Páxinas

martes, 13 de octubre de 2009

Axudas do Igape para a contratación de xestores de exportación

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Corrección de erros.-Resolución do 7 de setembro de 2009 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores de exportación.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20000D009P028.PDF

Axudas pola que se convocan axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Resolución do 18 de setembro de 2009 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008, pola que se convocan axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20000D008P027.PDF

Subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Corrección de erros.-Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20000D007P026.PDF

Modificación das as bases reguladoras para a concesión das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 29 de setembro de 2009, de modificación do artigo 17 do anexo I da orde da Consellería de Innovación e Industria, do 31 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 17 de febreiro de 2009), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Código de procedemento IN201G).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20000D006P026.PDF

Subvencións aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para o desenvolvemento de actividades deportivas

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 28 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación de xustificación establecido na Orde do 13 de marzo de 2009 pola que se regula o réxime de concesión de subvencións aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2009, e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20000D005P025.PDF

Publicidade