Páxinas

viernes, 27 de noviembre de 2009

Axudas de carácter extraordinario a traballadoras/es afectados por situacións de especial dificultade consecuencia de procesos de reestruturación

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 10 de novembro de 2009 pola que se regulan e convocan para 2009 axudas de carácter extraordinario a traballadores e traballadoras afectados por situacións de especial dificultade como consecuencia de procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que supoñan a extinción dos seus contratos.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23300D013P028.PDF

Obxecto:

Esta orde ten por obxecto outorgar axudas, en concorrencia competitiva, de carácter extraordinario en procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que puidesen levar consigo o cesamento total ou parcial das súas actividades.

A finalidade é axudar a traballadores e traballadoras destas empresas que, como consecuencia destes procesos, se atopan en situacións de urxencia e necesidade sociolaboral e, ao mesmo tempo, contribuír ao mantemento do emprego naqueles supostos en que sexa posible.

A extinción dos contratos de traballo dos posibles beneficiarios deben derivar de expedientes de regulación de emprego autorizados pola autoridade laboral competente ao abeiro do disposto no artigo 51 do Estatuto dos traballadores.

Beneficiarios:

Serán beneficiarios os traballadores e traballadoras que reúnan os requisitos e obrigas establecidos nesta orde, e deberán cumprir, en todo caso, as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Así mesmo, non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas nas que concorran algunha das prohibicións previstas no artigo 10,agás a 10.2º b), da referida Lei 9/2007. Estes compromisos quedarán reflectidos na declaración incluída no impreso de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 28 de decembro de 2009


Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre formación e información de coidadores

Ministerio de Sanidad e Política Social

Personas en situación de dependencia

Resolución do 4 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre criterios comúns de acreditación en materia de formación e información de coidadores non profesionais.

Ir ao arquivo en PDF

Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre obxectivos e contidos comúns de información

Ministerio de Sanidad e Política Social

Persoas en situación de dependencias

Resolución do 4 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre oxetivos e contidos comúns da información do Sistema de información do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

Ir ao arquivo en PDF

Publicidade