O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 14 de xaneiro a Orde do 30 de decembro de 2008 da Consellería de Traballo pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.O prazo de presentación de solicitudes para a obtención destas axudas e subvencións finalizará o 15 de xuño do presente ano 2009.
Segundo establece esta orde, os proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento poden ser promovidos polas seguintes entidades: Organismos autónomos e entes e sociedades públicas e de dereito público de Galicia; órganos, organismos autónomos e entes e sociedades públicas e de dereito público da Administración xeral do Estado; entidades locais e os seus organismos autónomos ou entidades que exerzan as competencias daquelas en materia de promoción do emprego ou de formación dos traballadores e traballadoras, dependentes ou asimiladas a elas, cuxa titularidade corresponda integramente ás ditas entidades locais; consorcios; universidades; fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.
A orde establece tamén que as entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos. No caso das unidades de promoción e desenvolvemento, as entidades deberán ter, ademais, un ámbito de actuación de carácter supramunicipal.