Páxinas

lunes, 24 de agosto de 2009

Economía e Industria invita aos emprendedores a presentar novos proxectos para poder apoiar os seus investimentos

Javier Guerra recorda que o Igape “ten cartos dispoñibles” para apoiar aos emprendedores nas súas inversións

A Consellería de Economía e Industria invita aos emprendedores galegos a presentar os seus proxectos empresariais para poder apoialos economicamente a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que está a incentivar e apoiar aos representantes do tecido productivo galego que deciden facer novos investimentos. O departamento que dirixe Javier Guerra considera que este é un bo momento para investir porque a Xunta “ten cartos dispoñibles” para apoiar economicamente novos plantexamentos empresariais que axuden mellorar a economía galega.

O Igape ten aumentado sensiblemente a axilidade na xestión das solicitudes de axuda no último trimestre de 2009, de xeito que neste período elevouse en 2,85 puntos a velocidade de xestión destas peticións con respecto ao mesmo período do ano anterior. Esta axilidade prodúcese, ademais, cando entre maio a xullo de 2009 aumentaron as peticións de axuda nun 560% en comparación co mesmo período de 2008, e se resolveron un 1.592% máis de solicitudes que no último trimestre do ano pasado.

As necesidades económicas das empresas teñen mudado nos últimos meses debido á actual conxuntura económica, xa que agora os emprendedores demandan fundamentalmente axudas que lles permitan acceder e facer fronte aos créditos bancarios, e por este motivo reducíronse as peticións de apoio aos investimentos empresariais nos últimos meses.

De feito, as peticións de axudas ao circulante das empresas, adicadas ao saneamento financeiro das mesmas, teñen aumentado un 2.403% neste trimestre, unhas solicitudes que se traducen en préstamos subvencionados por valor de 141,8 millóns de euros.

Por outra parte, as liñas de axuda de Emprendedores e Internacionalización tamén subiron neste último trimestre, o que demostra que a xestión e a oferta de apoios económicos do Igape é unha ferramenta eficaz para os emprendedores galegos, e un apoio importante á hora de facer fronte ás súas dificultades económicas e de avalar novas ideas e proxectos que podan mellorar a marcha da nosa economía.


Publicidade