Páxinas

lunes, 30 de noviembre de 2009

Subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Resolución do 26 de novembro de 2009 na cal se acorda ampliar o prazo disposto no artigo 6 da Resolución do 21 de outubro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009, e ao abeiro do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23400D009P027.PDF

Amplíase ata o día 11 de decembro de 2009 o prazo para a presentación das solicitudes relativas aos proxectos de aforro e eficiencia enerxética a que se refire o artigo 6 da Resolución do 21 de outubro de 2009

Enlace relacionado:

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto Enexético de Galicia (Inega) o día 3 de xullo de 2009.


Subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables de Galicia correspondentes ao exercicio 2009

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Resolución do 26 de novembro de 2009 na cal se acorda ampliar o prazo disposto no artigo 6 da Resolución do 21 de outubro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables de Galicia correspondentes ao exercicio 2009, e ao abeiro do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 18 de maio de 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23400D008P026.PDF


Amplíase ata o día 11 de decembro de 2009 o prazo para a presentación das solicitudes relativas aos proxectos de aforro e eficiencia enerxética a que se refire o artigo 6 da Resolución do 21 de outubro de 2009

Enlace relacionado:

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) o día 18 de maio de 2009.


Aprobación do Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu Consello Regulador

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 24 de novembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu Consello Regulador.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23400D007P016.PDF

Bases reguladoras da concesión de axudas ao persoal de transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade

Ministerio de Fomento

Axudas


Orde FOM/3218/2009, do 17 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas ao persoal de transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade.


Ir ao arquivo en PDF

Obxecto:

Establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a fomentar o abanono da profesión dos transportitas en idade avanzada do sector do transporte público por estrada.

Requisitos:

-Ter unha idade superior ou igual a cincuenta e oito anos ou ter declarada unha incapacidade permanente absoluta ou total para o desempeño da profesión habitual de transportista.

-Ser titular, no momento da solicitude dunha autorización vixente de transporte público de mercadorías ou de viaxeiros en autobús cun máximo de tres copias.

-Ser titular, de forma ininterrompida durante o dez últimos anos, dunha das autorizacións contempladas no apartado anterior.

-Estar dados de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social o últimos dez anos de forma ininterrompida, permitíndose unicamente unha soa interrupción por un prazo que non supere tres meses.

-Comprometerse a abandonar a actividade de transporte público.

-Non desaproveitar outras axudas polo abandono da actividade que lle foron outorgadas polo Ministerio de Fomento no tres anos anteriores.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de decembro de 2009


Axudas para o desenvolvemento de Plans de Formación Continua no ámbito da Administración Local

Ministerio da Presidencia

Axudas

Resolución do 18 de novembro de 2009, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de Plans de Formación Continua no ámbito da Administración Local, convocadas mediante Resolución do 17 de decembro de 2008.

Ir ao arquivo en PDF

viernes, 27 de noviembre de 2009

Axudas de carácter extraordinario a traballadoras/es afectados por situacións de especial dificultade consecuencia de procesos de reestruturación

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 10 de novembro de 2009 pola que se regulan e convocan para 2009 axudas de carácter extraordinario a traballadores e traballadoras afectados por situacións de especial dificultade como consecuencia de procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que supoñan a extinción dos seus contratos.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23300D013P028.PDF

Obxecto:

Esta orde ten por obxecto outorgar axudas, en concorrencia competitiva, de carácter extraordinario en procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que puidesen levar consigo o cesamento total ou parcial das súas actividades.

A finalidade é axudar a traballadores e traballadoras destas empresas que, como consecuencia destes procesos, se atopan en situacións de urxencia e necesidade sociolaboral e, ao mesmo tempo, contribuír ao mantemento do emprego naqueles supostos en que sexa posible.

A extinción dos contratos de traballo dos posibles beneficiarios deben derivar de expedientes de regulación de emprego autorizados pola autoridade laboral competente ao abeiro do disposto no artigo 51 do Estatuto dos traballadores.

