Páxinas

martes, 9 de febrero de 2010

Procedemento de concesión de axudas do Programa Nacional de Contratación e Incorporación de Recursos Humanos de Investigación

MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN

Axudas


Resolución de 5 de febreiro de 2010, da Secretaría de Estado de Investigación, pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2010 do procedemento de concesión de axudas do Programa Nacional de Contratación e Incorporación de Recursos Humanos de Investigación, no marco do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.

Ir ao arquivo en PDF


Colectivos, áreas prioritarias e contías cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nas accións de formación de demanda correspondentes ó exercicio 2010

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN

Subvencións

Resolución de 3 de febreiro de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se determinan os colectivos e áreas prioritarias, así como as contías cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nas accións de formación de demanda correspondentes ao exercicio 2010.

Ir ao arquivo en PDF

Colectivos e áreas prioritarias para o exercicio 2010:

Terán prioridade no acceso á formación de demanda os traballadores de pequenas e medianas empresas, as mulleres, as persoas con discapacidade, os maiores de corenta e cinco anos e os traballadores de baixa cualificación.


Subvencións públicas para a execución de plans de formación mediante convenios, dirixidos aos traballadores ocupados

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN

Subvencións


Resolución de 1 de febreiro de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se aproba a convocatoria para a concesión, con cargo ao exercicio presupostario de 2010, de subvencións públicas para a execución de plans de formación mediante convenios, de ámbito estatal, dirixidos prioritariamente aos traballadores ocupados, en aplicación da Orde TAS/718/2008, de 7 de marzo, pola que se regula a formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Ir ao arquivo en PDF


Publicidade