O pasado 17 de agosto entrou en vigor o Real Decreto-lei 10/2009, de 13 de agosto, polo que se regula o programa temporal de protección por desemprego e inserción destinadas a facilitar cobertura económica, con carácter extraordinario, a persoas en situación de desemprego que esgotasen a prestación contributiva ou subsidio por desemprego.
A quen vai dirixido este programa?
As persoas desempregadas que esgotaron a prestación contributiva por desemprego ou o subsidio por desemprego, incluídas as prórrogas, carezan de rendas superiores a 468 euros mensuais en 2009 e adquiran o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral.
A quen non vai dirixido?
• Os traballadores que esgotaron as prestacións por desemprego antes do 1 de agosto de 2009 e antes do 15 de febreiro de 2010.
• Os traballadores que esgoten o subsidio específico para maiores de 52 anos
• Aqueles que tendo a condición de fixos-descontinuos esgoten a prestación por desemprego ou subsidio durante os períodos de inactividade produtiva.
• Traballadores que esgoten a prestación por desemprego ou subsidios durante a suspensión da relación laboral ou a redución da xornada de traballo en virtude de ERE's.
• Ou aqueloutros que esgoten o subsidio agrario, a renda agraria ou a Renda Activa de Inserción.
Que requisitos debo cumprir?
• Ser menor de 65 anos
• Estar desempregado e inscrito como demandante de emprego
• Ter extinguido por esgotamento:
• a prestación por desemprego de nivel contributivo e non ter dereito ó subsidio.
• os subsidios por desemprego pola súa duración máxima, incluídas as prórrogas.
Que obrigas resultan da solicitude esta prestación?
O traballador quedará obrigado a subscribir o compromiso de actividade e adquirir o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral que se determine polo Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Si teño outros ingresos, por exemplo, un aluguer, teño dereito a prestación?
Depende, ter ingresos propios superiores a 468 euros mensuais no ano 2009 implica quedar excluído desta axuda.
Tampouco terá dereito a mesma si a suma de tódolos ingresos obtidos por tódolos membros da súa unidade familiar (vostede, o seu cónxuxe e/ou pais e fillos menores de 26 anos ou maiores con discapacidade ou menores acollidos), dividida polo número de membros que a compoñen superen os 468 euros/mes no ano 2009.
Tamén resulta incompatible coa percepción de salarios sociais, rendas mínimas ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas Administracións Públicas.
Non estar a percibir pensión ou prestación económica da Seguridade Social, salvo que estas fosen compatibles co traballo que orixinou a prestación ou o subsidio por desemprego.
Cal é a contía e duración da prestación extraordinaria?
A duración máxima da prestación por desemprego extraordinaria é de 180 días e a súa contía é de 421,79 euros mensuais, cantidade que se actualizará anualmente. Comézase a devengar dende o día seguinte a aquel en que se solicita e a súa percepción é mensual.
Onde e cando debo presentar a solicitude?
Deberá presentarse dentro dos 60 días hábiles seguintes ó esgotamento da prestación ou subsidio por desemprego, no modelo oficial, que incluirá a subscrición expresa do compromiso de actividade e de participar nun itinerario de inserción e presentarase na oficina do Servizo Público de Emprego na que o traballador figure inscrito como demandante de emprego.
Logo, unha persoa que se lle esgotou a prestación o un de agosto, antes da publicación da medida, ata cando ten de prazo?
Neste caso, as persoas as que se lle esgotase a prestación entre os días 1 e 15 de agosto de 2009 deberán presentar a solicitude dentro dos 60 días hábiles seguintes ó da publicación desta norma.
Que documentación debo presentar?
• Impreso de solicitude , en modelo oficial, debidamente cumprimentado e asinado polo solicitante. Deberá entregar orixinal e 2 copias de dito modelo.
• Fotocopia dos documentos de identificación de solicitante e, no seu caso, dos membros da unidade familiar
• Copia do libro de familia ou documento equivalente en caso de estranxeiros.
• Copia dos documentos acreditativos das rendas obtidas no mes anterior polo solicitante e, no seu caso, polos membros da unidade familiar.
@xosse: xestor e asesor en desenvolvemento sostible e responsabilidade social corporativa. Dirección de persoal; asesoría laboral e políticas de emprego | #RSC #RRHH #TEDL
viernes, 28 de agosto de 2009
As medidas urxentes de emprego en preguntas e respostas
O pasado 20 de agosto entrou en vigor o Real Decreto 1300/2009, de 31 de xullo, de medidas urxentes de emprego destinadas ós traballadores autónomos e ás cooperativas e sociedades laborais como resposta ó incremento do desemprego.
Cales son esas medidas que se adoptaron?