Beneficiarios:

Serán beneficiarios os traballadores e traballadoras que reúnan os requisitos e obrigas establecidos nesta orde, e deberán cumprir, en todo caso, as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Así mesmo, non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas nas que concorran algunha das prohibicións previstas no artigo 10,agás a 10.2º b), da referida Lei 9/2007. Estes compromisos quedarán reflectidos na declaración incluída no impreso de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 28 de decembro de 2009


Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre formación e información de coidadores

Ministerio de Sanidad e Política Social

Personas en situación de dependencia

Resolución do 4 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre criterios comúns de acreditación en materia de formación e información de coidadores non profesionais.

Ir ao arquivo en PDF

Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre obxectivos e contidos comúns de información

Ministerio de Sanidad e Política Social

Persoas en situación de dependencias

Resolución do 4 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre oxetivos e contidos comúns da información do Sistema de información do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

Ir ao arquivo en PDF

jueves, 26 de noviembre de 2009

Axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Decreto 412/2009, do 12 de novembro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas anciás e enfermas incapacitadas para o traballo beneficiarias de axudas periódicas individualizadas e a favor de persoas con discapacidade beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23200D001P006.PDF

Obxecto:

Este decreto ten por obxecto o establecemento de axudas sociais extraordinarias a favor dos beneficiarios e beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, do Fondo Nacional de Asistencia Social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM).

Beneficiarios:

Serán beneficiarios e beneficiarias destas axudas sociais de carácter extraordinario as persoas que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva, do Fondo Nacional de Asistencia Social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM), en que concorran os seguintes requisitos:

a) Estar en situación de alta na data de entrada en vigor deste decreto.
b) Ter a residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.


Axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas notras linguas

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 12 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23200D012P018.PDF

Obxecto:

Convócanse axudas á produción editorial para apoiar a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Beneficiarios:

Poderán optar a estas axudas todas aquelas entidades que acrediten a súa condición de editoras,coas limitacións que establece o punto seguinte deste artigo.

Non se poden beneficiar das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas xurídicas que se encontren nos supostos previstos nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 26 de decembro de 2009


Convócanse axudas correspondente ao ano 2010 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade (varios)

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Axudas

Orde ITC/3163/2009, do 24 de novembro pola que se efectúa a convocatoria de axudas correspondente ao ano 2010 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade dos sectores estratéxicos industriais para o período 2010-2011, no ámbito dos sectores de bens de equipo, químico e farmacéutico, metalúrxico e siderúrxico, fabricación de productos metálicos, outros produtos minerais non metálicos e material ferroviario.

Irao arquivo en PDF

Obxecto:

Convócase, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión das axudas no ano 2010 para a realización de actuacións industriais cuxa finalidade sexa o mantemento e mellora da competividade dos seguintes sectores estratexicos industriais:

a) Sector de bens de equipo (eléctrico-electrónico, telecomunicacións, mecánico, etc.).
b) Sector químico e farmacéutico.
c) Sector metalúrxico e siderúrxico.
d) Fabricación de produtos metálicos e fabricación doutros produtos minerais non metálicos.
e) Sector ferroviario.

Beneficiarios:


Terán a condición de beneficiarios, conforme ó establecido no apartado quinto da Orde ITC/3046/2009, de 12 de novembro, os seguintes:

1. Empresas cuxa actividade principal estea comprendida nos códigos CNAE-2009: 20, 21, 22, 23, 24 (excepto 24.46), 25, 26, 27, 28 y 30.2.
Entenderase por actividade principal da empresa aquela que proporcione o maior valor de produción, ou a que empregue un maior número de persoas.

2. Agrupacións de interese económico (AIE), formadas polas empresas das señaladas como beneficiarias e que cando menos unha delas cumpra cos requisitos establecidos no punto anterior.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 26 de decembro de 2009



Convócanse de axudas correspondente ao ano 2010 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade (aut.)

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Orde ITC/3164/2009, do 24 de novembro, pola que se efectúa a convocatoria de axudas correspondente ao ano 2010 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade dos sectores estratéxicos industriais para o periodo 2010-2011, no ámbito do sector de automoción.

Ir ao arquivo en PDF

Obxecto:

Convócase, en concorrencia competitiva, a concesión das axudas no ano 2010 para a realización de actuacións industriais cuxa finalidade sexa o mantemento e mellora da competitividade do sector de automoción.

