Páxinas

lunes, 19 de octubre de 2009

O II PGIS formará en Técnicas de busca de emprego e en competencias persoais ao arredor de 750 persoas no último trimestre do ano

As accións formativas desenvolveranse en máis de 60 concellos das catro provincias galegas

O II Plan Galego de Inclusión Social (II PGIS) a 18 de outubro de 2009; pon en marcha neste último trimestre cursos de formación en Técnicas de Busca de Emprego e en Competencias Persoais, unhas accións dirixidas a facilitar a inserción social e laboral de persoas con especiais dificultades e aos que asistirán nos próximos meses ao arredor de 750 persoas.

Os cursos de Técnicas de Busca de Emprego, cunha duración de 25 horas, abranguen aspectos como a análise do contorno, a elaboración de cartas de presentación, currículos vitae ou a asistencia a entrevistas de traballo.

Os de Competencias Persoais, pola súa banda, teñen 30 horas de duración e achegan aos participantes contidos como o desenvolvemento persoal, a comunicación interpersoal ou a resolución de conflictos.

Ambas accións formativas desenvolveranse en arredor de 30 concellos, nalgúns deles con máis dunha edición, en función dos acordos acadados polos equipos de Inclusión das oficinas comarcais de I+B con estas entidades locales.

Itinerarios de inserción sociolaboral

As actividades formativas impartidas polos equipos de Inclusión das Oficinas I+B constitúen unha máis das accións que conforman os itinerarios de inserción sociolaboral, un percorrido deseñado por estes profesionais para cada unha das persoas participantes no II PGIS.

Así, ademáis das accións formativas en competencias persoais ou busca de emprego, o plan de inclusión inclúe outras actuacións como prácticas en empresas ou cursos con compromiso de contratación, co obxectivo de mellorar o perfil profesional dos asistentes. Ao terminar o curso, os asistentes continúan traballando cos equipos ata rematar o resto de accións incluidas nos seus itinerarios.

Subvencións a federacións deportivas galegas para promover competicións deportivas. Ampliac do prazo de presentación da documentación de xustificación

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 13 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación de xustificación establecido na Orde do 12 de marzo de 2009 pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a federacións deportivas galegas para promover competicións deportivas das diferentes seleccións absolutas no ano 2009, e se procede á súa convocatoria
.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20400D001P007.PDF

Imprantación do proceso telemático normalizado CAS@, para a tramitación das solicitudes

Ministerio de Traballo e Inmigración

Procedimentos administrativos. Xestión informatizada

Orde TIN/2786/2009, do 14 de outubro, pola que se impranta o proceso telemático normalizado CAS@, para a tramitación das solicitudes de autorización e comunicacións dos concertos con medios privados para facer efectivas as prestacións sanitarias e recuperadoras a cargo das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionaies da Seguridade Social.

Tramitación electrónica automatizada de diversos procedimentos en materia de protección por desemprego


Ministerio de Traballo e Inmigración


Procedimentos administrativos. Xestión informatizada

Resolución do 15 de outubro de 2009, do Servicio Público de Empleo Estatal, pola que se regula a tramitación electrónica automatizada de diversos procedimentos en materia de protección por desemprego.

Bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades de promoción económica


CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Resolución do 5 de outubro de 2009 pola que se aproban as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades de promoción da lectura e a creación de clubs de lectura
.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 20400D005P012.PDF


Actividades e ocupacións que se consideran prioritarias para a aprobación de proxectos de interese xeral e social

Ministerio de Educación

Subvencións


Resolución do 29 de setembro de 2009, do Servicio Público de Empleo Estatal, pola que se publican as actividades e ocupacións que se consideran prioritarias para a aprobación de proxectos de interese xeral e social da Orde do 19 de decembro de 1997.

Publicidade