Páxinas

lunes, 10 de agosto de 2009

Traballo financia con 9,2 millóns a contratación de 375 axentes de emprego para dinamizar o mercado laboral

Estes profesionais, xunto coas súas unidades de apoio, colaborarán na implantación de políticas activas de emprego e promoverán a cultura emprendedora

A Consellería de Traballo e Benestar financia, cun total de 9,2 millóns de euros, a contratación de 375 axentes de emprego e unidades de apoio co fin de dinamizar o mercado laboral, implantar políticas activas de emprego e promover a cultura emprendedora.

En concreto, as entidades beneficiarias destas subvencións son as administracións públicas, distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro. Así, entre as 211 entidades que poderán contar con axentes de emprego están asociacións empresariais, cámaras de comercio, universidades ou sindicatos.

A resolución destas axudas será comunicada ao longo dos próximos días a todos os beneficiarios o que permirtirá iniciar as contratacións.

A función principal dos axentes de emprego consiste en colaborar na implantación de políticas activas de emprego. Deste xeito, xestionarán axudas para favorecer o emprego –especialmente de cara aos colectivos con máis dificultades-, informarán ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade ou promoverán a cultura emprendedora e os proxectos de autoemprego individual.

Tamén comunicarán e facilitarán o acceso ás axudas á formación, ou traballarán na identificación das necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo.

Para levar a cabo a súa labor, poderán contar con unidades de apoio, que serán coordinadas por eles, compostas polo persoal necesario para prestarlles asistencia. De feito, as subvencións financiarán os custos salariais e da Seguridade Social tanto dos axentes de emprego como das unidades de apoio.

En total, dos 375 traballadores que se contratarán a través destas axudas, 294 son axentes de emprego e 41 son persoal das unidades de apoio. Ademais, os 9,2 millóns permitirán prorrogar un total de 295 contratacións xa vixentes –das 375-, que se suman ás 80 novas contratacións.


Subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 15500D008P029.PDF

Subvencións a Concellos con destino ao apoio ás festas populares

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 3 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Procedemento CT982D).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 15500D007P019.PDF

Publicidade