Páxinas

miércoles, 20 de octubre de 2010

Recursos BIC GALICIA. Manuais para emprendedores

Manuais para emprendedores

Recursos e ferramentas para emprender

Explica de forma detallada os recursos e programas de apoio á creación e consolidación de empresas que ofrece Bic Galicia, ademais de presentar os principales organismos públicos que traballan no campo do desenvolvemento socioeconómico e as fontes de información oficial.

Recursos e ferramientas para emprender

Explica de forma detallada los recursos y programas de apoyo a la creación y consolidación de empresas que ofrece Bic Galicia, además de presentar los principales organismos públicos que trabajan en el campo del desenvolvimiento socioeconómico y las fuentes de información oficial.

Recursos y herramientas para emprender

Como presentar un proxecto en público

Unha presentación empresarial pode ter como finalidade persuadir á audiencia para que financie un proxecto, cumpre un produto ou servicio, participe no proxecto...etc. Explicamos os elementos que forman parte dunha boa presentación: Medios, fases e técnicas básicas.Enlace

Como presentar un proxecto en público

Una presentación empresarial puede tener como finalidad persuadir a la audiencia para que financie un proyecto, compre un producto o servicio, participe en el proyecto...etc. Explicamos los elementos que forman parte de una buena presentación: Medios, fases y técnicas básicas.

Como presentar un proyecto en público

Trámites xerais para a creación da empresa

Aborda os contidos e aspectos relacionados coa posta en marcha da empresa, é dicir, a elección da forma xurídica e os trámites legais, administrativos e mercantís que é necesario coñecer á hora de pensar en crear unha empresa.

Trámites xerais para a creación da empresa

Via BIC Galicia

jueves, 14 de octubre de 2010

Subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, cofinanciadas polo FEDER

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se modifica o artigo 16 do anexo I da Orde do 18 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (IN828A-presentación electrónica).


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19800D003P007.PDF


Subvencións para investimentos innovadores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo FEDER

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se modifica o artigo 17 da Orde do 1 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (código de procedemento IN848A), así como o artigo 6 do anexo I da mesma orde.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19800D002P006.PDF


Subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, peme I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación


CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se modifica o artigo 6 dos anexos I, II, III e IV da Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, peme I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 19800D001P006.PDF


martes, 21 de septiembre de 2010

Bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 21 de setembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18200D013P041.PDF


Subvencións públicas destinadas á realización de accións de apoio e de acompañamento á formación

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 14 de setembro de 2010 pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións públicas destinadas á realización de accións de apoio e de acompañamento á formación, de ámbito autonómico, correspondentes ao exercicio do ano 2010, en aplicación da Orde TIN/2805/2008, do 26 de setembro, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de accións de apoio e acompañamento á formación, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 18200D006P020.PDF


viernes, 6 de agosto de 2010

Lei 32/2010, de 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cese de actividade dos traballadores autónomos

XEFATURA DO ESTADO

Traballadores autónomos
Lei 32/2010, de 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cese de actividade dos traballadores autónomos.
Ir ao arquivo en PDF
Obxecto:

1. A presente Lei ten por obxecto regular o sistema específico de protección para os traballadores autónomos que, podendo e querendo exercer unha actividade económica ou profesional a título lucrativo e estando incluídos nos niveis de protección nela recollidos, tiveren cesado nesa actividade, conforme ao establecido no seu artigo 5.

2. O cesamento de actividade, incluído o que afecta ao traballador autónomo economicamente dependente, haberá de ser total na actividade económica ou profesional que de forma habitual, persoal e directa se viñer desempeñando e sempre que tiver dado lugar ao encadramento obrigatorio no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, ou no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar nas condicións descritas no seguinte artigo.

3. O cesamento de actividade poderá ser definitivo ou temporal. O cesamento temporal comporta a interrupción polo traballador autónomo, nos supostos previstos no artigo 5, de todas as actividades á que se refire o número anterior.


