Páxinas

martes, 4 de mayo de 2010

Subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 28 de abril de 2010 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08300D014P105.PDF

Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 23 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08300D013P084.PDF

Subvencións ás asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás para o fomento do sector artesanal galego

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 27 de abril de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (Código de procedemento IN201F presentación telemática).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08300D009P067.PDF


Axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 27 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e a súa certificación externa e se convocan para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 08300D015P120.PDF

Publicidade