Páxinas

martes, 18 de mayo de 2010

Bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 09200D005P033.PDF


Axudas a entidades sen ánimo de lucro, para facilitar a súa participación en materia ambiental

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 14 de maio de 2010 pola que se derroga a Orde do 19 de decembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro, para facilitar a súa participación en materia ambiental, así como a súa convocatoria para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 09200D004P032.PDF


Axudas a fundacións, asociacións e outras entidades ou institucións sen ánimo de lucro para o financiamento de proxectos en materia medioambiental

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 14 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a fundacións, asociacións e outras entidades ou institucións sen ánimo de lucro para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, mitigación ou adaptación ao cambio climático e implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para os anos 2010 e 2011.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 09200D003P013.PDF


Publicidade