MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO
Axudas
Resolución do 7 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se efectúa, para o ano 2010, a convocatoria de axudas para a promoción de centros de apoio a emprendedores.
Ir ao arquivo en
PDFObxecto: as axudas teñen como finalidade incentivar o desenvolvemento das actuacións que favorezan a complementariedade e a especialización dos Centros de Apoio a Emprendedores (CEAE) co obxecto de ampliar a cobertura e mellorar a calidade dos servizos de apoio que prestan aos emprendedores.
Beneficiarios: as organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, así como as entidades con participación maioritaria de capital público que conte, en ambos casos, con Centros de Apoio a Emprendedores.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 10 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras, así como a súa convocatoria para os anos 2010-2011, para a concesión de axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais na Comunidade Autónoma de Galicia.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11500D013P049.PDF
Obxecto: convocatoria de axudas no ámbito dos parques naturais dirixidas a fomentar o desenvolvemento socioeconómico sustentable das terras agrícolas e á mellora da calidade de vida das poboacións locais situadas dentro destes espazos protexidos ou nas súas áreas de influencia socioeconómica por medio de accións que contribúan á mellora das paisaxes, á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais, a aumentar o valor de recreo público destas zonas de alto valor natural, á preservación de hábitats ou ecosistemas ou á loita contra á erosión, entre outras.
Beneficiarios:
a) As persoas físicas que residan e/ou que sexan propietarios de terreos nalgunha das parroquias total ou parcialmente incluídas no parque natural; titulares, propietarios ou arrendatarios de explotacións agrarias, gandeiras situadas dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II e III. Tamén poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares dos dereitos referidos na zona de influencia socioeconómica, segundo as dispoñibilidades orzamentarias.
b) As comunidades de montes veciñais en man común, situadas total ou parcialmente no parque natural, legalmente constituídas e inscritas no rexistro xeral existente para o efecto, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III e IV.
c) As asociacións con sede social ou, como mínimo, co 50% dos seus socios con residencia nalgún dos concellos onde se sitúe o parque natural, o que deberá xustificarse documentalmente, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.
d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúe o parque natural constituídas con anterioridade á publicación desta orde, priorizándose aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.
e) Os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 7 de xuño de 2010 pola que se regulan e se convocan para 2010 axudas de carácter extraordinario a traballadores e traballadoras afectados por situacións de especial dificultade como consecuencia de procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que supoñan a extinción dos seus contratos.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11500D012P043.PDF
Obxecto: convocatoria de axudas de carácter extraordinario en procesos de reestruturación de empresas que puidesen levar consigo o cesamento total ou parcial das súas actividades. A finalidade é axudar a traballadores e traballadoras destas empresas que, como consecuencia destes procesos, se atopan en situacións de urxencia e necesidade sociolaboral e, ao mesmo tempo, contribuír ao mantemento do emprego naqueles supostos nos que sexa posible.
Beneficiarios: as persoas traballadoras.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010.
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Resolución do 14 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e publicación de contidos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (procedemento administrativo PR522A). Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11500D006P011.PDF
Obxecto: convocatoria de subvencións que teñen por obxecto potenciar nas empresas a produción e publicación de contidos dixitais.
Consideraranse actuacións que acaden a produción e publicación de contidos dixitais, entendéndose por contidos dixitais os constituídos por un conxunto de informacións representadas en múltiples soportes expresivos (texto, son, imaxe estática ou en movemento, e codificadas dixitalmente), de xeito que sexan accesibles polos usuarios por medios electrónicos. Estes contidos poderán ser interactivos co usuario, e deberán ser desenvolvidos para a internet, televisión dixital interactiva ou redes móbiles.
Consideraranse: Produción e publicación de contidos xa existentes noutros formatos dixitais ou sen dixitalización anterior; Produción e publicación de novos contidos dixitais e Creación de ferramentas e servizos que permitan a accesibilidade aos contidos dixitais.
Beneficiarios: as empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que produzan e publiquen contidos dixitais.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010.