Orde do 10 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras, así como a súa convocatoria para os anos 2010-2011, para a concesión de axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais na Comunidade Autónoma de Galicia.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 11500D013P049.PDF
Obxecto: convocatoria de axudas no ámbito dos parques naturais dirixidas a fomentar o desenvolvemento socioeconómico sustentable das terras agrícolas e á mellora da calidade de vida das poboacións locais situadas dentro destes espazos protexidos ou nas súas áreas de influencia socioeconómica por medio de accións que contribúan á mellora das paisaxes, á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais, a aumentar o valor de recreo público destas zonas de alto valor natural, á preservación de hábitats ou ecosistemas ou á loita contra á erosión, entre outras.
Beneficiarios:
a) As persoas físicas que residan e/ou que sexan propietarios de terreos nalgunha das parroquias total ou parcialmente incluídas no parque natural; titulares, propietarios ou arrendatarios de explotacións agrarias, gandeiras situadas dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II e III. Tamén poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares dos dereitos referidos na zona de influencia socioeconómica, segundo as dispoñibilidades orzamentarias.
b) As comunidades de montes veciñais en man común, situadas total ou parcialmente no parque natural, legalmente constituídas e inscritas no rexistro xeral existente para o efecto, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III e IV.
c) As asociacións con sede social ou, como mínimo, co 50% dos seus socios con residencia nalgún dos concellos onde se sitúe o parque natural, o que deberá xustificarse documentalmente, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.
d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúe o parque natural constituídas con anterioridade á publicación desta orde, priorizándose aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.
e) Os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro do parque natural, para as actividades incluídas dentro dos grupos I, II, III, IV e V.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2010
