Páxinas

sábado, 26 de diciembre de 2009

Informe Final "UPD-IntegrOU - ASPANAS"


Informe Final "UPD-IntegrOU - ASPANAS"

En construción.

Envío de suxerencias a: updintegrou@gmail.com

Real Decreto 1855/2009, de 4 de decembro, polo que se regula o Consello Nacional da Discapacidade

MINISTERIO DE SANIDADE E POLÍTICA SOCIAL

Organización

Real Decreto 1855/2009, de 4 de decembro, polo que se regula o Consello Nacional da Discapacidade

Ir ao arquivo en PDF

Natureza e fins do CND

O Consello Nacional da Discapacidade é o órgano colexiado interministerial, de carácter consultivo, adscrito ao Ministerio de Sanidade e Política Social, no que se institucionaliza a colaboración do movemento asociativo das persoas con discapacidade e as súas familias e a Administración Xeral do Estado, para a definición e coordinación dunha política coherente de atención integral.

En particular, corresponde ao Consello Nacional da Discapacidade a promoción da igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Son funcións do CND

a) Promover os principios e liñas básicas de política integral para as persoas con discapacidade no ámbito da Administración Xeral do Estado, incorporando e principio de transversalidade.

b) Presentar iniciativas e formular recomendacións en relación con plans oo programas de actuación.

c) Coñecer e, no seu caso, presentar iniciativas en relación aos fondos para programas de persoas con discapacidade e os criterios de distribución.

d) Emitir ditames e informes, de carácter preceptivo e non vinculante, sobre aqueles proxectos normativos e outras iniciativas relacionadas co obxecto do Consello que se sometan a súa consideración e, en especial, no desenvolvemento da normativa de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.

e) Promover o desenvolvemento de accións de recompilación, análise, elaboración e difusión de información.

f) Impulsar actividades de investigación, formación, innovación, ética e calidade no ámbito da discapacidade.

g) Coñecer as políticas, fondos e programas da Unión Europea e de outras instancias internacionais e recibir información, no seu caso, sobre as posicións e propostas españolas nos foros internacionais.

h) Constituír o órgano de referencia da Administración Xeral do Estado para a promoción, protección e seguimento en España dos instrumentos xurídicos internacionais en materia de dereitos humanos das persoas con discapacidade incorporados ao noso ordenamento xurídico e, en especial, da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da Organización de Nacións Unidas, ratificada por España, que entrou en vigor o 3 de maio de 2008.

i) Calquera outra función que, no marco das súas competencias, se lle atribúa por algunha disposición legal ou regulamentaria.


Real Decreto 1856/2009, de 4 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e calificación do grao de discapacidade

MINISTERIO DE SANIDADE E POLÍTICA SOCIAL

Persoas en situación de dependencia


Real Decreto 1856/2009, de 4 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e polo que se modifica o Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro.

Ir ao arquivo en PDF

Norma relacionada:

REAL DECRETO 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grado de minusvalía.




Publicidade