@xosse: xestor e asesor en desenvolvemento sostible e responsabilidade social corporativa. Dirección de persoal; asesoría laboral e políticas de emprego | #RSC #RRHH #TEDL
miércoles, 30 de septiembre de 2009
Traballo anuncia medidas e actuacións para fomentar o emprego entre as mulleres e a xuventude
A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha diversas medidas e actuacións co fin de fomentar o emprego entre as mulleres galegas e a xuventude, co fin de frear o paro en ambos colectivos, especialmente afectados pola actual crise económica.
O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, compareceu nunha comisión parlamentaria, onde lembrou que o Goberno galego porá en marcha un Plan de emprego feminino e un xuvenil, inseridos no Plan autonómico de emprego 2010-2013.
De feito, Hermida sinalou que a “principal” preocupación das familias galegas é o desemprego. Neste sentido, subliñou que a cifra de mulleres paradas elevouse a 117.000, ao tempo que a mocidade “sufre taxas de paro de máis do dobre da taxa xeral, xa preto do 34 por cento”.
Así, no que se refire as actuacións encamiñadas a fomentar o emprego entre as mulleres, o director xeral adiantou que se apoiará a contratación indefinida, que se establecerán axudas ao autoemprego (en profesións con menor índice de emprego feminino, en xacementos de emprego, no medio rural e no medio marítimo) ou que se fomentara a formación de mulleres en actividades de alta demanda e no ámbito das novas tecnoloxías.
Tamén se promoverán as medidas de conciliación laboral, desenvolvendo, entre outras actuacións, fórmulas para unha organización do traballo máis flexible.
En canto ao Plan de emprego xuvenil, fomentarase a contratación por conta allea, estimulando a inserción laboral dos mozos e mozas que remataran os estudos e apoiando os contratos formativos, entre outras medidas. Ademais, apoiarase á xuventude emprendedora e promoveranse os programas mixtos de formación e emprego (escolas obradoiro e casas de oficio), que contan cun elevado nivel de inserción laboral por riba do 70 por cento.
Axudas a pemes de Galicia para o financiamento de investimentos encamiñados á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Orde do 28 de setembro de 2009 pola que se amplía o prazo dos artigos 3.1º e 13.1º da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas a pemes de Galicia para o financiamento de investimentos encamiñados á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D001P006.PDF

Axudas correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica no marco do Programa de comunicación e sensibilización social
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Resolución do 11 de setembro de 2009 pola que se conceden as axudas da Orde do 22 de abril de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 120, do 22 de xuño) pola que se convocan axudas correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica (Diverciencia) no marco do Programa de comunicación e sensibilización social (CCS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) para o ano 2009.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D002P007.PDF

Axudas correspondentes ó Programa Isidro Parga Pondal, ao abeiro das diversas accións formativas do Programa de recursos humanos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Resolución parcial do 24 de setembro de 2009 pola que se adxudican as axudas (anexo I) da Orde do 14 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 181, do 15 de setembro) pola que se convocan as axudas correspondentes á prórroga que se inicia no ano 2009 do Programa Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2005, ao abeiro das diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2009.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D003P010.PDF

Subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D006P027.PDF

Axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galicia
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Resolución do 9 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 24 de agosto de 2009 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galicia e se convocan axudas para o ano 2009.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19200D007P053.PDF
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)