Páxinas

jueves, 20 de agosto de 2009

Traballo e Benestar comprométese a establecer sistemas de colaboración permanente e estable cos autónomos para mellorar a súa situación



A Consellería de Traballo e Benestar colaborará cos autónomos de Galicia de forma permanente e estable para mellorar a situación deste sector, un dos máis afectados nestes momentos de crise económica.

Para acadar este obxectivo, a conselleira do departamento autonómico, Beatriz Mato, comprometeuse, no transcurso dunha reunión que mantivo na Coruña cos presidentes da Confederación de Autónomos y Profesionales de España (Caype) e a Federación de Autónomos de Galicia (Feaga), Eliseo Calviño e Paulino Franco, respectivamente, a estudar as mellores fórmulas para que a cooperación entre os dous organismos sexa estable e continua.

Para iso, o borrador deste documento elaborarase de forma conxunta, segundo resaltou a titular de Traballo e Benestar.

A Consellería colaborará coa organización do congreso nacional deste sector. Mato, ademais, estudará a proposta feita polos dous organismos de incrementar as axudas do Goberno galego para a oferta de cursos de formación e indicou que a Xunta seguirá a prestar a súa colaboración na contratación de axentes de emprego e orientadores laborais.

Publicidade