Son dúas, a referida ó abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único e a bonificación pola contratación indefinida do primeiro asalariado do traballador autónomo.
Cal é a novidade destas medidas respecto as xa existentes?
A primeira medida, abono da prestación nun pago único, levanta as restricións existentes nos supostos en que o traballador tivese un vínculo contractual previo coa cooperativa ou sociedade laboral a que se quere incorporar. No segundo caso, a bonificación pola contratación indefinida, farase independentemente das circunstancias do traballador que antes se esixían (circunstancias de idade, xénero, discapacidade, exclusión social, percepción de prestacións, etc.)
Desaparecen para sempre as restricións anteriores?
Non. Estas medidas son temporais. No primeiro suposto estarán en vigor ata o 31 de decembro de 2010 e no segundo ata o 31 de decembro de 2009.
Que cantidade alcanza o pago único?
O límite máximo vese incrementado dende o 60 por cento ata o 80 por cento sobre a porcentaxe da prestación a capitalizar cando os beneficiarios sexan homes mozos ata 30 anos de idade ou mulleres mozas ata 35 anos, ambos inclusive, considerándose a idade na data da solicitude. Mantense o mesmo límite nos demais casos.
Si teño unha SL ou unha SA tamén me podo beneficiar destas axudas?
Non, as axudas van destinadas a aqueles traballadores desempregados que queren pasar a formar parte dunha cooperativa ou sociedade laboral ou aos traballadores autónomos que contraten ao seu primeiro traballador indefinido.
Estas medidas, afectan por igual a todo desempregado?
No caso das solicitudes de abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único que se formulen entre o 20 de agosto e o 31 de decembro de 2010 poderanse levar a cabo só polos beneficiarios de prestacións por desemprego; mentres, no suposto da primeira contratación indefinida por un autónomo é indiferente que o traballador estea percibindo unha prestación ou non.
Un autónomo que xa ten contratado algún traballador temporal, pode beneficiarse desta axuda para transformar eses contratos en indefinidos?
Non, nin sequera para contratar a un traballador desempregado. A norma esixe que nos tres meses anteriores a contratación o autónomo non tivese contratado ningún traballador asalariado. Si pode beneficiarse, en cambio, doutras axudas a contratación indefinida anteriores.
Que ocorre si por falta de traballo me vexo na obriga de prescindir do traballador?
O autónomo queda obrigado a manter ó traballador contratado u mínimo de 24 meses dende o inicio da relación laboral. De non ser así deberá reintegrar tódalas bonificacións
E si é o traballador o deixa o seu emprego voluntariamente?
Nese caso non existirá a obriga de devolución das cotas bonificadas. Tampouco existirá esa obriga cando se trate dun despido disciplinario declarado ou recoñecido como procedente, por morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez do traballador.
Esta axuda é acumulable a outras que estean en vigor?
Non, será incompatible con calquera outra das previstas para a mesma finalidade. No caso de que a contratación dun traballador puidera dar lugar simultaneamente á aplicación de outras bonificacións, só poderá aplicarse unha delas, correspondendo a opción ó beneficiario no momento de formalizar a alta do traballador na Seguridade Social.
Como afectan estas medidas ós contratos realizados con anterioridade a súa entrada en vigor?
Esta norma non ten carácter retroactivo, polo tanto os contratos celebrados antes continuarán rexéndose pola normativa vixente no intre da súa concertación.

Ficha de explotación que debe utilizarse para o rexistro das rendas das explotacións agrícolas e o análise do funcionamento económico das mesmas
REGULAMENTOS DA COMISIÓN DA UNIÓN EUROPEA
Regulamento (CE) no 781/2009 da Comisión, do 27 de agosto de 2009, que modifica o Regulamento (CE) no 868/2008 relativo á ficha de explotación que debe utilizarse para o rexistro das rendas das explotacións agrícolas e o análise do funcionamento económico desas explotacións.

Axudas concedidas ás empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Resolución do 24 de xullo de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 16900D001P005.PDF

Subvencións ás asociacións de consumidores e usuarios de ámbito estatal, destinadas a promover o asociacionismo de consumo
Ministerio de Sanidade e Política Social
Subvencións
Resolución do 3 de agosto de 2009, do Instituto Nacional do Consumo, pola que se convocan subvencións ás asociacións de consumidores e usuarios de ámbito estatal, destinadas a promover o asociacionismo de consumo e á realización de actividades de información, defensa e proteción dos dereitos dos consumidores, para o exercicio 2009.
PDF (BOE-A-2009-13924 - 17 páxs. - 605 KB)
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)