Páxinas

jueves, 13 de agosto de 2009

O Goberno destina máis de 640 millóns de euros para o programa de proteción por desemprego e inserción


-Permitirá que os desempregados que agoten as súas prestacións ou subsidios e teñan rendas inferiores ao 75% do SMI perciban unha cantidade mensual de 420 euros


-Para solicitar dita axuda dispoñen de dous meses desde o momento que agotaran as súa prestación

-Con obxecto de mellorar as súas posibilidades de emprego, os beneficiarios deberán suscribir un compromiso de participación en itinerarios activos de inserción

13 agosto 09. O Consello de Ministros, na súa reunión de hoxe, a proposta do ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, aprobou o Programa Temporal de Proteción por Desemprego e Inserción que facilitará cobertura económica a desempregados que agoten a súa prestación ou subsidio e carezan de rendas superiores ao 75% do SMI.

O programa, que se aproba como Decreto Lei polo que entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOE, ten unha vixencia de seis meses, prorrogables por periodos de seis meses. A financiación da prestación, estimada en 642 millóns de euros, correrá a cargo dos orzamentos do Servizo Público de Emprego Estatal, mentras as Comunidades Autónomas financiarán as accións incluidas nos itinerarios de emprego.

Con esta nova medida o Goberno contribúe a paliar a situación económica dun número aproximado de 340.000 desempregados que ao finalizar os seus periodos de prestación contributiva ou subsidio non poidan acceder a outra prestación, así como a mellorar as sús expectativas laborais.

O programa facilitará unha cobertura equivalente ao 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), é dicir 420 euros mensuais, e dispoñerá de dous meses para solicitarla. A súa percepción será incompatible con outras rendas concedidas polas distintas Administracións Públicas. Asumesmo, e con objeto de facilitar su incorporación al mercado laboral, el perceptor deberá participar en itinerarios de inserción, que mellorarán as súas capacidades e competencias profesionais.

Poderán ser beneficiarios deste programa os desempregados menores de 65 anos que agotaran a prestación por desemprego de nivel contributivo desde o día 1 de agosto e os 180 días naturais seguintes a esa data e non teñan dereito ao subsidio, sempre que carezan de rendas superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional, así como aqueles que extinguiran ou por agotamento, incluidas as prórrogas, os subsidios por desemprego.

Nos dous casos, as persoas desempregadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego, suscribir o compromiso de actividade e comprometerse a realizar as distintas actuacións que se determinen polo Servizo Público de Emprego correspondinte.

A solicitude deberá presentarse dentro dos 60 días seguintes ao agotamento da prestación ou o subsidio por desemprego.

Corbacho presenta ao Consello a proposta de prestación por cese de actividade dos traballadores autónomos


A duración da protección vai desde os 2 aos 6 meses, en función do periodo cotizado,e a súa coantía oscila entre un mínimo de 583 euros e un máximo de 1.383 euros mensuais segundo as circunstancias persoais

13 agosto 09. O ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, presentou hoxe ao Consello de Ministros o informe sobre a proposta dun sistema de prestación por cese de actividade dos traballadores autónomos, dando un importante paso nol cumplimento do mandato contemplado na Lei do Estatuto do Traballo Autónomo.

De acordo coa Lei, o Goberno elaborou unha proposta que recolle un sistema específico de prestación, para aqueles traballadores autónomos que cesen na súa actividade de maneira involuntaria, basrado en tres principios básicos: contributivo, solidario e sostible financieiramente.

O sistema adotado é de carácter mixto, entre voluntario e obrigatorio. Terán dereito á Proteción por Cese de Actividade os traballadores autónomos que teñan protexida a cobertura por accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Segundo a normativa hai dous tipos de colectivos afectados:

- Os traballadores autónomos que obrigatoriamente teñen que cotizar por acidentes de traballo e enfermidade profesional, que son os traballadores autónomos económicamente dependentes, ye os traballadores autónomos que estean en actividades profesionais cun maior risco de sinistralidade.

