Javier Guerra recorda que o Igape “ten cartos dispoñibles” para apoiar aos emprendedores nas súas inversións
A Consellería de Economía e Industria invita aos emprendedores galegos a presentar os seus proxectos empresariais para poder apoialos economicamente a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que está a incentivar e apoiar aos representantes do tecido productivo galego que deciden facer novos investimentos. O departamento que dirixe Javier Guerra considera que este é un bo momento para investir porque a Xunta “ten cartos dispoñibles” para apoiar economicamente novos plantexamentos empresariais que axuden mellorar a economía galega.
O Igape ten aumentado sensiblemente a axilidade na xestión das solicitudes de axuda no último trimestre de 2009, de xeito que neste período elevouse en 2,85 puntos a velocidade de xestión destas peticións con respecto ao mesmo período do ano anterior. Esta axilidade prodúcese, ademais, cando entre maio a xullo de 2009 aumentaron as peticións de axuda nun 560% en comparación co mesmo período de 2008, e se resolveron un 1.592% máis de solicitudes que no último trimestre do ano pasado.
As necesidades económicas das empresas teñen mudado nos últimos meses debido á actual conxuntura económica, xa que agora os emprendedores demandan fundamentalmente axudas que lles permitan acceder e facer fronte aos créditos bancarios, e por este motivo reducíronse as peticións de apoio aos investimentos empresariais nos últimos meses.
De feito, as peticións de axudas ao circulante das empresas, adicadas ao saneamento financeiro das mesmas, teñen aumentado un 2.403% neste trimestre, unhas solicitudes que se traducen en préstamos subvencionados por valor de 141,8 millóns de euros.
Por outra parte, as liñas de axuda de Emprendedores e Internacionalización tamén subiron neste último trimestre, o que demostra que a xestión e a oferta de apoios económicos do Igape é unha ferramenta eficaz para os emprendedores galegos, e un apoio importante á hora de facer fronte ás súas dificultades económicas e de avalar novas ideas e proxectos que podan mellorar a marcha da nosa economía.
@xosse: xestor e asesor en desenvolvemento sostible e responsabilidade social corporativa. Dirección de persoal; asesoría laboral e políticas de emprego | #RSC #RRHH #TEDL
lunes, 24 de agosto de 2009
Economía e Industria mobiliza préstamos subsidiados e avalados por importe de 15 millóns de euros para apoiar investimentos de novas pemes
Economía e Industria mobiliza préstamos subsidiados e avalados por importe de 15 millóns de euros para apoiar investimentos de novas pemes e microempresas no marco do Plan re-imaXina
O departamento que dirixe Javier Guerra busca deste xeito facilitar o acceso ao crédito aos emprendedores para que poidan impulsar novos investimentos
Os préstamos contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca que cubrirá o 80% do importe e as entidades financeiras non poderán requirir garantías adicionais
Os xuros efectivos para os beneficiarios, que serán fixos para microempresas e referenciados ao euríbor nas liñas para novas pemes e pemes competitivas, estarán arredor do 3%
No que vai de ano, o programa financeiro do Igape fixo posible a concesión de préstamos por importe de 280 millóns de euros, fronte aos 47 millóns de euros mobilizados no mesmo período do ano anterior
Habilitar préstamos subsidiados e avalados por un importe de ata 15 millóns de euros para apoiar o financiamento dos investimentos impulsados por novas pemes, para pemes que queren medrar ou renovarse para mellorar en competitividade ou para microempresas galegas, é o obxectivo do programa que vai poñer en marcha a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica. Este novo instrumento financeiro xúntase aos xa existentes no Instituto, que fixeron posible a concesión de préstamos a empresas por importe de 280 millóns de euros no que vai de ano, fronte aos só 47 millóns concedidos no mesmo periodo de 2008.
O Plan re-imaXina facilitará a concesión polas entidades financeiras de préstamos por importe de ata 15 millóns de euros, eliminando dous dos atrancos que adoitan dificultar o acceso das empresas de menos dimensión –microempresas, autónomos e emprendedores- ao financiamento, as garantías e os custos de xestión. O xuro efectivo para os beneficiarios destes préstamos avalados roldará o 3%. As bases desta nova liña financeira publicáronse no DOG o día 30 de xullo e a presentación de solicitudes estará aberta ata o próximo 30 de decembro.