Beneficiarios:

a) Empresas do sector de automoción: entidade privada, calquera que sexa a súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica e que estea validamente constituida no momento de presentar a solicitude de axuda.

b) Agrupacions de interese económico (AIE), formadas polas empresas das señaladas como beneficiarias e que cando menos unha delas cumpra os requisitos establecidos.

Prazo de presentación de solicitudes
:

Ata o 26 de decembro de 2009



Convócanse axudas correspondente ao ano 2010 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade (spac.)

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Orde ITC/3165/2009, do 24 de novembro, pola que se efectúa convocatoria de axudas correspondente ao ano 2010 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade a dos sectores estratéxicos industriais para o periodo 2010-2011, no ámbito do sector aeroespacial.

Ir ao arquivo en PDF

Obxecto:

Convócase, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión das axudas no ano 2010 para a realización de actuacións industriais cuxa finalidade sexa o mantemento e mellora da competividade do sector aeroespacial.
Beneficiarios:

a) Empresas do sector aeroespacial: entidade privada, calquera que sexa a sua forma xurídica, que exerza unha actividade económica e que estea validamente constituida no momento de presentar a solicitude de axuda, e que cumpra cando menos unha das condicións reguladas.

b) Agrupacións de interese económico (AIE), formadas polas empresas das señaladas como beneficiarias e que cando menos unha delas cumpra os requisitos establecidos.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 26 de decembro de 2009

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Modificación das bases reguladoras dos incentivos económicos para a aprobación de apoios específicos á provincia de Ourense


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 19 de novembro de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, polo que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos para a aprobación de apoios específicos á provincia de Ourense.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23100D012P019.PDF

Enlaces relacionados:

Cortes Xerais

Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local

Resolución do 19 de novembro de 2009, do Congreso dos Diputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de convalidación do Real Decreto-lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Ir ao arquivo en PDF

Enlace relacionado:

Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local

Real Decreto-lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Descargar PDF

Obxectivos: crear emprego, dinamizar economía e mellorar condicións de vida dos cidadáns. Amais, este novo fondo incorpora como obxectivo do mesmo que as inversións, proxectos e actuacións financiadas contribúan á sostenibilidade económica, social e ambiental polo que se denomina Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Proxectos de inversión e actuacións a financiar: sostenibilidade económica (parques empresariais, tecnoloxía...), sostenibilidade ambiental (aforro e eficiencia enerxética...) e sostenibilidade social (centros de servizos sociais, culturais, deportivos, gastos correntes...).

Amais, poderán financiarse os contratos de subministro que teñan por obxecto a adquisición de equipos e sistemas de telecomunicacións ou para o tratamento da información, os seus dispositivos e programas; e os contratos de servizos que teñan por obxecto a implantación e desenrolo de sistemas e programas informáticos dirixidos

Ensimesmo poderán financiarse gastos correntes vencellados a programas de actuación no ámbito educativo e outros de carácter social de competencia municipal, e ate un montante equivalente ao 20 por cento dos fondos que correspondan a cada Concello.

Os Concellos cuxa poboación no supere os 2.000 habitantes, poderán, ademais, realizar con cargo ao presente Fondo contratos que teñan por obxecto obras de mellora das redes viarias e de adecuación, rehabilitación o rexeneración de entornos e espazos públicos urbanos.

Requisitos das obras: Nova planificación e execución inmediata, non obras financiadas por outros programas, excepto que sexan continuación (segunda fase) do FEIL 2009. Os contratos menores de 5 millóns e non se poden fragmentar.

Criterios de reparto: distribuirase de xeito proporcional as cifras de poboación resultantes do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2008.

Previsión de creación de emprego: 12.000 empregos para toda Galicia.

Distribución de fondos: comezará a partir do 1 de xaneiro de 2010, sendo o anticipo do 85% e o resto ao remate da obra.

Prazo de presentación de solicitudes de financiamento: será de tres meses, contados a partir do día 28 de outubro de 2009 e ate o 27 de xaneiro de 2010.


