Emprego. Medidas urxentes
O obxectivo destas medidas é fomentar o traballo independente, isto é, o traballo autónomo, para o cal se melloran certas condicións para contratación de traballadores asalariados por parte dun traballador autónomo e o abono, na súa modalidade de pago único, das prestacións por desemprego para facilitar o acceso de traballadores a cooperativas e sociedades laborais. As medidas adoptadas son as seguintes:
- Abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único.
Poderán acollerse os beneficiarios de prestacións por desemprego cando pretendan incorporarse, de forma estable, como socios traballadores ou de traballo en cooperativas ou en sociedades laborais, aínda que mantiveran un vínculo contractual previo con ditas sociedades.
Amais, modifícase o límite máximo do 80 por cento cando os beneficiarios sexan homes mozos ata 30 anos de idade ou mulleres mozas ata 35 anos. (Máis información sobre o pago único)
- Bonificación pola contratación indefinida do primeiro asalariado do traballador autónomo.
O traballador autónomo que contrate indefinidamente a un desempregado que constitúa o seu primeiro traballador asalariado, terá dereito, sempre que non tivera traballadores asalariados durante os tres meses anteriores a esta contratación, a unha bonificación do 50 por cento na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, por un período máximo de 24 meses de duración.
O traballador autónomo beneficiario deberá manter a estabilidade no emprego do seu primeiro traballador asalariado durante, ó menos, os 24 meses dende a data de inicio da relación laboral.
Entrada en vigor: ó día seguinte ó da súa publicación no«Boletín Oficial do Estado», isto é, dende o 20 de agosto de 2009, afectando soamente os contratos que se realicen a partir deste momento. Permanecerá en vigor, a primeira medida, ata o 31 de decembro de 2010 e, a segunda, ata o 31 de decembro de 2009.