Beneficiarios:

1. A protección por cesamento de actividade alcanza aos traballadores autónomos comprendidos no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos que teñan cuberta a protección dispensada ás continxencias derivadas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, incluíndo os traballadores por conta propia, incluídos no Sistema Especial de Traballadores por Conta Propia Agrarios, así como os traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

2. Respecto á protección por cesamento de actividade dos traballadores por conta propia, incluídos no Sistema Especial de Traballadores por Conta Propia Agrarios estarase ao establecido na disposición adicional oitava.


martes, 3 de agosto de 2010

Axudas do IGAPE a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 27 de xullo de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do IGAPE a pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con desmantelamento de automóbiles antigos para o ano 2010 (Plan Remóvete Galicia), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 14700D010P031.PDF


Axudas dentro do Programa de apoio ás traballadoras e traballadores afectados por expedientes de suspensión de contratos do sector téxtil

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 18 de xuño de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas dentro do Programa de apoio ás traballadoras e traballadores afectados por expedientes de suspensión de contratos do sector téxtil e da confección, e se efectúa a súa convocatoria para o exercicio 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 14700D008P018.PDF


viernes, 9 de julio de 2010

Axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 5 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases e se convocan axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 13000D008P038.PDF

Obxeto: Establecer as bases que regulan as axudas para empresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2010 . Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos productos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros productos forestais).

Beneficiarios: Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ser microempresas ou pemes (pequenas e medianas empresas) do sector forestal radicadas en Galicia.

2. Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

-Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70% do importe deste.

-Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración anual de facenda).

-Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (na declaración anual de facenda).

-Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.

-Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.

3. Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este).

4. Deberán ter, polo menos, o 33% do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido.

Prazo de solicitude: 09/08/2010


Subvencións corespondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións corespondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Plan Galego de I+D+i) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 13000D005P014.PDF

Obxecto: Establecer as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións co fin de por en marcha os instrumentos previstos no Plan Galego de I+D+i para a execución do programa de Promoción xeral da investigación, e convócanse para o ano 2010.


Ten as seguintes liñas de axuda:


a) Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a elaboración de propostas ao VII Programa marco. Deben referirse a algúns dos seguintes conceptos:

- Contratación temporal de persoal específico con dedicación exclusiva á preparación da proposta de proxecto.

- Mobilidade dos membros do equipo de investigación e outros gastos asociados á constitución do consorcio (de ser o caso).

- Asesoramento de expertos externos.

b) Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para proxectos de investigación básica.

c) Axudas para organización de congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG

d)Axudas para asistencia a congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG

Beneficiarios: Dependeden da liña de axuda:


a) as universidades públicas do sistema universitario e os centros, entes e organismos públicos de investigación pertencentes ás administración públicas, a través dos/as investigadores/as do sistema público de investigación de Galicia que presenten propostas de proxectos nas convocatorias do VII Programa marco abertas ao longo do ano 2010.

b) As universidades públicas e os centros, entes e organismos públicos de investigación pertencentes ás administracións públicas, a través dos equipos de investigación do sistema público de investigación de GaliciaRequisitos:.

- Os membros dos equipos que van realizar ou dirixir o proxecto non participen ou dirixan un proxecto vixente subvencionado con cargo ao programa de promoción xeral de investigación en convocatorias anteriores.

- Ningún integrante dun equipo de investigación poderá figurar en máis dunha solicitude de proxecto do programa de promoción xeral da investigación correspondente á presente convocatoria.

- No se permitirá a presentación, no exercicio correspondente, dun mesmo proxecto de investigación nas convocatorias do programa de promoción xeral da investigación (investigación básica) e en calquera dos programas sectoriais de investigación aplicada.

c) As subvencións serán solicitadas polo responsable do comité organizador do evento específico para a cal se fai a solicitude, e terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dun centro público de investigación radicado en Galicia.


d) As axudas poderán ser solicitadas polos/as investigadores/as do cadro de persoal, outro persoal investigador contratado e bolseiros ou contratados predoutorais e asimilados que desenvolvan a súa actividade en centros públicos de investigación radicados en Galicia. Para ser beneficiario, o investigador deberá participar no evento científico presentando resultados do seu traballo de investigación en calquera dos formatos aceptados neste tipo de eventos.


Prazo de presentación de solicitudes: 09/08/2010



miércoles, 7 de julio de 2010

Subvencións correspondentes aos programas de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Inovación

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 12800D003P007.PDF

Subvencións a entidades de iniciativa social para investimento en servizos sociais especializados na área de atención a persoas con discapacidade

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 1 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento en servizos sociais especializados na área de atención a persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 12800D006P061.PDF


miércoles, 30 de junio de 2010

Bases reguladoras para a concesión de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 9 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia e se convocan para o exercicio 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
12300D010P040.PDF


Beneficiarias.

