O pasado 17 de agosto entrou en vigor o Real Decreto-lei 10/2009, de 13 de agosto, polo que se regula o programa temporal de protección por desemprego e inserción destinadas a facilitar cobertura económica, con carácter extraordinario, a persoas en situación de desemprego que esgotasen a prestación contributiva ou subsidio por desemprego.
A quen vai dirixido este programa?
As persoas desempregadas que esgotaron a prestación contributiva por desemprego ou o subsidio por desemprego, incluídas as prórrogas, carezan de rendas superiores a 468 euros mensuais en 2009 e adquiran o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral.
A quen non vai dirixido?
• Os traballadores que esgotaron as prestacións por desemprego antes do 1 de agosto de 2009 e antes do 15 de febreiro de 2010.
• Os traballadores que esgoten o subsidio específico para maiores de 52 anos
• Aqueles que tendo a condición de fixos-descontinuos esgoten a prestación por desemprego ou subsidio durante os períodos de inactividade produtiva.
• Traballadores que esgoten a prestación por desemprego ou subsidios durante a suspensión da relación laboral ou a redución da xornada de traballo en virtude de ERE's.
• Ou aqueloutros que esgoten o subsidio agrario, a renda agraria ou a Renda Activa de Inserción.
Que requisitos debo cumprir?
• Ser menor de 65 anos
• Estar desempregado e inscrito como demandante de emprego
• Ter extinguido por esgotamento:
• a prestación por desemprego de nivel contributivo e non ter dereito ó subsidio.
• os subsidios por desemprego pola súa duración máxima, incluídas as prórrogas.
Que obrigas resultan da solicitude esta prestación?
O traballador quedará obrigado a subscribir o compromiso de actividade e adquirir o compromiso de participar nun itinerario activo de inserción laboral que se determine polo Servizo Público de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Si teño outros ingresos, por exemplo, un aluguer, teño dereito a prestación?
Depende, ter ingresos propios superiores a 468 euros mensuais no ano 2009 implica quedar excluído desta axuda.
Tampouco terá dereito a mesma si a suma de tódolos ingresos obtidos por tódolos membros da súa unidade familiar (vostede, o seu cónxuxe e/ou pais e fillos menores de 26 anos ou maiores con discapacidade ou menores acollidos), dividida polo número de membros que a compoñen superen os 468 euros/mes no ano 2009.
Tamén resulta incompatible coa percepción de salarios sociais, rendas mínimas ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas Administracións Públicas.
Non estar a percibir pensión ou prestación económica da Seguridade Social, salvo que estas fosen compatibles co traballo que orixinou a prestación ou o subsidio por desemprego.
Cal é a contía e duración da prestación extraordinaria?
A duración máxima da prestación por desemprego extraordinaria é de 180 días e a súa contía é de 421,79 euros mensuais, cantidade que se actualizará anualmente. Comézase a devengar dende o día seguinte a aquel en que se solicita e a súa percepción é mensual.
Onde e cando debo presentar a solicitude?
Deberá presentarse dentro dos 60 días hábiles seguintes ó esgotamento da prestación ou subsidio por desemprego, no modelo oficial, que incluirá a subscrición expresa do compromiso de actividade e de participar nun itinerario de inserción e presentarase na oficina do Servizo Público de Emprego na que o traballador figure inscrito como demandante de emprego.
Logo, unha persoa que se lle esgotou a prestación o un de agosto, antes da publicación da medida, ata cando ten de prazo?
Neste caso, as persoas as que se lle esgotase a prestación entre os días 1 e 15 de agosto de 2009 deberán presentar a solicitude dentro dos 60 días hábiles seguintes ó da publicación desta norma.
Que documentación debo presentar?
• Impreso de solicitude , en modelo oficial, debidamente cumprimentado e asinado polo solicitante. Deberá entregar orixinal e 2 copias de dito modelo.
• Fotocopia dos documentos de identificación de solicitante e, no seu caso, dos membros da unidade familiar
• Copia do libro de familia ou documento equivalente en caso de estranxeiros.
• Copia dos documentos acreditativos das rendas obtidas no mes anterior polo solicitante e, no seu caso, polos membros da unidade familiar.
