Páxinas

jueves, 20 de agosto de 2009

Galicia será pioneira en España no uso dunha ferramenta de primeiro nivel que garantirá a atención aos discapacitados en caso de emerxencias

Galicia converterase na primeira comunidade autónoma de España en dispoñer de unha ferramenta de primeiro nivel para dar resposta ás emerxencias para todas aquelas persoas con discapacidades auditivas e de fala que ata o de agora non podían, agás intervención de terceiros, comunicar e solicitar resposta ás situacións de emerxencias nas que se viran afectadas. Esta ferramenta que se implementará na nosa Comunidade de xeito pioneiro será a que posteriormente se empregue no resto de centros de emerxencias de Europa para dar cobertura aos colectivos con este tipo de discapacidades.

Así o anuncia o Centro de Atención de Emerxencias 112 de Galicia (CAE 112), dependente da Axencia Galega de Emerxencias, que desde o pasado 1 de xullo participa nun proxecto europeo innovador que ten como fin facilitar e garantir a atención ás persoas con discapacidades en casos de emerxencias. O proxecto, que recibe o nome de REACH (‘Responding to All Citizens needing Help’/ Resposta a todos os cidadáns que precisan axuda), ten unha duración de tres anos e conta cun orzamento de 225.930 euros, financiados ao 50% coa Unión Europea. O acceso directo ao 112 en igualdade de condicións que o resto de cidadáns supón un avance decidido no camiño cara a plena integración das persoas con discapacidades, xa que se trata, en definitiva, de prestar uns servizos necesarios e de calidade de acorde cos tempos en que vivimos e que a Sociedade do Benestar demanda.

Singularidade orográfica e poboacional

Para participar nesta iniciativa pioneira, o CAE 112 foi escollido xunto con outras tres centros de emerxencias de entre todos os existentes en Europa. O motivo da selección do centro galego foi a súa evolución, desenrolo e experiencia na xestión de emerxencias nun territorio singularizado polas súas condicións orográficas e de dispersión poboacional, o que constitúe un interesante campo de proba para este novidoso sistema de resposta total do que se extraerán importantes consecuencias para a súa implantación no resto de Europa.

O REACH 112 achegará solucións para comunicarse en calquera situación, ben a través de comunicación escrita, linguaxe de signos, lectura de beizos, con voz ou calquera combinación simultánea dos citados modelos baixo o concepto de comunicación total. Neste sentido, proporcionaranse dispositivos especialmente adaptados en fogares, lugares de traballo e desprazamentos, que conectarán aos usuarios simultaneamente a través de vídeo, son e texto. Con esta iniciativa liderarase a mellora de comunicacións entre os cidadáns, en particular daqueles con algún tipo de discapacidade, ademais da accesibilidade e o tratamento de chamadas dos servizos de emerxencias de toda a Unión Europea.

No proxecto participan 22 socios de Italia, Suecia, Reino Unido, Holanda, Francia, Grecia, Bélxica, Finlandia e España. No caso español, ademais do CAE 112, tamén participan como socios as empresas Siemens, Vodafone e Sertel.

Medio Ambiente xestionará 27 millóns de euros do Plan anticrise para 150 novas obras de seguridade vial e mellora nas estradas


Agustín Hernández presentou o reparto dos fondos en materia de estradas desta actuación do actual Goberno, que implicará a creación de case 1.000 postos de traballo

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca que no mes de outubro todas as obras estarán en execución e rematadas no presente ano

Sinala que as actuacións céntranse en medidas de conservación e rehabilitación de firmes, limpeza de maleza en cunetas e noiros, melloras de sinalización e balizamento, plans de seguridade vial e arranxos de drenaxes na rede de estradas galegas

Aclara que o Plan anti-crise é resultado da reordenación dos créditos do Goberno actual que afectan a máis do 11% dos Orzamentos da Comunidade, e que, na súa contía de 1.300 millóns inclúe os 144 millóns de euros do Plan de austeridade

Plan anti-crise

O representante do Goberno galego recordou que o Plan de Choque contra a crise trata de buscar instrumentos para loitar contra a situación económica actual, xa que de seguir por esta senda económica, España pode ser o último país en saír da crise económica. Defendeu que este plan é necesario, hoxe é máis urxente que nunca.

