Decreto 412/2009, do 12 de novembro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas anciás e enfermas incapacitadas para o traballo beneficiarias de axudas periódicas individualizadas e a favor de persoas con discapacidade beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23200D001P006.PDF
Obxecto:Este decreto ten por obxecto o establecemento de axudas sociais extraordinarias a favor dos beneficiarios e beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, do Fondo Nacional de Asistencia Social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM).Beneficiarios:
Serán beneficiarios e beneficiarias destas axudas sociais de carácter extraordinario as persoas que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva, do Fondo Nacional de Asistencia Social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM), en que concorran os seguintes requisitos:a) Estar en situación de alta na data de entrada en vigor deste decreto.b) Ter a residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

