Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións corespondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Plan Galego de I+D+i) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 13000D005P014.PDF
Obxecto: Establecer as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións co fin de por en marcha os instrumentos previstos no Plan Galego de I+D+i para a execución do programa de Promoción xeral da investigación, e convócanse para o ano 2010.
Ten as seguintes liñas de axuda:
a) Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a elaboración de propostas ao VII Programa marco. Deben referirse a algúns dos seguintes conceptos:
- Contratación temporal de persoal específico con dedicación exclusiva á preparación da proposta de proxecto.
- Mobilidade dos membros do equipo de investigación e outros gastos asociados á constitución do consorcio (de ser o caso).
- Asesoramento de expertos externos.
b) Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para proxectos de investigación básica.
c) Axudas para organización de congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG
d)Axudas para asistencia a congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG
Beneficiarios: Dependeden da liña de axuda:
a) as universidades públicas do sistema universitario e os centros, entes e organismos públicos de investigación pertencentes ás administración públicas, a través dos/as investigadores/as do sistema público de investigación de Galicia que presenten propostas de proxectos nas convocatorias do VII Programa marco abertas ao longo do ano 2010.
b) As universidades públicas e os centros, entes e organismos públicos de investigación pertencentes ás administracións públicas, a través dos equipos de investigación do sistema público de investigación de GaliciaRequisitos:.
- Os membros dos equipos que van realizar ou dirixir o proxecto non participen ou dirixan un proxecto vixente subvencionado con cargo ao programa de promoción xeral de investigación en convocatorias anteriores.
- Ningún integrante dun equipo de investigación poderá figurar en máis dunha solicitude de proxecto do programa de promoción xeral da investigación correspondente á presente convocatoria.
- No se permitirá a presentación, no exercicio correspondente, dun mesmo proxecto de investigación nas convocatorias do programa de promoción xeral da investigación (investigación básica) e en calquera dos programas sectoriais de investigación aplicada.
c) As subvencións serán solicitadas polo responsable do comité organizador do evento específico para a cal se fai a solicitude, e terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dun centro público de investigación radicado en Galicia.
d) As axudas poderán ser solicitadas polos/as investigadores/as do cadro de persoal, outro persoal investigador contratado e bolseiros ou contratados predoutorais e asimilados que desenvolvan a súa actividade en centros públicos de investigación radicados en Galicia. Para ser beneficiario, o investigador deberá participar no evento científico presentando resultados do seu traballo de investigación en calquera dos formatos aceptados neste tipo de eventos.
Prazo de presentación de solicitudes: 09/08/2010