Serán beneficiarias das axudas desta orde as pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, unha persoa.



Terán a consideración de gastos subvencionables os que deseguido se relacionan:


a) Realización de estudos, análises ou diagnoses da realidade da empresa desde a perspectiva de xénero para a elaboración dun plan de igualdade e que incluirán necesariamente os seguintes aspectos: avaliación dos postos de traballo, categorías profesionais, xornada laboral e un estudo da estrutura salarial e extrasalarial.


b) Asistencia a cursos de formación en materia de igualdade convocados ou impartidos por entidades públicas ou privadas con experiencia e prestixio nesta materia, do persoal directivo e/ou mandos intermedios da empresa, así como daquel persoal que forme parte dos órganos de igualdade que se creen para o desenvolvemento do plan de igualdade.


c) A contratación, durante a vixencia do plan de igualdade, de persoal con experiencia e/ou coñecementos en materia de igualdade, co obxecto de asesorar na implantación e aplicación do plan de igualdade.


d) Os gastos derivados da contratación de empresa ou entidade externa especializada en materia de igualdade para o asesoramento na implantación e aplicación do plan de igualdade.


Prazo: ate o 30 de xullo de 2010


Subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 15 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, e se procede á súa convocatoria para 2010 (procedemento administrativo PR521A).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
12300D003P008.PDF


As actuacións subvencionables obxecto desta resolución estrutúranse nas seguintes liñas de actuación:


Liña A) eventos de promoción e difusión da sociedade da información.

Proxectos encamiñados á organización e realización de eventos neste ámbito, tales como xornadas, sesións de demostración práctica do uso da internet, conferencias ou congresos de profesionais especializados, que teñan por obxecto a promoción e difusión de materias relacionadas coas infraestruturas e servizos de telecomunicacións e as tecnoloxías da información e a sociedade da información en xeral.


Liña B) actuacións de difusión dirixidas á cidadanía en xeral.

Actuacións orientadas a satisfacer as necesidades de difusión no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións (en diante TIC) da cidadanía en xeral.


Liña C) actuacións de difusión dirixidas ás pemes.

Actuacións orientadas a proporcionar a empresarios e traballadores coñecemento sobre o uso e manexo das novas tecnoloxías, que os capaciten para un mellor desempeño do seu posto de traballo actual ou futuro, de xeito que mellore a empregabilidade do traballador e a profesionalidade do empresario.


Liña D) investimentos necesarios para a promoción da sociedade da información nas entidades de interese social.


Equipamento necesario para a promoción da sociedade da información nas entidades de interese social, sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.



Prazo: ate o 30 de xullo de 2010


martes, 29 de junio de 2010

Calendario laboral para o ano 2011 na Comunidade Autónoma de Galicia

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Decreto 101/2010, do 17 de xuño, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2011 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 12200D008P015.PDF

As festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 serán as seguintes:


1 de xaneiro Aninovo

6 de xaneiro Día de Reis

19 de marzo San Xosé

21 de abril Xoves Santo

22 de abril Venres Santo

17 de maio Día das Letras Galegas

25 de xullo Día Nacional de Galicia

15 de agosto A Asunción

12 de outubro Día da Hispanidade

1 de novembro Todos os Santos

6 de decembro Día da Constitución

8 de decembro A Inmaculada

Ir ó DOG

viernes, 25 de junio de 2010

Bases reg. para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 18 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (IN828A-presentación electrónica).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 12000D004P032.PDF

Obxecto das subvencións:

  1. Sensibilizar e mobilizar as empresas, especialmente as pemes, acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha xestión sistemática e profesionalizada desta.
  2. Ensaiar e implantar procedementos de sistematización dos procesos de innovación nas empresas que redunden nunha maior eficacia deles.
  3. Desenvolver dinámicas de utilización continuada de servizos externos para a xestión da innovación como unha actividade habitual da empresa.
  4. Fomentar o desenvolvemento dunha cultura e estrutura empresarial proclives á innovación.
  5. Fomentar a cooperación entre axentes do sistema de innovación:
  • Favorecendo o traballo conxunto de distintos axentes do Sistema Galego de Investigación e Innovación, o seu mutuo coñecemento e o desenvolvemento de actividades en cooperación especialmente coas pemes ou colectivos de pemes con axentes xeradores de coñecemento.
  • Contribuíndo á xeración de proxectos de I+D+i e en particular de proxectos de colaboración.

