Páxinas

lunes, 14 de junio de 2010

Axudas aos concellos e outras entidades locais de Galicia para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 1 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e outras entidades locais de Galicia para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
11100D008P054.PDF

Obxecto: subvencións destinadas a sufragar parcialmente a realización de actividades de promoción do cooperativismo por parte dos concellos e doutras entidades locais de Galicia.

Beneficiarios: Concellos e outras entidades locais.

Prazo de presentación de solicitudes: 14 de xullo de 2010.


Ir ó DOG

Axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 31 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11100D007P045.PDF

Obxecto: fomento e consolidación das estruturas representativas do cooperativismo e a economía social, en particular as asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos normais de funcionamento e a realización de actividades de promoción do cooperativismo e a economía social.

Beneficiarios: asociacións de cooperativas, asociacións de sociedades laborais.

Prazo de presentación de solicitudes: 14 de xullo de 2010.


Ir ó DOG

Subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e o desenvolvemento de bancos municipais de tempo

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 21 de maio de 2010 pola que se convocan para o exercicio do ano 2010 as subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e o desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade e/ou outras medidas municipais de conciliación.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
11100D006P035.PDF

Obxecto: subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e o desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade e/ou outras medidas municipais de conciliación.

Beneficiarios: concellos, individualmente ou a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios ou dun consorcio local constituídos exclusivamente polos concellos implicados.

Prazo de presentación de solicitudes: 14 de xullo de 2010


Ir ó DOG

Subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. (Código de procedemento IN224A-presentación electrónica).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11100D005P019.PDF

Obxecto: subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. (Código de procedemento IN224A-presentación electrónica).

Beneficiarios: comerciantes ou futuros/as comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens.

Prazo de presentación de solicitudes: 14 de xullo 2010


Ir ó DOG

Subvencións para actuacións de rehabilitación ao abeiro do Programa Renove do Plan de vivenda e rehabilitación

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 4 de xuño de 2010 pola que se convoca para 2010 a concesión de subvencións para actuacións de rehabilitación ao abeiro do Programa Renove do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11100D004P008.PDF

Obxecto: Rehabilitación de edificios e vivendas acollidas, mediante cualificación protexida, ao Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009 – 2012.

Beneficiarios: Comunidades de propietarios, persoas físicas e persoas xurídicas.

Prazo de presentación de solicitudes: 30 de setembro 2010.


Publicidade