As microempresas e pemes beneficiarias deste programa de apoio impulsado polo Instituto que preside o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, poderán dispoñer de préstamos que contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca (SGR) polo 80% do importe do financiamento. Nin as entidades financeiras nin as SGR poderán requirir dos solicitades máis garantías adicionais que as persoais dos promotores da actividade empresarial. Os beneficiarios tampouco deberán pagar á entidade financeira ou SGR correspondente ningún outro custo derivados da operación acollida a esta liña.
As achegas do Igape fan posible que os xuros dos préstamos concedidos polas entidades financeiras ao amparo deste programa serán fixos, do 3,14%, no caso dos destinados a microempresas. Os préstamos para novas pemes e pemes competitivas serán variables e estarán referenciados ao euríbor a seis meses máis; en 2009, o xuro efectivo dos préstamos concedidos nestas dúas liñas será do 2,98%.
Os préstamos concedidos ao abeiro destas bases e no marco do correspondente convenio que o Igape asinou coas entidades financeiras adheridas e ás sociedades de garantía recíproca que operan en Galicia terán un prazo de amortización de ata 5 anos, no caso da liña para as microempresas, e de 5 a 7 anos nos concedidos nas liñas para novas pemes e pemes competitivas. En todos os casos, os prazo poderán incluir ata 1 ano de carencia na amortización do capital.
Flúe o financiamento
Durante os sete primieros meses de 2009, o Instituto Galego de Promoción Económica concedeu apoio a un total de 3.242 solicitudes de apoio empresarial, fronte ás 953 solicitudes atendidas positivamente no mesmo periodo do ano anterior.
O incremento máis significativo rexistrouse no programa financeiro, onde se pasou de 599 proxectos aprobados nos sete primeiros meses de 2008 a 2.442 no mesmo periodo de 2009, debido sobre todo á posta en marcha da liña para o financiamento de circulante e refinanciamento de pasivos das empresas en dificultades. Se entre xaneiro e xullo de 2008 se habilitaron préstamos subsidiados por importe de 47 millóns de euros ao amparo do programa financeiro do Igape, no que vai de 2009 superouse xa a cifra de 280 millóns.
Tamén se incrementou a demanda e o nivel dos apoios concedidos polo Igape no marco dos seus programas orientados a favorecer a mellora da produtividade e a competitividade das pemes. De 177 proxectos apoiados nos sete primeiros meses de 2008 pasouse a 319 proxectos no que vai de 2009; ás subvencións destinadas a apoiar esas iniciativas empresariais pasaron de 1,4 millóns de euros en 2008 a 2,48 en 2009.
Do mesmo xeito, medrou de xeito significativo o número de iniciativas apoiadas para favorecer a internacionalización das empresas galegas. Así, dos 88 proxectos apoiados neste eido entre xaneiro e xullo de 2008 pasouse a 175 no mesmo periodo deste ano.

Subvencións nas áreas de servizos sociais, familias e infancia, correspondente ao ano 2009.
Ministerio de Sanidade e Política Social
Subvencións
Resolución do 31 de xullo de 2009, da Secretaría General de Política Social y Consumo, pola que se convocan subvencións nas áreas de servizos sociais, familias e infancia, correspondente ao ano 2009.
PDF (BOE-A-2009-13773 - 8 páxs. - 307 KB)

Aproximación das lexislacións dos Estados membros relativas aos equipos de protección individual
Informacións da Comisión da Unión Europea
Corrección de erros da comunicación da Comisión no marco da Directiva 89/686/CEE do Consello, do 21 de decembro de 1989, sobre aproximación das lexislacións dos Estados membros relativas aos equipos de protección individual (DOC 126 de 5.6.2009) 2009/C 198/07
Relacionada con:
Comunicación de la Comisión en el marco de la aplicación de la Directiva 89/686/CEE del Consejo, de 21 de diciembre de 1989, sobre aproximación de las legislaciones de los Estados Miembros relativas a los equipos de protección individual (Publicación de títulos y referencias de normas armonizadas conforme a la directiva)

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)