SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Resolución do 3 de agosto de 2009 pola que se anuncia a convocatoria pública para a selección de 17 empresas para participar no programa de asesoramento e acompañamento individualizado dentro do programa Consolida de información e asesoramento ás mulleres emprendedoras de Galicia.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D004P011.PDF
Resolución do 3 de agosto de 2009 pola que se anuncia a convocatoria pública para a selección de 17 empresas para participar no programa de asesoramento e acompañamento individualizado dentro do programa Consolida de información e asesoramento ás mulleres emprendedoras de Galicia.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 16200D004P011.PDF
O DOGA publica as bases da convocatoria para a selección das empresas que participarán no servizo de apoio e asesoramento a compañías en fase de consolidación creadas por mulleres
- As interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do vindeiro 20 de setembro
- A selección dos participantes farase por comparación das solicitudes mediante un sistema de puntuación que fomenta diferentes valores
- Seleccionaranse dezasete empresas creadas por mulleres emprendedoras con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2006
O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publica hoxe a convocatoria pola que o Servizo Galego de Igualdade ofrece, no marco do programa Consolida, un servizo de asesoramento e tutela empresarial para empresas galegas creadas por mulleres que se atopen nunha fase de consolidación ou de internacionalización empresarial.
Mediante a mesma preténdese seleccionar a dezasete empresas que, durante un período de dez meses, recibirán unha titorización individualizada por parte de persoal experto en xestión empresarial. Este instruirá as compañías elixidas en diversos ámbitos, que abarcarán desde a xestión empresarial e comercial ata as relacións exteriores ou as técnicas de márketing pasando pola xestión contable, fiscal ou de recursos humanos.
Para acceder á devandita axuda, as compañías que o desexen deberán, ademais de ter iniciada a súa actividade antes do 1 de xaneiro de 2006, depositar a solicitude, con memoria de actividade e balance de resultados do exercicio anterior, no rexistro do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller antes do vindeiro 20 de setembro.
A selección de empresas participantes realizarase por comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre elas segundo os criterios establecidos. Estes valoran diversas actuacións emprendidas polas compañías, como o fomento do desenvolvemento sustentable, a incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ou o número de postos de traballo con contrato indefinido.
Con esta convocatoria, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia pretende favorecer a consolidación e internacionalización de iniciativas empresarias de mulleres que contribúan a desenrolar o tecido empresarial galego, aproveitando o potencial destas no eido empresarial.
