Páxinas

viernes, 16 de octubre de 2009

Bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a técnicos deportivos para o ano 2009


DEPUTACION PROVINCIAL DE OURENSE


Bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións ao persoal técnico deportivo para o ano 2009
. [4774/2009]


Obxecto: regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións con cargo ó orzamento do ano 2009 a técnicos deportivos para a asistencia a xornadas de estudo, congresos e simposios ou a calquera curso ou actividade formativa relacionados coas ciencias da educación física e o deporte, así como para a realización de proxectos de investigación nesta materia.

Beneficiarios: os técnicos deportivos (titulados en Educación Física, médicos especializados en materias vinculadas coa educación física e o deporte e técnicos deportivos en xeral), que realizaran ou vaian realiza-lo seu labor deportivo na provincia de Ourense

Contía máxima das subvencións: As subvencións terán unha contía máxima de 1.500,00 euros por cada beneficiario.

Prazo: poderán presentarse as solicitudes dende o 19 de outubro ata o 18 de novembro.

Convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a deportistas cualificados ano 2009

DEPUTACION PROVINCIAL DE OURENSE


Bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a deportistas cualificados ano 2009. [4773/2009]

A Xunta de Goberno desta Deputación acordou, na sesión que tivo lugar o día 9 de outubro de 2009, aproba-las seguintes Bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a deportistas cualificados ano 2009.


Obxecto: regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións con cargo ó orzamento do ano 2009 a deportistas ourensáns cualificados, para a mellora da súa formación e rendemento deportivo.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións obxecto destas bases as persoas físicas, de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense, exclusivamente en modalidades deportivas individuais e non para deportes de equipo, durante a tempada 2008-2009.

b) Aqueles deportistas vinculados ó deporte ourensán que, non existindo club ningún da súa federación na provincia de Ourense, puideran presentar licenza federativa do club ó que pertenzan.

c) Aqueles deportistas vinculados ó deporte ourensán, que non posuíndo licenza federativa por club ourensán, a comisión de valoración prevista na base oitava considere que pola súa especial xuventude e progresión deportiva sexan merecedores dalgunha axuda.

É imprescindible que os deportistas solicitantes de subvención continúen vinculados ó deporte ourensán no momento de solicita-la axuda.

Contía máxima das subvencións: As subvencións terán unha contía máxima de 3.000,00 euros e poderán concederse subvencións de diferente contía, en función dos méritos e categoría dos deportistas solicitantes.

Prazo: poderán presentarse as solicitudes dende o 19 de outubro ata o 18 de novembro.

Modificación das bases reguladoras das axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles - Plan Remóvete


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Corrección de erros.-Resolución do 15 de setembro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con achatarramento de automóbiles antigos-Plan Remóvete.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20300D005P012.PDF

Concesión de axudas ó financiamento de actividades das confederacións e federacións de pais e nais e do alumnado e das asociacións de nais e pais...

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 9 de outubro de 2009 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais e nais e do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2009
.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20300D004P011.PDF

Publicidade ás axudas concedidas para a modernización de comercios situados en zonas rurais

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Resolución do 24 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2009 de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 32, do 16 de febreiro).


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20300D003P007.PDF

Subvencións a Asociacións Xuvenís e a Federacións e Confederacións de estudiantes universitarios

Ministerio de Educación

Subvencións

Orde EDU/2785/2009, do 8 de xullo, pola que se convoca a concesión de subvencións a Asociacións Xuvenís e a Federacións e Confederacións de estudiantes universitarios.

PDF (BOE-A-2009-16524 - 14 páxs. - 351 KB)

Subvencións concedidas as Asociacións e Federacións de Exportadores.

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Subvencións

Resolución do 5 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral de Comercio Exterior, pola que se publican as subvencións concedidas, en virtude do establecido na Orde ITC/3690/2005, do 22 de novembro, modificada pola Orde ITC/577/2007, do 6 de marzo, pola que se regula ol réxime de colaboración entre a Administración Xeral do Estado e as Asociacións e Federacións de Exportadores.

PDF (BOE-A-2009-16529 - 3 páxs. - 230 KB)


Publicidade