Páxinas

martes, 12 de enero de 2010

Repartición de axudas do Fondo de Acción Social de 2009

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Central Sindical Independente de Funcionarios (CSI-CSIF), representadas na mesa xeral de Negociación de Empregados Públicos, así como na Comisión de Repartición das axudas de Acción Social do ano 2009, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 26 de novembro de 2009, sobre criterios de repartición do fondo de acción social da Xunta de Galicia para o exercicio do ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00600D006P020.PDF

  • O prazo de presentacion de solicitudes será dende o 13 de xaneiro de 2010 ata o 26 de febreiro de 2010,
  • O prazo de devolución por parte das unidades de persoal sera ata o 18 de marzo, e
  • O prazo de entrega no rexistro remata o 30 de abril de 2010.


Bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 5 de xaneiro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00600D007P028.PDF


Créase o Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega

CONSELLERÍA DE FACENDA

Decreto 446/2009, do 17 de decembro, polo que se modifica o Decreto 143/2008, do 3 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 00600D001P006.PDF


Convocatoria de axudas destinadas a potenciar a creación, funcionamiento e desarrollo das estruturas dos produtos agroalimentarios protexidos

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO

Axudas


Resolución de 9 de decembro de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Agua, pola que se publica, para o exercizo 2010, a convocatoria de axudas destinadas a potenciar a creación, funcionamiento e desarrollo das estruturas dos produtos agroalimentarios protexidos con signos de calidade diferenciada.

Ir ao arquivo en PDF

Convocatoria de axudas destinadas á constitución e consolidación de entidades certificadoras de productos agrarios e alimenticios

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO

Axudas


Resolución de 9 de decembro de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Agua, pola que se publica, para o exercizo 2010, a convocatoria de axudas destinadas á constitución e consolidación de entidades certificadoras de productos agrarios e alimenticios.

Ir ao arquivo en PDF


Publicidade