Resolución do 14 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e publicación de contidos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (procedemento administrativo PR522A).
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11500D006P011.PDF
Obxecto: convocatoria de subvencións que teñen por obxecto potenciar nas empresas a produción e publicación de contidos dixitais.
Consideraranse actuacións que acaden a produción e publicación de contidos dixitais, entendéndose por contidos dixitais os constituídos por un conxunto de informacións representadas en múltiples soportes expresivos (texto, son, imaxe estática ou en movemento, e codificadas dixitalmente), de xeito que sexan accesibles polos usuarios por medios electrónicos. Estes contidos poderán ser interactivos co usuario, e deberán ser desenvolvidos para a internet, televisión dixital interactiva ou redes móbiles.
Consideraranse: Produción e publicación de contidos xa existentes noutros formatos dixitais ou sen dixitalización anterior; Produción e publicación de novos contidos dixitais e Creación de ferramentas e servizos que permitan a accesibilidade aos contidos dixitais.
Beneficiarios: as empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que produzan e publiquen contidos dixitais.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010.
