Páxinas

jueves, 3 de septiembre de 2009

Regulación da concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 27 de agosto de 2009 pola que se desenvolve o número 5º do artigo 2 do Decreto 284/1994, que regula a concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17300D001P006.PDF

Obxecto: autorizar ó Igape a reavalar, con renuncia ao beneficio de excusión e ante as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia (SGR), o 25% do risco dos créditos ou préstamos de que sexan primeiras avalistas en operacións formalizadas polas pequenas e medianas empresas que se acollan ás liñas de financiamento apoiadas polo Igape previstas para tal efecto.

Beneficiarias: pequenas e medianas empresas domiciliadas en Galicia


Axudas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Resolución do 13 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de febreiro de 2009 pola que se convocan para o ano 2009 as axudas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia (Diario Oficial de Galicia número 41, do 27 de febreiro).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17300D004P017.PDF

Beneficiarias:
  1. Asociación Empresarial de Alquiler de Vehículos con y sin Conductor de Galicia (Galeval): 22.000 euros.
  2. Asociación Provincial de Empresarios de Servicio de Transporte por Carretera (Servicar): 11.000 euros.
  3. Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Frigorífico y de Mercancías de Pontevedra (Atefrimer): 11.000 euros.
  4. Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Discrecional de Viajeros por Carretera (Asemvidi): 11.000 euros.
  5. Federación Empresarial de Transportes de Mercancías por Carretera de Galicia (Fetram): 117.075 euros.
  6. Asociación Empresarial de Transportes de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor): 55.000 euros.
  7. sociación Provincial de Empresarios de Transporte Discrecional de Mercancías de Pontevedra (Asetranspo): 37.382,5 euros.
  8. Federación Gallega de Servicios de Transportes en Autobús (Fegabus): 66.000 euros.
  9. Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer): 330.000 euros.
  10. Federación de Autónomos del Taxi de Galicia (Fegataxi): 63.900 euros.
  11. Federación Galega de Transportes en Autocar de Galicia (Transgacar): 44.000 euros.
  12. Asociación Provincial de Servicios Discrecionales y Regulares de Viajeros de A Coruña (APSDRV): 11.000 euros.
  13. Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte (Ascentra): 44.000 euros.
  14. Asociación de Empresarios de Transporte Río Miño (Aetram): 17.932,5 euros.

Total: 841.290 euros.

Becas para a preparación de oposiciones para o ingreso nas Carreiras Xudiciais e Fiscais e nos Corpos de Secretaría Xudicial, Avogacía do Estado,...

Ministerio de Xusticia

Becas


Orde JUS/2343/2009, do 27 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de becas para a preparación de oposiciones para o ingreso nas Carreiras Xudiciais e Fiscais e nos Corpos de Secretaría Xudicial, Avogacía do Estado, Médiciña Forense e Facultativos e Facultativas do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses.

PDF (BOE-A-2009-14175 - 7 páxs. - 217 KB)


Axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas no mercado interior

Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

Axudas


Resolución do 10 de agosto de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Auga, pola que se convocan axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas no mercado interior.

PDF (BOE-A-2009-14213 - 8 páxs. - 239 KB)

Publicidade