Páxinas

lunes, 7 de septiembre de 2009

Axudas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Orde do 17 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2009 axudas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17500D003P020.PDF

Beneficiarios : As empresas prestadoras de servizos de transporte público regular permanente de viaxeiros de uso xeral suxeitas a concesión administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Actuacións subvencionables:

- A adquisición de vehículos destinados ao transporte interurbano colectivo e de capacidade superior a nove prazas, incluído o condutor, que reúnan as seguintes condicións:

a) Que estean adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.

b) Os vehículos deberán ser adquiridos durante o ano 2009.

- A adquisición mediante arrendamento financeiro (leasing), mais neste caso a subvención cubrirá unicamente os gastos de capital que se realicen durante o ano 2009.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 9 de outubro de 2009


Convocatoria de trinta prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 28 de agosto de 2009 pola que se fai pública a convocatoria de trinta prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17500D005P032.PDF

Subvencións en réxime de concesión directa dirixidas aos traballadores e ás traballadoras en situación de desemprego para facilitar a súa mobilidade

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 26 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións en réxime de concesión directa dirixidas aos traballadores e ás traballadoras en situación de desemprego para facilitar a súa mobilidade xeográfica e a súa participación en accións de orientación con cargo ao Plan extraordinario de orientación, formación profesional e inserción laboral.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17500D007P036.PDF

Liña 1 -Subvencións durante o proceso de procura de emprego:
Finalidade: A finalidade destas subvencións é reforzar e facilitar a dedicación dos traballadores/as desempregados/as durante o proceso de desenvolvemento do seu itinerario personalizado de inserción e de procura de emprego, compensando os gastos que se puidesen xerar neste proceso.

Beneficiarios:

- Que sexan desempregados/as rexistrados/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.

- Que teñan experiencia laboral e graves problemas de empregabilidade.

- Que participen en accións de orientación.

- Que no seu itinerario personalizado de inserción se determine a necesidade de participar en grupos específicos de procura de emprego que impliquen a súa dispoñibilidade e especial dedicación para a súa presentación a ofertas de emprego e participación nas demais actuacións dirixidas a lograr a súa inserción no mercado de traballo.

- Que non sexan beneficiarios/as de ningún tipo de prestación ou subsidio por desemprego, renda agraria ou renda activa de inserción.

- Que carezan de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) mensual vixente en cada momento.
Liña 2- Subvención para facilitar a mobilidade xeográfica:

Finalidade: Facilitar a contratación estable dos/das traballadores/as desempregados/as rexistrados/as no Servizo Público de Emprego de Galicia suxeitos a un itinerario personalizado de inserción, cando esta contratación implique desprazamentos e traslado de residencia dentro do territorio español.

Beneficiarios:
Os/as traballadores/as desempregados/as cuxa contratación implique mobilidade xeográfica.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 10 de decembro de 2009



Axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e ás traballadoras desempregrados/as


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Orde do 27 de agosto de 2009 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e ás traballadoras desempregrados/as na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2009, convocadas pola Orde do 11 de decembro de 2008.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17500D008P044.PDF

Axudas establecidas nas ordes de convocatoria para o ano 2009 reguladoras dos incentivos ao autoemprego e á contratación por conta allea


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Orde do 28 de agosto de 2009 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas nas ordes de convocatoria para o ano 2009 reguladoras dos incentivos ao autoemprego e á contratación por conta allea, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17500D009P044.PDF

Axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 31 de agosto de 2009 pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2009 as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 17500D010P047.PDF

Finalidade: Fomentar a participación dos agricultores e gandeiros nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, que poñan en valor a produción de alimentos de calidade diferenciada, mediante a contribución ao financiamento dos custos fixos que esta participación ocasiona.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de setembro de 2009


Axudas a entidades e organizacións non gobernamentais de ámbito estatal para a realización de actividades privadas

Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

Axudas

Resolución do 31 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Medio Natural e Política Forestal, pola que convoca a concesión de axudas a entidades e organizacións non gobernamentais de ámbito estatal para a realización de actividades privadas relacionadas cos principios inspiradores da Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, e coas finalidades da Lei 43/2003, de 21 de novembro, de Montes.

PDF (BOE-A-2009-14335 - 5 páxs. - 235 KB)

Construción en Ourense dun centro de interpretación dos Parques Naturais de Galicia e da Rede Natura 2000

Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño

Comunidade Autónoma de Galicia.

Convenio

Resolución do 16 de xuño de 2009, da Dirección Xeral de Medio Natural e Política Forestal, pola que se publica o Convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente , Medio Rural e Mariño e a Comunidade Autónoma de Galicia relativo á construción en Ourense dun centro de interpretación dos Parques Naturais de Galicia e da Rede Natura 2000.

PDF (BOE-A-2009-14336 - 4 páxs. - 192 KB)

Publicidade