Páxinas

miércoles, 6 de enero de 2010

Guía de Dereitos para as persoas con Discapacidade

GUÍA DE DEREITOS PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Traballo destina 6,3 millóns de euros a ampliar a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local



Santiago, 6 de xaneiro de 2010.- Os concellos galegos veñen de recibir da Consellería de Traballo e Benestar en torno a 6,3 millóns de euros para financiar a contratación de 288 Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) nas distintas comarcas da xeografía galega.

Os axentes de emprego constitúen un instrumento para promover a implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no contorno local e rural, configurándose deste xeito como verdadeiros impulsores do desenvolvemento local nos seus territorios, especialmente nas zonas rurais.

Con esta iniciativa, que se inscribe na vontade da Xunta de Galicia de propiciar a colaboración permanente cos concellos, universidades e entidades sen ánimo de lucro no fomento das políticas activas de emprego, a Consellería de Traballo e Benestar da un paso máis no impulso da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia que conta xa con preto de 600 técnicos.

A misión destes profesionais é a de dinamizar o desenvolvemento económico e o emprego nos seus territorios promovendo a creación e consolidación de iniciativas emprendedoras, potenciando o autoemprego e as empresas de economía social, así como inserción laboral dos desempregados da nosa Comunidade Autónoma.

Este técnicos configúranse como o punto de referencia en materia de emprego para todas as persoas que habitan no territorio onde eles actúan. Como coñecedores das necesidades e potencialidades da zona concreta na que traballan, teñen entre as súas tarefas a estimulación da actividade empresarial, animando aos emprendedores e asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira dos proxectos empresariais.

A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia, como infraestructura especializada na promoción do emprego, adquire precisamente o seu maior potencial, grazas á súa distribución por todo o territorio da Comunidade Autónoma. Sen embargo, esta vantaxe estratéxica precisa de canles de comunicación axeitadas que confiran fluidez ao intercambio de experiencias e de información interna, para convertir en sinerxias colectivas o traballo individual realizado por cada técnico.

Nesta liña, a Consellería de Traballo e Benestar co obxecto de mellorar as vías de comunicación entre e cos membros da Rede, e, contando, coa colaboración do IGAPE e o BIC-Galicia, vén de poñer en marcha unha plataforma informática dirixida á toda a Rede, que sirva como ferramenta de traballo e vehículo de comunicación de experiencias e boas prácticas de busca de novos xacementos de emprego e de reactivación das economías locais.

Publicidade