@xosse: xestor e asesor en desenvolvemento sostible e responsabilidade social corporativa. Dirección de persoal; asesoría laboral e políticas de emprego | #RSC #RRHH #TEDL
miércoles, 19 de agosto de 2009
Medidas urxentes de emprego destinadas aos traballadores autónomos e ás cooperativas e sociedades laborais
Ministerio de Traballo e Inmigración
Emprego. Medidas urxentes
Emprego. Medidas urxentes
O obxectivo destas medidas é fomentar o traballo independente, isto é, o traballo autónomo, para o cal se melloran certas condicións para contratación de traballadores asalariados por parte dun traballador autónomo e o abono, na súa modalidade de pago único, das prestacións por desemprego para facilitar o acceso de traballadores a cooperativas e sociedades laborais. As medidas adoptadas son as seguintes:
- Abono da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único.
Poderán acollerse os beneficiarios de prestacións por desemprego cando pretendan incorporarse, de forma estable, como socios traballadores ou de traballo en cooperativas ou en sociedades laborais, aínda que mantiveran un vínculo contractual previo con ditas sociedades.
Amais, modifícase o límite máximo do 80 por cento cando os beneficiarios sexan homes mozos ata 30 anos de idade ou mulleres mozas ata 35 anos. (Máis información sobre o pago único)
- Bonificación pola contratación indefinida do primeiro asalariado do traballador autónomo.
O traballador autónomo que contrate indefinidamente a un desempregado que constitúa o seu primeiro traballador asalariado, terá dereito, sempre que non tivera traballadores asalariados durante os tres meses anteriores a esta contratación, a unha bonificación do 50 por cento na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, por un período máximo de 24 meses de duración.
O traballador autónomo beneficiario deberá manter a estabilidade no emprego do seu primeiro traballador asalariado durante, ó menos, os 24 meses dende a data de inicio da relación laboral.
Entrada en vigor: ó día seguinte ó da súa publicación no«Boletín Oficial do Estado», isto é, dende o 20 de agosto de 2009, afectando soamente os contratos que se realicen a partir deste momento. Permanecerá en vigor, a primeira medida, ata o 31 de decembro de 2010 e, a segunda, ata o 31 de decembro de 2009.
Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 13 de agosto de 2009 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, e se procede á súa convocatoria.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D003P011.PDF
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D003P011.PDF
O Igape amplía o orzamento destinado ao plan re-Móvete ata os 10 millóns de euros
O Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria segue a dinamizar e estimular a compra de vehículos en Galicia, que se atopa nos postos de cabeza do Estado en canto a número de matriculacións
18 de agosto de 2009.- O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, firmou hoxe mesmo a orde pola que inxecta 2.000.000 de euros máis ao orzamento destinado ao Plan re-Móvete para dinamizar a venda de vehículos en Galicia. Estes dous millóns de euros súmanse aos 8.000.000 de euros que xa estaban en vigor.
Deste xeito, o Igape e a Consellería de Economía e Industria seguen a apoiar e estimular as compras de vehículos na Comunidade Autónoma, tal e como se fixo ata o de agora. As axudas impulsadas polo Goberno autonómico teñen situado a Galicia, durante os dous últimos meses, nos postos de cabeza do Estado en canto a número de matriculacións e dan resposta ás numerosas peticións de axuda que chegan dos concesionarios adheridos a este plan pensado por e para Galicia. Con este novo impulso ao sector o Goberno da Xunta, a través da Consellería de Economía e Industria e do Igape, manteñen o seu compromiso para continuar dinamizando un dos sectores estratéxicos da economía de Galicia.
O Plan re-Móvete, pensado por e para Galicia, naceu consensuado con todo o sector da automoción tras celebrar diversas reunións co director da factoría PSA Peugeot-Citröen, cos concesionarios e co clúster do automóbil.
As axudas recollidas no Plan re-Móvete superan en ata un 300% ás do Plan 2000E presentado polo Goberno Central, co que ademais é compatible. No caso dos vehículos comerciais, as axudas ascenden ata 1.500 euros para os sectores prioritarios, e son superiores ás aboadas por calquera país da Unión Europea así como polo resto das comunidades autónomas españolas.
Para os vehículos de turismo, as axudas para un vehículo medio dun valor de 15.000 euros aumentan un 40% con respecto ao plan do Goberno central, xa que aqueles vehículos cun prezo de entre 10.000 e 30.000 euros reciben unha axuda directa de 700 euros, mentres que os de valor inferior a 10.000 teñen unha subvención de 500 euros.

