Páxinas

martes, 29 de septiembre de 2009

Medidas en materia de Seguridade Social, en relación coa prestación de incapacidade temporal

Ministerio de Traballo e Inmigración

Seguridade Social


Real Decreto 1430/2009, do 11 de setembro, polo que se desenvolve regulamentariamente a Lei 40/2007, do 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social, en relación coa prestación de incapacidade temporal.

PDF (BOE-A-2009-15442 - 6 páxs. - 197 KB)

Subvencións concedidas a accións de información e promoción de produtos agrícolas no mercado interior

Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

Subvencións


Resolución do 1 de setembro de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Agua, pola que se publican as subvencións concedidas a accións de información e promoción de produtos agrícolas no mercado interior.

PDF (BOE-A-2009-15500 - 1 páx. - 155 KB)

Axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D002P008.PDF

Axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, e se convocan para o ano 2009.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D004P023.PDF

Aplicación dos pagamentos directos á agricultura

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se incrementa a dotación orzamentaria da Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D005P050.PDF

Axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 25 de setembro de 2009 pola que se publican as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:19100D008P054.PDF


Obxectivo: regular o contido e procedemento de tramitación da liña de financiamento subsidiado e avalado para facilitar o acceso ao financiamento para circulante de autónomos e microempresas, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing.

Beneficiarios: empresas con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de microempresas, e que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas segundo os termos recollidos no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, pola que se aproba o Estatuto do traballo autónomo.

Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.

Contía e prazos:

a) O seu importe mínimo será de 3.000 € e o máximo de 40.000 €.
b) O seu prazo de vixencia será de tres anos.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o día 30 de setembro de 2009 ata o 30 de decembro de 2009


Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Resolución do 25 de setembro de 2009 pola que se fai público o contido do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas polo que se establece unha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19100D009P064.PDF


Obxectivos: establecer determinadas liñas de financiamento garantidas polo IGAPE para facilitar ás empresas galegas o acceso a financiamento adicional a través de pólizas de crédito, liñas de desconto facturas, de efectos comerciais e confirming.

Beneficiarios:
as empresas con domicilio social e fiscal en Galicia, que non se atopen en situación de crise, que desenvolvan algunha das actividades relacionadas no anexo II.b. e que presenten un proxecto obxecto do financiamento avalado que sexa considerado viable e dentro dos límites de risco asumibles polo Igape.

Condicións financeiras das liñas de financiamento:
o IGAPE poderá garantir operacións de financiamento novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes.

Condicións da garantía do Igape:
o prazo de vixencia da garantía será como máximo de 30 meses desde a súa formalización, cubrindo o risco vivo financiado ou anticipado durante os 2 anos de vixencia máxima da operación avalada.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o día 30 de setembro de 2009 ata o 30 de decembro de 2009

Publicidade