Agustín Hernández aclarou que este plan é resultado da “reordenación dos créditos da Xunta de Galicia que afectan a máis do 11% dos Orzamentos da Comunidade”, e que, na súa contía de 1.300 millóns inclúe os 144 millóns de euros do Plan de austeridade aprobado tamén polo Consello de Goberno.

Cómpre sinalar que o plan destina á partida de fomento da produtividade do tecido industrial un orzamento de 938 millóns de euros, que en materia de infraestruturas se traduce en 644 millóns de euros. Nese senso, os investimentos do departamento que dirixe Agustín Hernández supoñen o 50% dos orzamentos en infraestruturas contemplados dentro do Plan anti-crise. Estas disposicións pretenden canalizar a meirande parte do esforzo financeiro da administración autonómica cara a investimentos produtivos para suplir a baixa de demanda agregada en sectores básicos da nosa economía e aumentar a competitividade do tecido empresarial. Estas inversións, ademais, implicarán a consecución de 20.000 postos de traballo inducidos principalmente no sector da construción e tamén, en industria e en servizos.

Aclarou que os 316 millóns de euros (o 50% do Plan de Choque) que xestiona a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas repártense entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), que canalizará 76 millóns de euros para obras de saneamento e abastecemento, e a Dirección Xeral de Infraestruturas, que destina 240 millóns a estradas e infraestruturas do transporte.

Austeridade

O citado Plan de choque contra a crise incorpora os 144 millóns de euros aforrados grazas ao Plan de Austeridade aprobado pola Xunta e materializa o compromiso do Goberno galego coa reactivación da economía e cos sectores produtivos de Galicia. Como obras financiadas con cargo aos aforros do plan de austeridade, destacan as hidráulicas que reciben 8 millóns, e as estradas, con 27 millóns de euros.

Vivenda

Outras actuacións sectoriais de fomento industrial afectarán á vivenda, ampliando as axudas a máis cidadáns, impulsando a vivenda protexida e a rehabilitación, ofrecendo así unha alternativa ao sector inmobiliario para reactivarse. Entre 2009 e 2012 financiaranse un mínimo de 50.755 accións en materia de vivenda. O investimento público total aproximado é de 593 millóns de euros, repartidos da seguinte forma: 463, Ministerio de Vivenda e 130. IGVS. Está previsto que xa se invistan 67 millóns no que resta do ano 2009.

Traballo e Benestar comprométese a establecer sistemas de colaboración permanente e estable cos autónomos para mellorar a súa situación



A Consellería de Traballo e Benestar colaborará cos autónomos de Galicia de forma permanente e estable para mellorar a situación deste sector, un dos máis afectados nestes momentos de crise económica.

Para acadar este obxectivo, a conselleira do departamento autonómico, Beatriz Mato, comprometeuse, no transcurso dunha reunión que mantivo na Coruña cos presidentes da Confederación de Autónomos y Profesionales de España (Caype) e a Federación de Autónomos de Galicia (Feaga), Eliseo Calviño e Paulino Franco, respectivamente, a estudar as mellores fórmulas para que a cooperación entre os dous organismos sexa estable e continua.

Para iso, o borrador deste documento elaborarase de forma conxunta, segundo resaltou a titular de Traballo e Benestar.

A Consellería colaborará coa organización do congreso nacional deste sector. Mato, ademais, estudará a proposta feita polos dous organismos de incrementar as axudas do Goberno galego para a oferta de cursos de formación e indicou que a Xunta seguirá a prestar a súa colaboración na contratación de axentes de emprego e orientadores laborais.

