Páxinas

lunes, 26 de octubre de 2009

Subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Resolución do 19 de outubro de 2009 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (IN515B) (Diario Oficial de Galicia número 122, do 24 de xuño).


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20900D005P010.PDF



Publicación das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Resolución do 23 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (IN519B) (Diario Oficial de Galicia número 41, do 27 de febreiro).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20900D004P009.PDF


Axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos galego

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 15 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede á publicación de subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de decembro de 2008, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20900D002P007.PDF


Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Corrección de erros.-Resolución do 21 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, para actividades formativas e de sensibilización e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20900D001P007.PDF

Becas para a formación de titulados superiores no Instituto Geográfico Nacional

Ministerio de Fomento

Becas

Orde FOM/2842/2009, do 29 de setembro, pola que se publica a convocatoria de becas para a formación de titulados superiores no Instituto Geográfico Nacional.

Descarga PDF

Convocatoria de becas de formación de posgraduados relacionadas coas actividades da Axencia para 2010

Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

Becas

Resolución do 6 de outubro de 2009, da Presidencia da Agencia Estatal de Meteorología, pola que se convocan becas de formación de posgraduados relacionadas coas actividades da Axencia para 2010.

Descargar PDF

Convocatoria de axudas á investigación en Ciencia Política e Socioloxía para o ano 2010

Ministerio de Presidencia

Axudas


Resolución do 16 de outubro de 2009, do Centro de Investigacións Sociolóxicas, pola que se convocan axudas á investigación en Ciencia Política e Socioloxía para o ano 2010.

Descargar PDF


Concesión de axudas ao desenvolvemento de guións para películas de largometraxe na convocatoria do ano 2009

Ministerio de Cultura

Axudas

Resolución do 13 de outubro de 2009, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se fai pública a concesión de axudas ao desenvolvemento de guións para películas de largometraxe na convocatoria do ano 2009.

Descargar PDF


Concesión de axudas a proxectos de cortometraxes na 2ª fase da convocatoria do ano 2009


Ministerio de Cultura

Axudas

Resolución do 14 de outubro de 2009, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se fai pública a concesión de axudas a proxectos de cortometraxes na 2ª fase da convocatoria do ano 2009.

Descargar PDF

Traballo contratará a 1.180 desempregados e a 200 profesores a través dos programas mixtos de formación-emprego


Preto de 800 galegos e galegas en situación de desemprego poderían acadar a súa inserción no mercado laboral grazas aos programas mixtos de formación (escolas obradoiro, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento) que porá en marcha antes de fin de ano a Consellería de Traballo e Benestar.

O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, presentou hoxe as liñas xerais deste plan despois de que os proxectos foron aprobados na segunda comisión de valoración celebrada este mes de outubro. Así, en total presentáronse en toda Galicia 113 proxectos, dos que 71 recibiron ditame favorable e 45 foron seleccionados de acordo cos criterios de valoración e as dispoñibilidades orzamentarias. Desta maneira, a Xunta de Galicia investirá na posta en marcha destas preto de 50 iniciativas de emprego máis de 26 millóns de euros entre este ano e o próximo.

A Xunta contratará a 1.180 persoas a través destas accións que ten dous obxectivos básicos, a formación e capacitación laboral. Desta cifra, Traballo e Benestar prevé que polo menos 814 dos participantes acaden a meta final destes programas, a súa inserción no mercado laboral, tendo en conta os resultados de ocupación laboral que recolle o Servizo Público de Emprego Estatal para estas accións concretas: o 83 por cento no caso das escolas obradoiro e o 70 por cento no dos obradoiros de emprego.

Hermida destacou que a finalidade destas accións de fomento do emprego é “lograr unha man de obra máis competitiva e acceder con mellores condicións ao mercado laboral”.

O director xeral de Promoción do Emprego detallou o número de participantes en cada acción formativa. En concreto, desenvolveranse dúas escolas obradoiros, 40 obradoiros de emprego e tres unidades de promoción.

Así, as dúas escolas obradoiro que se levarán a cabo na provincia de Pontevedra (en Vigo e Barro) contarán coa participación de 62 persoas. Esta modalidade está dirixida a persoas desempregadas menores de 25 anos. A iniciativa ten unha duración de 18 meses e nela os participantes alternan a aprendizaxe -6 meses- cun contrato para a formación coa contratación en actividades relacionadas coa recuperación ou promoción do patrimonio. Os integrantes nestas accións perciben un salario de 468 euros ao mes nos doce meses de contrato. Así, o custe destas dúas escolas obradoiro será de 1,27 millóns de euros en 2009 e 2010.

Con respecto aos obradoiros de emprego, o Goberno galego porá en marcha un total de 40 nos que tomarán parte 1.091 persoas. Este programa, en concreto, está destinado a persoas maiores de 25 anos. Tamén combinan a formación co emprego e ten unha duración de 12 meses. Os traballadores e traballadoras desta modalidade reciben un salario de 936 euros ao mes, polo que o departamento autonómico destinará unha partida que ascende a 23,1 millóns de euros nos dous exercicios.

Por último, Traballo e Benestar desenvolverá tres unidades de promoción e desenvolvemento nas que formarán parte 27 persoas. Estas accións, de carácter supramunicipal, colaboran na preparación, acompañamento e avaliación dos proxectos das escolas obradoiros, casas de oficios e obradoiros de emprego. En concreto, encárganse de analizar o territorio para elaborar plans integrais de intervención de cada unha das modalidades. A duración é de 24 meses e o custe de 1,9 millóns de euros.

Tanto os obradoiros de emprego como as escola obradoiro ofrecen aos seus alumnos orientación e asesoramento laboral, educación compensatorio nos casos de non finalización da ESO, módulos de seguridade e saúde no traballo, de sensibilización medioambiental e de igualdade de xénero.

A maior parte das accións están dirixidas á recuperación do patrimonio dos concellos e como novidade este ano se porán en marcha labores sociosanitarias, orientación pedagóxica e axuda a domicilio, entre outras actividades.

Os interesados en optar a estes programas da Consellería de Traballo e Benestar teñen que estar inscritos, ou poden aínda anotarse, nas súas respectivas Oficinas de Emprego, especificamente como demandantes destas iniciativas.

Por provincias

Hermida concretou, por último, as diferentes accións formativas por provincias. Así, na Coruña impartiranse 17 iniciativas (10,4 millóns de euros) nas que participarán 450 persoas. En Lugo tomarán parte 239 cidadáns en 9 accións formativas que terán un custe para as arcas autonómicas de 5 millóns de euros. En Ourense, a Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá 10 programas para 261 galegos e galegas. As accións custarán 5,5 millóns de euros. Por último, a provincia de Pontevedra disporá de 5,3 millóns de euros para realizar 9 iniciativas enfocadas para 230 traballadores e traballadoras.


Publicidade