Axudas para o alumnado de formación profesional de centros docentes públicos e centros docentes concertados
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 10 de agosto de 2009 pola que se establece unha segunda convocatoria de axudas para o alumnado de formación profesional de centros docentes públicos e centros docentes concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional durante o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D001P005.PDF
Axudas para actuacións de reindustrialización
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Axudas
Orde ITC/2272/2009, do 12 de agosto, pola que se modifica a Orde ITC/3098/2006, do 2 de outubro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de reindustrialización durante o período 2007-2013.
PDF (BOE-A-2009-13676 - 2 páxs. - 169 KB)
Directiva sobre determinados elementos e características dos tractores agrícolas ou forestais de rodas
DIRECTIVAS DO PARLAMENTO EUROPEO
Directiva 2009/63/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, sobre determinados elementos e características dos tractores agrícolas ou forestais de rodas (versión codificada) (1)
Directiva 2009/63/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, sobre determinados elementos e características dos tractores agrícolas ou forestais de rodas (versión codificada) (1)
Axudas a administracións públicas españolas e entidades privadas sen ánimo de lucro para a creación e transformación de recursos dixitais
Ministerio de Cultura
Axudas
Resolución do 3 de agosto de 2009, da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, pola que se convocan axudas a administracións públicas españolas e entidades privadas sen ánimo de lucro de nacionalidade española para a creación e transformación de recursos dixitais e a súa difusión e preservación mediante repositorios.
PDF (BOE-A-2009-13685 - 21 páxs. - 440 KB)

Programa de asesoramento e acompañamento individualizado dentro do programa Consolida de información e asesoramento ás mulleres emprendedoras
SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Resolución do 3 de agosto de 2009 pola que se anuncia a convocatoria pública para a selección de 17 empresas para participar no programa de asesoramento e acompañamento individualizado dentro do programa Consolida de información e asesoramento ás mulleres emprendedoras de Galicia.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D004P011.PDF

O DOGA publica as bases da convocatoria para a selección das empresas que participarán no servizo de apoio e asesoramento a compañías en fase de consolidación creadas por mulleres
- As interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do vindeiro 20 de setembro
- A selección dos participantes farase por comparación das solicitudes mediante un sistema de puntuación que fomenta diferentes valores
- Seleccionaranse dezasete empresas creadas por mulleres emprendedoras con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2006
O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publica hoxe a convocatoria pola que o Servizo Galego de Igualdade ofrece, no marco do programa Consolida, un servizo de asesoramento e tutela empresarial para empresas galegas creadas por mulleres que se atopen nunha fase de consolidación ou de internacionalización empresarial.
Mediante a mesma preténdese seleccionar a dezasete empresas que, durante un período de dez meses, recibirán unha titorización individualizada por parte de persoal experto en xestión empresarial. Este instruirá as compañías elixidas en diversos ámbitos, que abarcarán desde a xestión empresarial e comercial ata as relacións exteriores ou as técnicas de márketing pasando pola xestión contable, fiscal ou de recursos humanos.
Para acceder á devandita axuda, as compañías que o desexen deberán, ademais de ter iniciada a súa actividade antes do 1 de xaneiro de 2006, depositar a solicitude, con memoria de actividade e balance de resultados do exercicio anterior, no rexistro do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller antes do vindeiro 20 de setembro.
A selección de empresas participantes realizarase por comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre elas segundo os criterios establecidos. Estes valoran diversas actuacións emprendidas polas compañías, como o fomento do desenvolvemento sustentable, a incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ou o número de postos de traballo con contrato indefinido.
Con esta convocatoria, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia pretende favorecer a consolidación e internacionalización de iniciativas empresarias de mulleres que contribúan a desenrolar o tecido empresarial galego, aproveitando o potencial destas no eido empresarial.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)