Actuacións subvencionables:


Modalidade A:

Xornadas, seminarios e obradoiros sobre a importancia da innovación e a súa aplicación sistemática e profesionalizada.

Modalidade B:

Accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais de ámbito xeográfico e/ou sectorial e proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en pemes


Gastos subvencionables:


Modalidade A:

A-1. Pagamentos a conferenciantes que, en todo caso, serán persoas físicas que se deberán identificar ou, cando menos, o seu perfil. Tamén se deberá detallar o número de horas da súa intervención. O aboamento deste concepto poderá facerse por dous sistemas: mediante pagamento directo ao conferenciante ou mediante factura da entidade na que traballa. Neste último caso na factura emitida pola entidade deberá quedar perfectamente constatado que o destinatario dos fondos é a persoa que impartiu a conferencia.

A-2. Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento de conferenciantes. Cando se conte con conferenciantes de fóra de Galicia, deberase xustificar a oportunidade destas intervencións e a singularidade do perfil dos relatores. As facturas de gastos por este concepto deberán indicar, cando menos, a persoa que realizou a viaxe e os conceptos incluídos.

A-3. Aluguer de salas e/ou instalacións precisas para o correcto desenvolvemento da actuación proposta. En ningún caso se aceptarán por este concepto facturas da mesma entidade polo uso das súas propias salas e/ou instalacións.

A-4. Dedicación de persoal propio da entidade solicitante. O custo por este concepto non poderá superar o 20% do orzamento total da acción. Dentro deste concepto deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o seu desempeño. As taxas horarias do persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.

A-5. Investimentos realizados para a difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver (documentación que se entregará nos seminarios, folletos de promoción etc.). Non se poderá imputar por este concepto máis dun 10% da subvención concedida.


Modalidade B:

B-1. Gastos de persoal propio ou contratado dedicado directamente ás actuacións do proxecto que se presente. En caso de persoal propio deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o desempeño destas tarefas. As taxas horarias do persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.

B-2. Gastos de asesoría, consultoría, titoría ou formación realizados por entidades consultoras externas.

B-3. Investimentos realizados para a difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver (documentación que se entregará nos seminarios, folletos de promoción etc.). Non se poderá imputar por este concepto máis dun 10% da subvención concedida.


Nova relacionada: Traballo inviste 2,7 millóns de euros en fomentar o emprego en empresas de economía social e en promocionar o cooperativismo

viernes, 18 de junio de 2010

Convocatoria de axudas para a promoción de centros de apoio a emprendedores

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Axudas


Resolución do 7 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se efectúa, para o ano 2010, a convocatoria de axudas para a promoción de centros de apoio a emprendedores
.

Ir ao arquivo en PDF

Obxecto: as axudas teñen como finalidade incentivar o desenvolvemento das actuacións que favorezan a complementariedade e a especialización dos Centros de Apoio a Emprendedores (CEAE) co obxecto de ampliar a cobertura e mellorar a calidade dos servizos de apoio que prestan aos emprendedores.

Beneficiarios:
as organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, así como as entidades con participación maioritaria de capital público que conte, en ambos casos, con Centros de Apoio a Emprendedores.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010.


Axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 10 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras, así como a súa convocatoria para os anos 2010-2011, para a concesión de axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11500D013P049.PDF

Obxecto: convocatoria de axudas no ámbito dos parques naturais dirixidas a fomentar o desenvolvemento socioeconómico sustentable das terras agrícolas e á mellora da calidade de vida das poboacións locais situadas dentro destes espazos protexidos ou nas súas áreas de influencia socioeconómica por medio de accións que contribúan á mellora das paisaxes, á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais, a aumentar o valor de recreo público destas zonas de alto valor natural, á preservación de hábitats ou ecosistemas ou á loita contra á erosión, entre outras.

