Páxinas

lunes, 20 de julio de 2009

A UPDINTEGROU asistiu á presentación do “II Titorial para a Busca de Emprego"

A UPD INTEGROU promovida pola entidade ASPANAS e subvencionada pola Consellería de Traballo, asistiu á presentación do “II Titorial para a Busca de Emprego”.

Dita presentación levouse a cabo o día 15 de Xullo na sede do Telecentro de Ourense, tendo como temática principal como buscar emprego por internet. Este titorial englóbase no marco da campa ña Comunícate, que a Secretaría Xeral de Medios desenvolve para dar a coñecer a Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (RTC).

O programa multimedia está formado por doce titoriais interactivos co obxectivo común da facilitar ao usuario o coñecemento e uso das Novas Tecnoloxías no ámbito da comunicación.

Os titoriais, desenvoltos en Flash, están pensados para un público con escasos coñecementos informáticos e tratarán sobre distintos temas relacionados co mundo das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación e cos distintos servizos e oportunidades que a rede ofrece na actividade diaria da cidadanía: o acceso á banca electrónica, a administración electrónica, a formación on-line, as redes sociais.

Os contidos tratados na presentación deste segundo tutorial foron de moi diversas temáticas entre as cales podemos destacar as seguintes:

En primeiro lugar o coñecemento da rede de Telecentros de Galicia e a súa oferta a calquera que necesite os seus servizos. Entre os que podemos destacar a facilidade para a busca de emprego, a realización de presentacións, charlas e calquera outro tipo de actividade que precise estes medios informáticos para facer mais doada a súa implementación. Tamén se fixo especial mención ás facilidades que podemos ter calquera de nós a hora de buscar traballo no estranxeiro, por medio da colaboración de axentes de emprego que traballan conxuntamente cos que realizan a súa laboura na nosa comunidade. Este tipo de consulta ou tramitacións pódense levar a cabo mediante a rede EURES

Sobre a Orientación Laboral informouse aos asistentes do Servicio Galego e os recursos que nesa páxina podemos atopar, que versan dende a busca de traballo, como facer un currículo e todo o referente as relacións laborais. Podemos atopar esta información na páxina que aquí se enlaza.

Así mesmo indicouse as novas melloras na páxina da Xunta de Galicia para axilizar tramites que permiten pasar a revista do paro online.

Outra das cuestións tratadas, a petición dos asistentes, foi a posibilidade e as facilidades de retorno para aquelas persoas que tiveron que emigrar fora de Galicia anos atrás.

No marco da busca de emprego a través de internet falouse da importancia de portais especializados en ofertas e a súa forma de xestionar as ofertas de emprego recibidas por parte de empresas que buscan nestas bases de datos ós seus posibles traballadores.

Así mesmo encárganse de xestionar a entrada dos currículos e facer a selección axeitada para o posto que demanda a empresa. Unha das vantaxes de entrar a formar parte destas bases de datos e que che permite que o teu currículo chegue ao maior número de empresas e ofertas posibles.

A busca de emprego é extensible ás bolsas de emprego ofertadas polas comunidades autónomas e mesmo nos propios concellos así como nas propias empresas ou consultoras. Mencionouse como substituto do xeito habitual de busca de emprego o “boca a boca” o emerxente número de redes sociais nas que se entra en contacto con milleiros de persoas que sexan posibles informadores de ofertas de emprego xa que hoxe en día case todo o mundo coñece a súa existencia.

A xeito de resumo ou conclusión podemos dicir que as Novas Tecnoloxías favorecen a incorporación dos demandantes de emprego no mercado de traballo, e que a facilidade para entrar en contacto con oficinas de emprego, empresas, formación, axudas e subvencións aporta unha maior eficacia na nosa busca diaria dun posto de traballo que se axeite as nosas necesidades.

O Goberno aproba 28 novos certificados de profesionalidade

O Consello de Ministros, na súa reunión do17 xullo, coa proposta do ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, aprobou dez Reais Decretos que inclúen 28 novos certificados de profesionalidade, que son as acreditacións das competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividad laboral.

