O Consello da Xunta aprobou unha nova liña de axudas para impulsar o emprego das persoas paradas sen prestación, facilitando o seu acceso á formación a través de itinerarios personalizados de inserción (IPI). Para este fin a Xunta destinará un total de 750.000 euros, cantidade coa que se prevé se poidan beneficiar 750 persoas en situación de desemprego.
A axuda económica para estas persoas será de 350 euros por mes ou a parte proporcional dos períodos inferiores durante un máximo de tres meses, que se computará de forma continuada desde o inicio da primeira acción de orientación.
Beneficiaranse as persoas desempregadas rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia que non perciban ningún tipo de prestación ou subsidio, renda agraria ou activa de inserción e que carezan de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao IPREM mensual vixente en cada momento (na actualidade sitúase en 533 euros). Deberán ademais ter experiencia laboral e graves problemas para empregarse e participar en accións de orientación desenvoltas polo Servizo Público de Emprego de Galicia ou polas entidades que colaboran nestas tarefas coa Administración autonómica. Neste senso, é importante que no seu itinerario personalizado de inserción se determine a necesidade de participar en grupos específicos na procura de emprego que impliquen a súa dispoñibilidade e especial dedicación para a súa presentación a ofertas de emprego.
O persoal técnico orientador deberá prestarlles unha atención individualizada e realizará un seguimento e actualización do seu itinerario de inserción laboral e informará sobre o cumprimento dos requisitos e obrigas establecidas para o acceso e mantemento das subvencións por procura de emprego previstas nesta orde.
Estas axudas outorgaranse ata esgotar o crédito dispoñible, polo que se calcula poidan chegar ata as 750 persoas. Os prazos para solicitar a subvención será desde a selección como posible beneficiario ou beneficiaria polo Servizo Público de Emprego de Galicia ou polas entidades colaboradoras e ata tres meses desde a incorporación ao grupo específico de procura de emprego, sendo o último pagamento a data 10 de decembro de 2009.
Así mesmo, esta orde recolle a concesión de subvencións a traballadores e traballadoras en situación de desemprego para facilitar a súa mobilidade xeográfica e a súa participación en accións de orientación con cargo ao Plan extraordinario de orientación, formación profesional e inserción laboral. Neste caso, os beneficiarios deberán cumprir dous requisitos fundamentais: que a localidade de destino onde se sitúe o posto de traballo se atope a máis de 100 quilómetros do punto de orixe e que a contratación sexa indefinida ou temporal cunha duración efectiva igual ou superior a seis meses.
Neste caso haberá catro liñas de axudas. A de desprazamento está destinada a cubrir os gastos do traslado desde a localidade de orixe ao novo destino do beneficiario ou beneficiaria e dos familiares ao seu cargo que convivan con el ou ela. Estas subvencións non poderán superar a contía de 4 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) mensual vixente.
En segundo lugar, a subvención cubre os gastos de transporte de mobiliario e aparellos coas mesmas condicións que o destinado ao desprazamento. Ademais, o Goberno galego tamén subvenciona os gastos de aloxamento xerados durante os doce primeiros meses de vixencia do contrato, incluíndo o aluguer, a adquisición de vivenda ou outros gastos de hospedaxe do beneficiario ou beneficiaria e dos seus familiares. Neste caso, a contía máxima da axuda será de 10 veces o IPREM mensual vixente.
Por último, facilitará a mobilidade xeográfica dos desempregados e desempregadas inclúe axudas para pagar a gardaría e a atención a persoas dependentes. Cubriranse os gastos xerados pola asistencia a escolas infantís ou outros centros durante o primeiro ciclo de educación infantil dos fillos e fillas que dependan economicamente do beneficiario ou beneficiaria, así como os derivados da atención das persoas dependentes o seu cargo durante os 12 primeiros meses de vixencia do contrato. A contía máxima da axuda será 4 veces o IPREM mensual vixente.
@xosse: xestor e asesor en desenvolvemento sostible e responsabilidade social corporativa. Dirección de persoal; asesoría laboral e políticas de emprego | #RSC #RRHH #TEDL
viernes, 4 de septiembre de 2009
Non discriminación e igualdade de oportunidades e aplicación do principio de igualdade de trato das personas
Actos preparatorios
Comité das Rexións, 80º Pleno
2009/C 211/12
Dictamen do Comité das Rexións sobre o tema «non discriminación e igualdade de oportunidades e aplicación do principio de igualdade de trato das personas»
Comité das Rexións, 80º Pleno
2009/C 211/12
Dictamen do Comité das Rexións sobre o tema «non discriminación e igualdade de oportunidades e aplicación do principio de igualdade de trato das personas»
Reforzar el planteamiento global de la migración: aumentar la coordinación, la coherencia y las sinergias
Resolucións, recomendacións e dictames
DICTAMES
DICTAMES

Comité das Rexións, 80º Pleno
2009/C 211/05
A xestión dos biorresiduos na Unión Europea
Resolucións, recomendacións e dictames
DICTAMES
Comité das Rexións, 80º Pleno
2009/C 211/07
2009/C 211/07
Un nuevo impulso para deter a perda de biodiversidad
Resolucións, recomendacións e dictames
DICTAMES
Comité das Rexións, 80º Pleno
2009/C 211/06
Dictamen do Comité das Rexións «un nuevo impulso para deter a perda de biodiversidad»
DICTAMES
Comité das Rexións, 80º Pleno
2009/C 211/06
Dictamen do Comité das Rexións «un nuevo impulso para deter a perda de biodiversidad»
Subvencións a titulares de explotacións agrarias, que faciliten datos estatísticos e contábels
Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño
Subvencións
Orde ARM/2359/2009, do 29 de xullo, pola que se convocan, para o ano 2009, subvencións a titulares de explotacións agrarias, que faciliten datos estatísticos e contábels.
