Páxinas

domingo, 10 de enero de 2010

Liña ICO 2010

Xa están dispoñibles as liñas ICO para o ano 2010. Poden atopar máis información ao respecto aquí.
Entre outras, poden ser do seu interese as sequintes:



Obxecto: Financiar en condicións preferentes as inversións realizadas por autónomos e empresas.

Vixencia: ata o 20 de decembro de 2010 ou antes si se produce o esgotamento dos fondos.

Cliente: Autónomos, Pemes e resto de empresas que leven a cabo inversións en territorio nacional.

Importe máximo por Cliente:

  • Autónomos, Microempresas e Pequenas Empresas: ata 2 millóns de euros, nunha ou varias operacións.
  • Medianas Empresas e Resto de Empresas: ata 10 millóns de euros nunha ou varias operacións.

Financiamento máximo: ata o 100 % do proxecto de inversión.


Obxecto: apoiar con créditos preferentes a creación de novas empresas ou de novas actividades profesionais.

Vixencia: ata o 20 de decembro de 2010 ou antes si se produce o esgotamento dos fondos.

Clientes:

  • Microempresas, que fosen constituidas a partir do 1 de xaneiro de 2009
  • Autónomos profesionais que, cumprindo os requisitos de Microempresa, inician unha nova actividade, entendendo por tales aqueles dados de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE) a partir do 1 de xaneiro de 2009.

Considerarase microempresa aquela que cumpra os seguintes requisitos:

  • empregar de 1 a 9 traballadores a 31 de decembro de 2009,
  • facturación e/ou balance xeral a 31 de decembro de 2009 non superior a 2 millóns de euros

Importe máximo por Cliente/Liña: ata 300.000 euros, nunha ou varias operacións.

Financiamento máximo: O 100 por 100 do proxecto de inversión.



Obxecto: atender as necesidades de financimento de capital circulante de empresas, que sexan solventes e viables.

Vixencia: ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles, si ese fose anterior á data indicada.

Clientes: autónomos e empresas, con independencia do seu tamaño, que se atopen ao corrente de pago coa Entidade de Crédito concedente.

Prazo de amortización e liquidación de intereses: 1, 3 e 5 anos, incluido 1 ano de carencia de principal

En tódalas modalidades, a periodicidade de liquidación de intereses será acordada entre a Entidade de Crédito e o cliente, así como a periodicidade de amortización para os prazos de 3 e 5 anos.

Importe máximo de financiamento por cliente:

  • Autónomos e empresas con menos de 50 traballadores: ata 2 millóns de euros.
  • Empresas con 50 ou máis traballadores: ata 50 millóns de euros.



Obxecto: facilitar o aprazamento temporal e parcial na obrigación de pago do 50% das cotas hipotecarias dos anos 2009 e 2010 por parte de determinados colectivos

Vixencia: dende o 1 de marzo de 2009 ata o 28 de febreiro de 2011 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles, si ese fose anterior á data de finalización indicada.



Obxecto: potenciar e dinamizar as inversións en tecnoloxía da información e das comunicacións

Vixencia: ata o 31 de decembro de 2010 ou ata o esgotamento dos fondos no seu caso.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios desta Liña os seguintes colectivos:

Para o “Préstamo TIC”: as pequenas e medianas empresas que non dispoñan de conexión a Internet con banda ancha e realicen inversión en equipamiento para a súa conexión a Internet en banda ancha, así como aquelas que dispondo desta conexión realicen inversións en software e hardware destinadas a mellorar os seus procesos empresariais ou a implantar o negocio e a factura electrónica.

Para o “Préstamo Mozos e Universitarios”: os residentes en territorio español de idades comprendidas entre 18 e 35 anos e os estudantes matriculados en centros españois de estudos universitarios que dispoñan de conexión a Internet en banda ancha ou que contraten unha alta nova nese servizo.

Neste produto o solicitante poderá ser o propio beneficiario ou calquera persoa física que declare que o préstamo o solicita para un mozo entre 18 e 35 anos ou para un estudante universitario. En todo caso, o beneficiario final deberá firmar a solicitude.

Para o “Préstamo Cidadanía dixital”: os residentes en territorio español que dispoñan de conexión a Internet en banda ancha ou que contraten un alta nova nese servizo

Inversión máxima e importe máximo de financiamento:

Para “Préstamo TIC”: financiarase ata o 100 por 100 da inversión, excluído o IVE, cun máximo de 200.000 euros por beneficiario final e ano natural.

Para “Préstamo Mozos e Universitarios” e “Préstamo Cidadanía Dixital”: financiarase ata o 100% da inversión, incluído o IVE, cun máximo de 3.000 euros por beneficiario final e ano natural.

Modalidade de financimento:

Para o “Préstamo TIC”: o financiamento materializarase en operacións de préstamo ou leasing.

Para o “Préstamo Mozos e Universitarios” ou “Préstamo Cidadanía Dixital”: o financiamento materializarase en operacións de préstamo.

Prazos de amortización:

Para “Préstamos TIC” e “Cidadanía Dixital”: 36 meses, con posibilidade de 3 meses de carencia incluídos, e liquidacións liniais e mensuais.

Para “Préstamo Mozos e Universitarios”: 60 meses sen carencia de principal e liquidacións liniais e mensuais.

Tipos de interese: tipo de interese fixo do 0 por 100.

Publicidade