Estímase que cando se determinen esas actividades de maior risco de sinistralidade (previsiblemente transporte, construción, e algunhas actividades industriais) e se desenvolvan os contratos de traballadores autónomos económicamente dependentes, o número de autónomos cotizantes ascenderá aproximadamente a un millón.

- Os traballadores autónomos que voluntariamente opten por cotizar por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Na actualidade hai 363.375 traballadores autónomos que cotizan por esta cobertura (este dato no inclúe aos traballadores autónomos do sector agrario que son 176.000).

A duración da proteción estará en función dos periodos de cotización efectuados dentro dos 36 meses anteriores á situación legal de cese de actividade, dos que ao menos 12 meses deben ser continuados e inmediatamente anteriores a dita situación de cese, de acordo á seguinte escala:

Período de cotización(meses)
Período da proteción (meses)
De doce a dezasete………………..... 2
De dezaoito a vintetrés………….... 3
De vintecatro a vinteún……........ 4
De trinta a trinta e cinco………….. 5
Trinta e seis ou máis……………….. 6

Nos casos de traballadores autónomos de entre 60 a 64 anos, incrementase a duración da prestación, que será a que se indica na seguinte táboa:

Período de cotización (meses)
Período da protección (meses)
De doce a dezasete……………….... 3
De dezaoito a vintetrés…………... 4
De vintecatro a vintenoeve……... 6
De trinta a trinta e cinco…………..8
Trinta e seis ou máis………………..9

A contía do subsidio, durante todo o seu periodo de disfrute, será o do 70% da base pola que viña cotizando durante os doce meses anteriores. Sobre a base mínima do Réxime Especial de Traballadores Autónomos de 833,40 euros mensuais para 2009, a prestación alcanzaría os 583,38 euros e a prestación máxima pode chegar a 1.383,9 euros no caso de ter dous ou máis fillos.

Tendo en conta que nos primeiros 12 meses non existe gasto en prestación, estableceuse un tipo de cotización para os traballadores autónomos do 1,5% da base, cunha reducción do 0,5% na cotización pola cobertura de incapacidade temporal, polo que o traballador cotizará efectivamente para o primeiro ano sobre un 1%, que sobre a base mínima de 833,40 euros, a cotización mínima sería de 12,5 euros mensuais, sen aplicar a redución de 0,5% e de 8,33 coa redución.

Cada ano, a Lei de Orzamentos Xerais doEstado establecerá o tipo de cotización que permita financiar este sistema de proteción dos traballadores autónomos que cesen involuntariamente na súa actividade

A Consellería de Traballo e Benestar financiará con 60.000 euros a rede galega de investidores privados


O departamento vén de asinar un convenio coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para impulsar a creación de novas empresas co fin de xerar emprego estable e de calidade

O proxecto, innovador en Galicia, avala a viabilidade de proxectos empresariais cun alto grao de risco e de alta rendibilidade

12 de agosto de 2009.- A Consellería de Traballo e Benestar colaborará coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para o desenvolvemento para o ano 2009 da Rede Galega de Investidores Privados, Bussines Angels Network de Galicia (BANG), unha experiencia innovadora en Galicia que favorece o contacto entre investidores individuais de carácter privado e emprendedores galegos con proxectos novos que, xeralmente vinculados ás novas tecnoloxías, buscan financiamento. A iniciativa permite, así, avaliar a viabilidade de proxectos empresariais cun alto grao de risco e de alta rendibilidade.

Con este obxectivo, o departamento autonómico vén de asinar un convenio de colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense a través do que se investirán un total de 60.000 euros co obxectivo de impulsar a creación e implantación de novas empresas como recurso para a xeración de emprego estable e de calidade, tal e como explicaron o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, e o presidente da CEO, Francisco Rodríguez.