Beneficiarios:


a) As persoas físicas que residan e/ou que sexan propietarios de terreos nalgunha das parroquias total ou parcialmente incluídas no parque natural; titulares, propietarios ou arrendatarios de explotacións agrarias, gandeiras situadas dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II e III. Tamén poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares dos dereitos referidos na zona de influencia socioeconómica, segundo as dispoñibilidades orzamentarias.

b) As comunidades de montes veciñais en man común, situadas total ou parcialmente no parque natural, legalmente constituídas e inscritas no rexistro xeral existente para o efecto, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III e IV.

c) As asociacións con sede social ou, como mínimo, co 50% dos seus socios con residencia nalgún dos concellos onde se sitúe o parque natural, o que deberá xustificarse documentalmente, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.

d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúe o parque natural constituídas con anterioridade á publicación desta orde, priorizándose aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.

e) Os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 7 de xuño de 2010 pola que se regulan e se convocan para 2010 axudas de carácter extraordinario a traballadores e traballadoras afectados por situacións de especial dificultade como consecuencia de procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que supoñan a extinción dos seus contratos.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
11500D012P043.PDF

Obxecto: convocatoria de axudas de carácter extraordinario en procesos de reestruturación de empresas que puidesen levar consigo o cesamento total ou parcial das súas actividades. A finalidade é axudar a traballadores e traballadoras destas empresas que, como consecuencia destes procesos, se atopan en situacións de urxencia e necesidade sociolaboral e, ao mesmo tempo, contribuír ao mantemento do emprego naqueles supostos nos que sexa posible.

Beneficiarios:
as persoas traballadoras.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010.


Subvencións para a produción e publicación de contidos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 14 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e publicación de contidos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (procedemento administrativo PR522A).


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11500D006P011.PDF

Obxecto: convocatoria de subvencións que teñen por obxecto potenciar nas empresas a produción e publicación de contidos dixitais.

Consideraranse actuacións que acaden a produción e publicación de contidos dixitais, entendéndose por contidos dixitais os constituídos por un conxunto de informacións representadas en múltiples soportes expresivos (texto, son, imaxe estática ou en movemento, e codificadas dixitalmente), de xeito que sexan accesibles polos usuarios por medios electrónicos. Estes contidos poderán ser interactivos co usuario, e deberán ser desenvolvidos para a internet, televisión dixital interactiva ou redes móbiles.

Consideraranse: Produción e publicación de contidos xa existentes noutros formatos dixitais ou sen dixitalización anterior; Produción e publicación de novos contidos dixitais e Creación de ferramentas e servizos que permitan a accesibilidade aos contidos dixitais.

Beneficiarios:
as empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que produzan e publiquen contidos dixitais.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010
.

martes, 15 de junio de 2010

Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias

Subvencións para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 1 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
11200D008P030.PDF

lunes, 14 de junio de 2010

Axudas aos concellos e outras entidades locais de Galicia para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 1 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e outras entidades locais de Galicia para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
11100D008P054.PDF

Obxecto: subvencións destinadas a sufragar parcialmente a realización de actividades de promoción do cooperativismo por parte dos concellos e doutras entidades locais de Galicia.

Beneficiarios: Concellos e outras entidades locais.

Prazo de presentación de solicitudes: 14 de xullo de 2010.


Ir ó DOG

Axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 31 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11100D007P045.PDF

Obxecto: fomento e consolidación das estruturas representativas do cooperativismo e a economía social, en particular as asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos normais de funcionamento e a realización de actividades de promoción do cooperativismo e a economía social.

Beneficiarios: asociacións de cooperativas, asociacións de sociedades laborais.

Prazo de presentación de solicitudes: 14 de xullo de 2010.


Ir ó DOG

Subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e o desenvolvemento de bancos municipais de tempo

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 21 de maio de 2010 pola que se convocan para o exercicio do ano 2010 as subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e o desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade e/ou outras medidas municipais de conciliación.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
11100D006P035.PDF

Obxecto: subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e o desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade e/ou outras medidas municipais de conciliación.

Beneficiarios: concellos, individualmente ou a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios ou dun consorcio local constituídos exclusivamente polos concellos implicados.

Prazo de presentación de solicitudes: 14 de xullo de 2010


Ir ó DOG

Publicidade