Páxinas

miércoles, 7 de octubre de 2009

Boletín para Pemes e Autónomos, número 13

outubro, boletín numero trece

Axudas destinadas ás explotacións gandeiras, as industrias agroalimentarias

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 1 de outubro de 2009 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 4 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, as industrias agroalimentarias e os establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e se convocan para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19700D004P010.PDF

Ampliación da duración do permiso de paternidade nos casos de nacemento, adopción ou acollida

Xefatura do Estado

Igualdade de xénero

Lei 9/2009, do 6 de outubro, de ampliación da duración do permiso de paternidade nos casos de nacemento, adopción ou acollida.

PDF (BOE-A-2009-15958 - 3 páxs. - 171 KB)


Modificación do artigo 48 bis do Estatuto dos traballadores: ampliación do prazo que da dereito ao traballador á suspensión do contrato, pasando dos trece días ininterrompidos as catro semanas, nos supostos do nacemento dun fillo, adopción, adopción ou acollemento.

Modificación da Lei de Medidas para la Reforma de la Función Pública: amplíase o prazo que da dereito ao funcionario que sexa pai a desfrutar dun permiso de quince días ata as catro semanas polo nacemento, acollemento, ou adopción dun fillo.

Modificación da lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes: Suprímese a disposición transitoria novena relativa a ampliación da suspensión do contrato de traballo, pola cal o Goberno ampliará de forma progresiva e gradual, a duración da suspensión do contrato de traballo por paternidade, ata acadar o obxectivo de 4 semanas deste permiso de paternidade aos 6 anos da entrada en vigor da presente Le, posto que xa se ven lograr.

Entrada en vigor: a partir do 1 de xaneiro do 2011.


Informe Especial no 11/2009 «Sostenibilidade dos proxectos LIFE-Natureza e a súa xestión pola Comisión»

TRIBUNAL DE CUENTAS

Informe Especial no 11/2009 «Sostenibilidade dos proxectos LIFE-Natureza e a súa xestión pola Comisión», 2009/C 240/04

Publicidade