PDF (BOE-A-2009-14256 - 3 páxs. - 186 KB)
Subvencións
Orde ARM/2359/2009, do 29 de xullo, pola que se convocan, para o ano 2009, subvencións a titulares de explotacións agrarias, que faciliten datos estatísticos e contábels.
PDF (BOE-A-2009-14256 - 3 páxs. - 186 KB)
Obxecto: convocatoria para o ano 2009 das subvencións a titulares de explotacións agrarias que faciliten datos estadísticos e contables para a elaboración das operacións estadísticas con fins estatais de realización obrigatoria.
Contía: a contía máxima da subvención a percibir por colaborador será de 146 euros.
Destinatarios: agricultores cuxas explotacións agrarias posúan un volume de ventas medio anual superior a 18.000 euros e se encontren incluídas na mostra de calquera das oficinas contables.
Perceptores: pola distribución territorial para o ano 2009 correspóndelle a Galicia un número máximo de 400 beneficiarios
Entrada en vigor: a presente orde producirá efectos dende o día seguinte ó da súa publicación no BOE, e dicir, dende o 5 de setembro de 2009.
Subvencións no ano 2009, para a realización dun programa específico de formación e inserción laboral a favor das mulleres desempregadas do medio rural
Ministerio de Traballo e Inmigración
Subvencións
Resolución do 18 de xuño de 2009, do Servicio Público de Emprego Estatal, pola que se convocan subvencións no ano 2009, para a realización dun programa específico de formación e inserción laboral a favor das mulleres desempregadas do medio rural, con necesidades formativas especiales e con dificultades para a sús inserción ou recualificación profesional.
PDF (BOE-A-2009-14255 - 12 páxs. - 356 KB)
Subvencións
Resolución do 18 de xuño de 2009, do Servicio Público de Emprego Estatal, pola que se convocan subvencións no ano 2009, para a realización dun programa específico de formación e inserción laboral a favor das mulleres desempregadas do medio rural, con necesidades formativas especiales e con dificultades para a sús inserción ou recualificación profesional.
PDF (BOE-A-2009-14255 - 12 páxs. - 356 KB)
Obxecto: aprobación dunha convocatoria de subvencións para a realización dun programa dirixido a impulsar a creación e o mantemento do emprego das mulleres do medio rural e xerar competencias que permitan adaptarse aos novos requirimentos do sistema produtivo; así como a execución de proxectos de formación .
Accións subvencionables: as accións formativas e as prácticas profesionais non laborais incluídos nos tipos de proxectos seguintes:Concorrencia: as subvencións previstas nesta convocatoria poderán ser obxecto de cofinanciación polo Fondo Social Europeo.
- Proxectos formativos que teñan como obxectivo fomentar a realización de accións formativas dirixidas á inserción laboral, nas especialidades «Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais» e «Atención socio-sanitaria a persoas dependentes no domicilio», da familia profesional «Servizos Socioculturais e á Comunidade». Financiamento de ata o 40% do importe total.
- Proxectos formativos que teñan como obxectivo a realización de accións formativas para o fomento e posta en práctica de actividades relacionadas co turismo rural, a xestión medioambiental ou que activen o patrimonio natural e cultural do medio rural. Financiamento de ata o 20% do importe total.
- Proxectos formativos que teñan como obxectivo o desenrolo de actividades de formación tendentes á creación de empresas, de apoio ó autoemprego e xestión de cooperativas no medio rural. Financiamento de ata o 18% do importe total.
- Proxectos formativos que teñan como obxectivo a realización de accións formativas para a adaptación das mulleres aos novos requirimentos dos sistemas produtivos en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións. Financiamento de ata o 12% do importe total.
- Proxectos formativos que teñan como obxectivo a realización de accións formativas para a inserción laboral en novos filóns de emprego, como: agricultura e gandería ecolóxica, comercio artesanal a través de Internet e, educadoras para servizos de proximidade (escolas infantís, ludotecas e granxas escola). Financiamento de ata o 10% do importe total.
Ámbito: serán de aplicación nos términos municipais do medio rural, que estean integrados nas zonas rurais delimitadas e cualificadas como tales polas Comunidades Autónomas nos seus respectivos territorios,
Beneficiarias: poderán ser solicitadas por asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus fins a formación e inserción de colectivos de mulleres do ámbito rural, promover a igualdade das mulleres, mellorar a súa situación e facilitar a súa empregabilidade
Prazo de presentación das solicitudes: será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE, isto é dende o sábado 5 de setembro ata o xoves, 24 de setembro.
Premios do Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas 2009
Ministerio de Educación
Premios
Orde EDU/2358/2009, do 27 de xullo, pola que se adxudican os premios do Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas 2009.
PDF (BOE-A-2009-14254 - 2 páxs. - 172 KB)
Premios
Orde EDU/2358/2009, do 27 de xullo, pola que se adxudican os premios do Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas 2009.
PDF (BOE-A-2009-14254 - 2 páxs. - 172 KB)
Subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables de Galicia
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Resolución do 28 de agosto de 2009 pola que se amplía o prazo do artigo 18 da Resolución do 6 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables de Galicia correspondentes ao exercicio 2008, e ao abeiro dos convenios subscritos entre o IDAE e o Inega os días 2 e 3 de xullo de 2008.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17400D004P008.PDF
Relación de entidades beneficiarias das axudas relativas a accións formativas en materia agroforestal, por entidades de iniciativa social
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Resolución do 3 de agosto de 2009 pola que se lle dá publicidade á relación de entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para o desenvolvemento de accións formativas en materia agroforestal, por entidades de iniciativa social, dedicadas a fomentar a integración social e laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2009.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17400D003P007.PDF
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



