Páxinas

viernes, 25 de junio de 2010

Bases reg. para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 18 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (IN828A-presentación electrónica).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 12000D004P032.PDF

Obxecto das subvencións:

  1. Sensibilizar e mobilizar as empresas, especialmente as pemes, acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha xestión sistemática e profesionalizada desta.
  2. Ensaiar e implantar procedementos de sistematización dos procesos de innovación nas empresas que redunden nunha maior eficacia deles.
  3. Desenvolver dinámicas de utilización continuada de servizos externos para a xestión da innovación como unha actividade habitual da empresa.
  4. Fomentar o desenvolvemento dunha cultura e estrutura empresarial proclives á innovación.
  5. Fomentar a cooperación entre axentes do sistema de innovación:
  • Favorecendo o traballo conxunto de distintos axentes do Sistema Galego de Investigación e Innovación, o seu mutuo coñecemento e o desenvolvemento de actividades en cooperación especialmente coas pemes ou colectivos de pemes con axentes xeradores de coñecemento.
  • Contribuíndo á xeración de proxectos de I+D+i e en particular de proxectos de colaboración.

Actuacións subvencionables:


Modalidade A:

Xornadas, seminarios e obradoiros sobre a importancia da innovación e a súa aplicación sistemática e profesionalizada.

Modalidade B:

Accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais de ámbito xeográfico e/ou sectorial e proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en pemes


Gastos subvencionables:


Modalidade A:

A-1. Pagamentos a conferenciantes que, en todo caso, serán persoas físicas que se deberán identificar ou, cando menos, o seu perfil. Tamén se deberá detallar o número de horas da súa intervención. O aboamento deste concepto poderá facerse por dous sistemas: mediante pagamento directo ao conferenciante ou mediante factura da entidade na que traballa. Neste último caso na factura emitida pola entidade deberá quedar perfectamente constatado que o destinatario dos fondos é a persoa que impartiu a conferencia.

A-2. Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento de conferenciantes. Cando se conte con conferenciantes de fóra de Galicia, deberase xustificar a oportunidade destas intervencións e a singularidade do perfil dos relatores. As facturas de gastos por este concepto deberán indicar, cando menos, a persoa que realizou a viaxe e os conceptos incluídos.

A-3. Aluguer de salas e/ou instalacións precisas para o correcto desenvolvemento da actuación proposta. En ningún caso se aceptarán por este concepto facturas da mesma entidade polo uso das súas propias salas e/ou instalacións.

A-4. Dedicación de persoal propio da entidade solicitante. O custo por este concepto non poderá superar o 20% do orzamento total da acción. Dentro deste concepto deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o seu desempeño. As taxas horarias do persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.

A-5. Investimentos realizados para a difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver (documentación que se entregará nos seminarios, folletos de promoción etc.). Non se poderá imputar por este concepto máis dun 10% da subvención concedida.


Modalidade B:

B-1. Gastos de persoal propio ou contratado dedicado directamente ás actuacións do proxecto que se presente. En caso de persoal propio deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o desempeño destas tarefas. As taxas horarias do persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.

B-2. Gastos de asesoría, consultoría, titoría ou formación realizados por entidades consultoras externas.

B-3. Investimentos realizados para a difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver (documentación que se entregará nos seminarios, folletos de promoción etc.). Non se poderá imputar por este concepto máis dun 10% da subvención concedida.


Nova relacionada: Traballo inviste 2,7 millóns de euros en fomentar o emprego en empresas de economía social e en promocionar o cooperativismo

Publicidade