste momento. Permanecerá en vigor, a primeira medida, ata o 31 de decembro de 2010 e, a segunda, ata o 31 de decembro de 2009.
Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 13 de agosto de 2009 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, e se procede á súa convocatoria.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D003P011.PDF

O Igape amplía o orzamento destinado ao plan re-Móvete ata os 10 millóns de euros
O Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria segue a dinamizar e estimular a compra de vehículos en Galicia, que se atopa nos postos de cabeza do Estado en canto a número de matriculacións
18 de agosto de 2009.- O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, firmou hoxe mesmo a orde pola que inxecta 2.000.000 de euros máis ao orzamento destinado ao Plan re-Móvete para dinamizar a venda de vehículos en Galicia. Estes dous millóns de euros súmanse aos 8.000.000 de euros que xa estaban en vigor.
Deste xeito, o Igape e a Consellería de Economía e Industria seguen a apoiar e estimular as compras de vehículos na Comunidade Autónoma, tal e como se fixo ata o de agora. As axudas impulsadas polo Goberno autonómico teñen situado a Galicia, durante os dous últimos meses, nos postos de cabeza do Estado en canto a número de matriculacións e dan resposta ás numerosas peticións de axuda que chegan dos concesionarios adheridos a este plan pensado por e para Galicia. Con este novo impulso ao sector o Goberno da Xunta, a través da Consellería de Economía e Industria e do Igape, manteñen o seu compromiso para continuar dinamizando un dos sectores estratéxicos da economía de Galicia.
O Plan re-Móvete, pensado por e para Galicia, naceu consensuado con todo o sector da automoción tras celebrar diversas reunións co director da factoría PSA Peugeot-Citröen, cos concesionarios e co clúster do automóbil.
As axudas recollidas no Plan re-Móvete superan en ata un 300% ás do Plan 2000E presentado polo Goberno Central, co que ademais é compatible. No caso dos vehículos comerciais, as axudas ascenden ata 1.500 euros para os sectores prioritarios, e son superiores ás aboadas por calquera país da Unión Europea así como polo resto das comunidades autónomas españolas.
Para os vehículos de turismo, as axudas para un vehículo medio dun valor de 15.000 euros aumentan un 40% con respecto ao plan do Goberno central, xa que aqueles vehículos cun prezo de entre 10.000 e 30.000 euros reciben unha axuda directa de 700 euros, mentres que os de valor inferior a 10.000 teñen unha subvención de 500 euros.

Axudas para o alumnado de formación profesional de centros docentes públicos e centros docentes concertados
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 10 de agosto de 2009 pola que se establece unha segunda convocatoria de axudas para o alumnado de formación profesional de centros docentes públicos e centros docentes concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional durante o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D001P005.PDF
Axudas para actuacións de reindustrialización
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Axudas
Orde ITC/2272/2009, do 12 de agosto, pola que se modifica a Orde ITC/3098/2006, do 2 de outubro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de reindustrialización durante o período 2007-2013.
PDF (BOE-A-2009-13676 - 2 páxs. - 169 KB)
Directiva sobre determinados elementos e características dos tractores agrícolas ou forestais de rodas
DIRECTIVAS DO PARLAMENTO EUROPEO
Directiva 2009/63/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, sobre determinados elementos e características dos tractores agrícolas ou forestais de rodas (versión codificada) (1)

Axudas a administracións públicas españolas e entidades privadas sen ánimo de lucro para a creación e transformación de recursos dixitais
Ministerio de Cultura
Axudas
Resolución do 3 de agosto de 2009, da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, pola que se convocan axudas a administracións públicas españolas e entidades privadas sen ánimo de lucro de nacionalidade española para a creación e transformación de recursos dixitais e a súa difusión e preservación mediante repositorios.
PDF (BOE-A-2009-13685 - 21 páxs. - 440 KB)

Programa de asesoramento e acompañamento individualizado dentro do programa Consolida de información e asesoramento ás mulleres emprendedoras
SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Resolución do 3 de agosto de 2009 pola que se anuncia a convocatoria pública para a selección de 17 empresas para participar no programa de asesoramento e acompañamento individualizado dentro do programa Consolida de información e asesoramento ás mulleres emprendedoras de Galicia.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D004P011.PDF

O DOGA publica as bases da convocatoria para a selección das empresas que participarán no servizo de apoio e asesoramento a compañías en fase de consolidación creadas por mulleres
- As interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do vindeiro 20 de setembro
- A selección dos participantes farase por comparación das solicitudes mediante un sistema de puntuación que fomenta diferentes valores
- Seleccionaranse dezasete empresas creadas por mulleres emprendedoras con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2006
O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publica hoxe a convocatoria pola que o Servizo Galego de Igualdade ofrece, no marco do programa Consolida, un servizo de asesoramento e tutela empresarial para empresas galegas creadas por mulleres que se atopen nunha fase de consolidación ou de internacionalización empresarial.
Mediante a mesma preténdese seleccionar a dezasete empresas que, durante un período de dez meses, recibirán unha titorización individualizada por parte de persoal experto en xestión empresarial. Este instruirá as compañías elixidas en diversos ámbitos, que abarcarán desde a xestión empresarial e comercial ata as relacións exteriores ou as técnicas de márketing pasando pola xestión contable, fiscal ou de recursos humanos.
Para acceder á devandita axuda, as compañías que o desexen deberán, ademais de ter iniciada a súa actividade antes do 1 de xaneiro de 2006, depositar a solicitude, con memoria de actividade e balance de resultados do exercicio anterior, no rexistro do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller antes do vindeiro 20 de setembro.
A selección de empresas participantes realizarase por comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre elas segundo os criterios establecidos. Estes valoran diversas actuacións emprendidas polas compañías, como o fomento do desenvolvemento sustentable, a incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ou o número de postos de traballo con contrato indefinido.
Con esta convocatoria, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia pretende favorecer a consolidación e internacionalización de iniciativas empresarias de mulleres que contribúan a desenrolar o tecido empresarial galego, aproveitando o potencial destas no eido empresarial.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)