Os denominados ‘bussines angels’ son investidores individuais, normalmente empresarios ou directivos de firmas que aportan a título privado o seu capital e coñecementos técnicos, así como a súa rede de contactos persoais, aos emprendedores que queiran poñer en funcionamento un proxecto empresarial ou ás empresas que se atopen no inicio da súa actividade.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) é pioneira na posta en funcionamento desta iniciativa que dá resposta á falta de alternativas coa que se atopan moitos proxectos para o seu financiamento e, desta forma, permite cubrir, total ou parcialmente, o plan de investimentos das novas ideas empresariais.

As principais funcións da Rede Galega de Investidores Privados son seleccionar as empresas e os proxectos empresariais; captar aos potenciais investidores; garantir a veracidade da información dos proxectos e dos investidores; establecer unha relación entre as ideas a financiar e cada investidor e modelos de financiamento e de relación; e, por último, posibilitar un marco formal para a negociación e os intercambios entre as partes.

Ao abeiro deste convenio, a Consellería de Traballo e Benestar subvencionará os gastos realizados pola CEO desde o 1 de xaneiro de 2009 para materializar a iniciativa, como son o desenvolvemento operativo da rede ou a promoción e formación.

Axudas para a formación de mozos profesionais da cultura

Ministerio de Cultura

Axudas

Orde CUL/2239/2009, doe 4 de agosto, pola que se conceden as axudas para a formación de mozos profesionais da cultura, da Direción Xeral de Política e Industrias Culturais, correspondentes a 2009.

PDF (BOE-A-2009-13462 - 6 páxs. - 326 KB)

Subvencións para a realización de Obradoiros Profesionais e Obradoiros Específicos

Ministerio de Educación

Subvencións

Resolución do 22 de xullo de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan subvencións para a realización, durante o curso 2009/2010, de programas de cualificación profesional inicial, nas modalidades do Obradoiro Profesional e Obradoiro Específico, no ámbito de xestión do Ministerio de Educación.

PDF (BOE-A-2009-13445 - 12 páxs. - 331 KB)

Becas de colaboración de estudiantes en departamentos universitarios

Ministerio de Educación

Becas

Orde EDU/2235/2009, do 20 de xullo, pola que se convocan becas de colaboración de estudiantes en departamentos universitarios para o curso académico 2009-2010.

PDF (BOE-A-2009-13443 - 8 páxs. - 258 KB)



Subvencións para a colaboración na execución e seguimento das medidas alternativas á pena privativa de liberdade

Ministerio del Interior

Subvencións

Orde INT/2232/2009, do 28 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de subvencións para a colaboración na execución e seguimento das medidas alternativas á pena privativa de liberdade e determinados programas de atención social.

PDF (BOE-A-2009-13422 - 18 páxs. - 436 KB)




Fixación do prezo do leite

Regulamentos da Comisión Europea



Este prezo fixase ó efecto de garantir que o queixo polo que se solicita unha restitución por exportación é un queixo de calidade e non un queixo degradado, residuos de queixo ou codias de queixo, de maneira que ó réxime de restitucións poida fornecer todos os seus efectos económicos. As adversas condicións de mercado dende o outono de 2008 traducíronse nunha diminución constante e pronunciada dos prezos do queixo no mercado interior ata tal punto que o prezo franco fronteira mínimo actual deixou de reflectir o limiar respecto ó seu obxectivo. Resulta probable que o mercado e os prezos do queixo sigan dando mostras de debilidade e volatilidade durante un largo período, o que fai extremadamente difícil fixar un prezo de soleira adecuado. A abolición do criterio de prezo mínimo reducirá considerablemente a carga administrativa dos comerciantes e as autoridades competentes. A evolución do mercado do queixo e as exportacións con restitucións deben controlarse correctamente para detectar calquera abuso en relación coa abolición do requisito de prezo mínimo.


Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 15800D004P006.PDF

Publicidade