Páxinas

jueves, 6 de agosto de 2009

Traballo oferta unha liña de axudas de 328.535 euros para fomentar a Responsabilidade Social entre as Pemes


O DOG publicou hoxe día 6 de agosto, a convocatoria para que os interesados podan concorrer ás subvencións

A Consellería de Traballo e Benestar oferta unha liña de axudas cun orzamento inicial de 328.535 euros para fomentar a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) entre as pequenas e medianas empresas de Galicia (Pemes).

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria para que os interesados poidan concorrer a estas subvencións, que teñen como principal obxectivo a incorporación de plans e medidas que promovan a estabilidade no emprego e a reinserción laboral ao longo deste ano.

A RSE é un concepto no que as empresas deciden integrar, de xeito voluntario, as súas preocupacións sociais e medioambientais.

Así, a implantación nas firmas de sistemas ou medidas que favorezan a estabilidade dos empregados e empregadas tales como o incremento de postos de traballo de carácter indefinido ou a redistribución da xornada serán subvencionadas polo departamento autonómico.

Ademais, poderán ser obxecto desta liña de axudas a organización ou participación das traballadores e traballadoras e do persoal directivo en congresos, seminarios, cursos ou similares enfocados ao eido da Responsabilidade Social Empresarial e os gastos derivados da edición de folletos, enquisas, boletíns, publicacións ou calquera outra actividade promocional que fomente a RSE de xeito interno ou externo.

Tamén poderán optar a estas subvencións da Consellería de Traballo e Benestar as empresas que acrediten gastos derivados da contratación de persoal cualificado, asesoramento ou consultoría para a elaboración de plans sociais e de recolocación, que contemplen medidas que a empresa pode adoptar para evitar ou reducir os efectos negativos das posibles necesidades de axustes de persoal, como podan ser a integración dos traballadores e traballadoras noutros postos laborais.

En definitiva, a finalidade desta liña de axudas é “ir máis alá” da lexislación do ámbito laboral para incentivar ás empresas a introducir a Responsabilidade Social Empresarial na formación e nas relacións entre a dirección e os traballadores.

Traballo e Benestar destina 60.000 euros a mellorar a situación socio-laboral das persoas con discapacidade


O obxectivo é promover a empregabilidade dos colectivos con máis dificultades para integrarse no mercado laboral

A Cons,ellería de Traballo e Benestar destina 60.000 euros a mellorar a situación socio-laboral das persoas con discapacidade ou que están en situación ou en risco de exclusión social. Esta axuda canalízase a través da cooperación entre o departamento autonómico e a Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cesagal).

No convenio de colaboración establécense as condicións que rexerán a cooperación entre ambos organismos, tal e como explicou o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, que se reuniu hoxe co presidente de Cesagal, José Antonio Vázquez Freire. O obxectivo é propiciar a creación de emprego de calidade das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e tamén manter os postos creados no mercado de emprego protexido.

Deste xeito, a través desta colaboración, Cesagal –na que están representados todos os centros especiais de emprego galegos- porá en marcha un centro de asesoramento, colaboración e acompañamento para a creación e a consolidación de novas empresas, de modo que se constitúa nun viveiro de empresas especializado en economía social sen ánimo de lucro.

Ademais, tamén se inclúen no convenio accións formativas para un sistema de prevención de riscos laborais específico, de acordo coas necesidades de cada colectivo, así como o estudo das posibilidades de negocio en distintos sectores.

Desde a sinatura deste documento, Cesagal tamén potenciará a imaxe dos centros especiais de emprego e promoverá a colaboración entre eles.

Cegasal pon en marcha anualmente diversos servizos a disposición dos 17 centros especiais de emprego que a compoñen, das empresas do mercado ordinario de traballo, das persoas con discapacidade, da sociedade en xeral e das entidades do Terceiro Sector.

Actualmente, as actividades de Cegasal están dirixidas a potenciar a comunicación entre os centros especiais de emprego co fin de incidir nas súas vantaxes económicas e sociais que conlevan a contratación de persoas con discapacidade. A asociación tamén incide na importancia de ofrecer oportunidades de emprego o seu colectivo e en dar solucións ás posibles incidencias derivadas da discapacidade. Cegasal, ademais, traballa na concienciación para que o empresariado se mentalice da necesidade de cumprir coa cota de reserva do 2%.

Informe sobre a cohesión económica e social en Europa

Parlamento Europeo

Cuarto informe sobre a cohesión económica e social



Estratexias da UE para o acceso aos mercados exteriores

RESOLUCIÓNS

Parlamento Europeo



Transportistas autónomos

Ministerio de Fomento

Orde FOM/2153/2009, do 23 de xullo, pola que se otorgan as axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade, reguladas pola Orde FOM/2218/2008, do 23 de xullo.

PDF (BOE-A-2009-13087 - 17 páxs. - 1588 KB)


Formación para o transporte por estrada

Ministerio de Fomento

Axudas

Orde FOM/2152/2009, do 23 de jxullo, pola que se otorgan as axudas para a formación en relación co transporte por estrada reguladas pola Orde FOM/3591/2008, do 27 de novembro.



Máster interuniversitario en diplomacia e relacións internacionais

Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación

Becas

Orde AEC/2151/2009, do 7 de xullo, pola que se conceden becas da IV convocatoria do programa de becas de axuda ao estudo para alumnos españois do "Máster interuniversitario en diplomacia e relacións internacionais" da Escola Diplomática, para o curso académico 2009-2010.




Ministerio de Cultura

Axudas

Orde CUL/2155/2009, do 6 de xullo, pola que se conceden axudas de inversión en capital para promover a modernización, innovación e adaptación tecnolóxica das industrias culturais, correspondentes a 2009.




Mellora de Instalacións Científicas e Técnicas Singulares

Ministerio de Ciencia e Innovación

Axudas

Resolución do 30 de xullo de 2009, da Secretaría de Estado de Investigación, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria 2009 Subprograma de deseño, viabilidade, acceso e mellora de Instalacións Científicas e Técnicas singulares.



Publicidade