Os certificados de profesionalidade e a súa formación asociada ten como obxectivo dar resposta ás necesidades da sociedade do coñecemento, baseada na competitividade, a empregabilidade, a mobilidade laboral e o fomento da cohesión e a inserción laboral. A súa expedición corresponde á Administración competente, con carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Ditos certificados acreditan as capacidades profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral obtidas ben a través de acións de formación ou polo procedimento de avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas mediante a experiencia laboral ou vías non formais de formación. Potencialmente poderíanse presentar ata 10 millóns de traballadores. Estes 28 novos certificados estructúranse nas seguintes familias profesionais: Artes gráficas (2 certificados), Administración e xestión (5), Actividades físicas e deportivas (1), Agraria (5), Electricidade e electrónica (3), Enerxía e auga (1), Edificación e obra civil (3), Fabricación mecánica(4), Industrias extractivas (3), Informática e comunicacións (1). Os certificados de profesionalidad pódense cursar nos centros acreditados para iso pola administración laboral.

Para a elaboración destes certificados tivéronse en conta os seguintes criterios:
  • Incidencia económica destes sectores produtivos no mercado laboral.
  • Demanda de traballadores cualificados e ausencia de oferta formativa, ou ben que dita Oferta non responda ás necesidades reais do mercado laboral.
  • Inclusión de niveis 1 de cualificación profesional na oferta formativa da formación para o emprego.
  • Surximento de actividades laborais ligadas á Lei 39/2006 do 14 de decembro de promoción da autonomía personal e atención ás persoas en situación de dependencia.
  • Aparición de actividades laborais ligadas á Lei 45/2007 do 13 de decembro, para o desenvolvemento sostible do medio rural.
  • Establecemento de formación asociada a actividades laborais relacionadas co desenvolvemento sostible do medio ambiente, o patrimonio natural e a biodiversidade
  • Desenvolvemento de áreas profesionais completas dentro das familias, de modo que se poida tratar con coherencia a transversalidad na formación.

Economía e Industria impulsa proxectos nos eidos da innovación orientada á mellora competitiva dos emprendedores

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), vai destinar 500.000 euros a incentivar a realización de eventos para difundir a innovación e as ferramentas de competitividade, para organizar encontros entre emprendedores e business angels ou para organizar en Galicia eventos expositivos de carácter internacional. A convocatoria destas axudas, destinadas e organizacións empresariais e organismos intermedios con actividade orientada aos empresarios, ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Igape a proxectos colaborativos, vén de publicarse no DOG (14-07-09); o prazo de presentación de solicitudes, que se resolverán en réxime de concorrencia competitiva, remata o próximo 24 de agosto. As axudas convocadas apoirán, por unha parte, a realización en Galicia de xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos núcleos da innovación orientada á mellora competitiva ou ao aprendizaxe. Do mesmo xeito, o Igape subvencionará a realización en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados, e o desenvolvemento en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional. Todos os eventos ou encontros desenvolvidos ao amparo desta convocatoria deberán realizarse antes do 31 de decembro deste ano.

Axudas para o MAB

Por outra banda, o Igape vén de publicar unha nova convocatoria de axudas destinadas a facilitar o diagnóstico empresarial das empresas galegas cara o seu posible acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB). A presentación das solicitudes de axuda ao abeiro desta convocatoria, dotada cunha partida de 300.000 euros, rematará tamén o próximo 24 de agosto, e a resolución farase igualmente polo sistema de concorrencia competitiva. Ata o momento, no marco de convocatorias precedentes, un total de 16 empresas obtiveron apoio do Instituto para estudar a súa posible incorporación a este mercado bolsista.

Axudas a entidades e organizacións non gubernamentais de ámbito estatal para a realización de actividades privadas relacionadas co Patrimonio Natural

Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino

Subvencións

Orde ARM/1935/2009, do 8 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades e organizacións non gubernamentais de ámbito estatal para a realización de actividades privadas relacionadas cos principios inspiradores da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, e coas finalidades da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de Montes.

PDF (BOE-A-2009-12044 - 29 páxs. - 534 KB)




Subvencións para a cooperación interuniversitaria con Brasil

Ministerio de Educación

Subvencións

Orde EDU/1927/2009, do 26 de xuño, pola que se convocan subvencións para a cooperación interuniversitaria con Brasil.

PDF (BOE-A-2009-11992 - 22 páxs. - 390 KB)


Axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 16 de xullo de 2009 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2009, convocadas pola Orde do 11 de decembro de 2008.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 14000D009P018.PDF

Subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 15 de xullo de 2009 pola que se modifica a Orde do 23 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 14000D008P018.PDF

Axudas para o financiamento dos xuros de préstamos destinadas ao alumnado universitario galego

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 10 de xullo de 2009 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria pública de axudas para o financiamento dos xuros de préstamos destinadas ao alumnado universitario galego interesado en solicitar créditos bancarios para o financiamento dos seus estudos ou prorrogar os concedidos na convocatoria anterior.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 14000D007P011.PDF

Publicidade