Páxinas

lunes, 3 de agosto de 2009

O Goberno aproba o decreto de medidas urxentes destinadas aos traballadores autónomos

A norma propicia tamén o emprego estable en cooperativas e sociedades laborais

31 xullo 09. O Consello de Ministros, en su reunión de hoxe, a proposta do ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, aprobou o Real Decreto de medidas urxentes de empregeo destinadas a traballadores autónomos e ás cooperativas e sociedades laborais.

Coa aprobación desta norma, dase resposta aos compromisos recollidos no Acordo firmado o 5 de maio polo ministro coas asociacións profesionais de traballadores autónomos UPTA, ATA y CEAT tras o diálogo mantido na Mesa do Traballo Autónomo.

A crise económica produciu no nuosoro país unha importante caída da actividade, afectou ao mercado de traballo en xeral e de igual modo aos sectores de traballo independiente, é dicir ao traballo autónomo. O colectivo de traballadores autónomos ten unha especial importancia no desenvolvemento da economía española e, por tanto, as dificultades polas que atravesa son merecedoras de especial atención e requiren, como no caso dos asalariados, medidas urxentes de emprego.

Asúmesmo, o Goberno considera conveninte propiciar o emprego estable en cooperativas e sociedades laborais, favorecendo a incorporación dos traballadores á condición de socios traballadores en ditas empresas participadas.

MEDIDAS URXENTES

En primeiro lugar, e con obxecto de favorecer a actividade emprendedora de mozos e mulleres, increméntase ata eo 80% o límite de pago único da prestación por desempego destinada a inversión para mozos de ata 30 anos de idade e de mulleres ata 35 anos que inicien unha actividade como traballadores autónomos.

Ademáis, para propiciar o acceso dos traballadores asalariados á condición de socios traballadores, e tendo en consideración que a maioría das empresas creadas polos traballadores, é dicir, cooperativas e sociedades laborais contaron para a súa creación có capital procedente da capitalización da prestación por desemprego, elimínase a limitación de ata 24 meses que asa agora teñen os asalariados para optar a ser socios traballadores da empresa.

Desta maneira, calquera traballador asalariado, independentemente do tempo que leve na empresa, poderá incorporarse como socio traballador e tamén as cooperativas e sociedades laborais mellorarán a súa capitalización.

Estas medidas terán unha vixencia ata o 31 de decembro de 2010, sen perxuízo dunha posible prórroga en función da avaliación da súa eficacia na creación de emprego.

Tamén, e con obxecto de favorecer a contratación indefinida do primeiro traballador autónomo bonificanse nun 50% as cotas da Seguridade Social durante 24 meses do primeiro traballador asalariado que contrate indefinidamente o autónomo. A vixencia desta medida finaliza o 31 de decembro de 2009.

Por outro lado cancélanse as débedas contraídas por cooperativas e sociedades laborais co FOGASA, resultado da crise dos anos 80 do pasado século.

Esta medida ten por obxecto sanear as contas das empresas cooperativas e sociedades laborais que se crearon coas aportacións realizadas polos traballadores con cargo aos recursos recibidos polo Fondo de Garantía Salarial, como compensación de indemnizacións non cobradas polos traballadores das empresas vinculadas á crise de aqueles anos.

Por último, e referente ao pago das prestacións por desempregeo en supostos de suspensión temporal da relación laboral., o Real Decreto fixa un coeficiente multiplicador de 1,25, para determinar os días de prestación que corresponde abonar da duración do dereito recoñecido en ditos casos.

dIRECTIVA relativa ao nivel sonoro nos oubidos dos conductores de tractores agrícolas ou forestais de rodas

DIRECTIVAS DO PARLAMENTO EUROPEO


Directiva sobre o dispositivo de dirección dos tractores agrícolas ou forestais de rodas

DIRECTIVAS DO PARLAMENTO EUROPEO


Bolsas dirixidas a estudantes de último curso de licenciatura e licenciados recentes

Ministerio de Ciencia e Innovación

Becas

Resolución do 8 de xullo de 2009, do Instituto de Astrofísica de Canarias, pola que se convocan bolsas dirixidas a estudantes de último curso de licenciatura e licenciados recentes, para a súa formación en diversas actividades prácticas relacionadas co ensino da astrofísica.

PDF (BOE-A-2009-12931 - 12 páxs. - 289 KB)

Bolsas para a realización de estudos de máster en universidades de Estados Unidos

Ministerio de Educación

Bolsas

Resolución do 15 de xullo de 2009, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se conceden bolsas para a realización de estudos de máster en universidades de Estados Unidos de América para o curso 2009-2010.

PDF (BOE-A-2009-12821 - 2 págs. - 186 KB)



Adxudicación de estancias de novos doutores estranxeiros

Ministerio de Educación

Axudas

Resolución do 24 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se autoriza a prolongación dunha estancia concedida por Resolución de 27 de xullo de 2007, pola que se adxudican estancias de novos doutores estranxeiros en universidades públicas e centros de investigación españois.

PDF (BOE-A-2009-12820 - 1 páx. - 170 KB)


Publicidade