Páxinas

lunes, 30 de noviembre de 2009

Subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Resolución do 26 de novembro de 2009 na cal se acorda ampliar o prazo disposto no artigo 6 da Resolución do 21 de outubro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009, e ao abeiro do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23400D009P027.PDF

Amplíase ata o día 11 de decembro de 2009 o prazo para a presentación das solicitudes relativas aos proxectos de aforro e eficiencia enerxética a que se refire o artigo 6 da Resolución do 21 de outubro de 2009

Enlace relacionado:

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto Enexético de Galicia (Inega) o día 3 de xullo de 2009.


Subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables de Galicia correspondentes ao exercicio 2009

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Resolución do 26 de novembro de 2009 na cal se acorda ampliar o prazo disposto no artigo 6 da Resolución do 21 de outubro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables de Galicia correspondentes ao exercicio 2009, e ao abeiro do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 18 de maio de 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23400D008P026.PDF


Amplíase ata o día 11 de decembro de 2009 o prazo para a presentación das solicitudes relativas aos proxectos de aforro e eficiencia enerxética a que se refire o artigo 6 da Resolución do 21 de outubro de 2009

Enlace relacionado:

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) o día 18 de maio de 2009.


Aprobación do Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu Consello Regulador

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 24 de novembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu Consello Regulador.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23400D007P016.PDF

Bases reguladoras da concesión de axudas ao persoal de transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade

Ministerio de Fomento

Axudas


Orde FOM/3218/2009, do 17 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas ao persoal de transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade.


Ir ao arquivo en PDF

Obxecto:

Establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a fomentar o abanono da profesión dos transportitas en idade avanzada do sector do transporte público por estrada.

Requisitos:

-Ter unha idade superior ou igual a cincuenta e oito anos ou ter declarada unha incapacidade permanente absoluta ou total para o desempeño da profesión habitual de transportista.

-Ser titular, no momento da solicitude dunha autorización vixente de transporte público de mercadorías ou de viaxeiros en autobús cun máximo de tres copias.

-Ser titular, de forma ininterrompida durante o dez últimos anos, dunha das autorizacións contempladas no apartado anterior.

-Estar dados de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social o últimos dez anos de forma ininterrompida, permitíndose unicamente unha soa interrupción por un prazo que non supere tres meses.

-Comprometerse a abandonar a actividade de transporte público.

-Non desaproveitar outras axudas polo abandono da actividade que lle foron outorgadas polo Ministerio de Fomento no tres anos anteriores.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de decembro de 2009


Axudas para o desenvolvemento de Plans de Formación Continua no ámbito da Administración Local

Ministerio da Presidencia

Axudas

Resolución do 18 de novembro de 2009, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de Plans de Formación Continua no ámbito da Administración Local, convocadas mediante Resolución do 17 de decembro de 2008.

Ir ao arquivo en PDF

Publicidade