A Xunta fai efectiva a segunda ampliación de crédito para a contratación de parados que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego


O Diario Oficial de Galicia publicou a orde da Consellería de Traballo e Benestar que establece a segunda partida para a contratación de desempregados que esgotaron as súas prestacións e subsidios por desemprego. Esta segunda fase ascende a 20,2 millóns, que se suman aos 13,1 que xa foron postos no mercado a finais do mes de xuño.

Esta partida inscríbese dentro do Plan de choque, deseñado pola Xunta, para facer fronte á crise. En concreto, o departamento autonómico tiña previsto destinar un total de 30 millóns para contratar a este colectivo, unha contía que agora se aumenta en 3 millóns de euros. En total, o Goberno galego prevé que deste proxecto se beneficien 4.000 persoas que esgotaran os subsidios nos sete primeiros meses do ano.

Así, a suma da primeira partida (13,1 millóns) e da segunda (20,2) supón un orzamento total de 33,3 millóns, isto é, un financiamento global superior en 3 millóns de euros ao previsto inicialmente. Esta cantidade adicional correspóndese cun investimento destinado a obradoiros de emprego.

Máis polo miúdo, desta segunda partida de 20,2 millóns, preto de 9 millóns están destinados á cooperación coas entidades locais, para que contraten a persoal para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social.

Os 11 millóns restantes correspóndense coa cooperación con administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, destinados tamén á contratación de parados que esgotarán a súa prestación e subsidios.

Deste xeito, a Xunta de Galicia dá cobertura a aqueles parados que esgotaron a súa prestación desde o 1 de xaneiro deste ano, o que segundo a titular de Traballo, Beatriz Mato, supón unha “forte aposta” polas políticas activas de emprego.

As contratación dos desempregados realizarase en actividades vinculadas a novos xacementos de emprego que lles ofrezan maiores oportunidades de readaptación no ámbito laboral. En concreto, os contratos estarán dirixidos á prestación de servizos en materia medioambiental, social, cultural, de protección civil e de servizos administrativos de informática e novas tecnoloxías.

A duración dos contratos oscilarán entre os 6 e os 9 meses, de modo que facilitarán unha práctica profesional adecuada para a súa posterior reinserción laboral.

Este plan emprega o mesmo instrumento que o plan de cooperación local –cun orzamento de 34,8 millóns de euros e que permite a contratación, xa en marcha, de 3.900 persoas-, aínda que son partidas orzamentarias diferenciadas con destinatarios tamén distintos.

Trátase, pois, dun “gran esforzo”, xa que entre o plan de cooperación e esta partida extraordinaria estase a falar dun montante de máis de 65 millóns de euros, achegados por parte da Consellería de Traballo e Benestar para frear o paro e reincorporar no mercado laboral a quen máis o necesita.

Axudas para a matrícula nun Master oficial por parte de titulados universitarios en situación legal de desemprego

Ministerio de Educación

Axudas

Orde EDU/2278/2009, do 13 de agosto, pola que se convocan axudas para a matrícula nun Master oficial por parte de titulados universitarios en situación legal de desemprego.

PDF (BOE-A-2009-13704 - 6 páxs. - 205 KB)


Becas de formación polo Centro Español de Metroloxía

Ministero de Industria, Turismo e Comercio

Becas

Orden ITC/2279/2009, do 12 de agosto, pola que se modifica a Orde ITC/3180/2005, do 30 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de becas de formación polo Centro Español de Metroloxía.

PDF (BOE-A-2009-13705 - 2 páxs. - 168 KB)




Axudas económicas dirixidas a asociacións e fundacións con fins pedagóxicos para a realización de actividades organizadas co alumnado e coas familias

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16300D001P006.PDF

Regulamento polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e caprina

REGULAMENTOS DA COMISIÓN DA UNIÓN EUROPEA

Regulamento (CE) no 759/2009 da Comisión, do 19 de agosto de 2009, polo que se modifica o anexo do Regulamento (CE) no 21/2004 do Consello, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e caprina (1)


Publicidade