Concesión de subvencións a concellos para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deport.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 19 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se conceden subvencións a concellos ao abeiro da Resolución do 30 de xullo de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos e para a adquisición de equipamentos deportivos e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 23100D003P008.PDF

Corrc. das bases reg. para as subvencións para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica rel. co Xacobeo

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Corrección de erros.-Orde do 7 de outubro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23100D004P010.PDF

martes, 24 de noviembre de 2009

Convocatoria de propostas referentes aos Programas de Traballo do Sétimo Programa Marco da Comunidade Europea para acións de investigación e desenrolo

PROCEDIMIENTOS ADMINISTRATIVOS DA COMISIÓN DA UNIÓN EUROPEA

2009/C 283/09


Convocatoria de propostas referentes aos Programas de Traballo do Sétimo Programa Marco da Comunidade Europea para acións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración

Ampliación do crédito dispoñible para finanzar os Subprogramas de Fomento da Cooperación Internacional

Ministerio de Ciencia e Innovación

Axudas

Resolución do 19 de novembro de 2009, da Secretaría de Estado de Investigación, pola que se amplía o crédito dispoñible para finanzar os Subprogramas de Fomento da Cooperación Internacional, e Euroinvestigación, incluidos na convocatoria do ano 2009, para a concesión das axudas de varios Subprogramas do Programa Nacional de Internacionalización da I+D, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2008-2011).


Ir ao arquivo en PDF

Corrección de erros da do 10 de novembro de 2009, pola que se convocan axudas para 2010 do Programa de Mozos da Orde TAS/874/2007, de 28 de marzo

Ministerio de Traballo e Imigración

Axudas

Resolución do 18 de novembro de 2009, da Dirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior, pola que se corrixen erros da do 10 de novembro de 2009, pola que se convocan axudas para 2010 do Programa de Mozos da Orde TAS/874/2007, de 28 de marzo.

Ir ao arquivo en PDF

Convocatoria do curso de formación en hábitos de saúde e deporte: hábitos alimenticios e actividade física

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 29 de outubro de 2009 pola que se convoca un curso de formación en hábitos de saúde e deporte: hábitos alimenticios e actividade física.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23000D004P009.PDF

Ampliación da dotación orzamentaria para as axudas para o fomento da produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 18 de novembro de 2009 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 20 de marzo de 2009 pola que se convoca para o exercicio orzamentario de 2009 as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal.

Versión completa da disposición nun ou varios archivos pdf: 23000D006P024.PDF

Modificación da orde pola que establecen as bases reguladoras de concesión de axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 18 de novembro de 2009 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 29 de abril de 2009 pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que establecen as bases reguladoras de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2009.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23000D007P025.PDF

lunes, 23 de noviembre de 2009

Modificación das bases reguladoras das axudas do IGAPE para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 11 de novembro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2009, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 22900D007P011.PDF

Enlaces Relacionados:


Aprobación da II convocatoria de axudas específicas para o Programa Iberoamericano de Formación Técnica Especializada

Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Axudas

Resolución do 29 de outubro de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, pola que se aproba a II convocatoria de axudas específicas para o Programa Iberoamericano de Formación Técnica Especializada para o ano 2009.

Ir ao arquivo en PDF

Correción de erros da R. pola que se convocan axudas para a realización das diversas modalidades que conforman o Programa de Coop. Interuniversitaria

Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Resolución do 3 de novembro de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, pola que se corrixen erros na do 24 de agosto de 2009, pola que se convocan axudas para a realización das diversas modalidades que conforman o Programa de Cooperación Interuniversitaria e Investigación Científica.

Ir ao arquivo en PDF

Correción de erros da Resolución pola que se convoca becas de formación en avaliación e estatística educativa no Instituto de Avaliación

Ministerio de Educación

Becas

Resolución do 16 de novembro de 2009, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se corrixen erros na de 23 de outubro de 2009, pola que se convocaban becas de formación en avaliación e estatística educativa no Instituto de Avaliación, durante 2010.


Ir ao arquivo en PDF

Concesión das subvencións para a mobilidade de estudiantes universitarios "Séneca"

Ministerio de Educación

Subvencións

Resolución do 17 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se conceden subvencións para a mobilidade de estudiantes universitarios "Séneca" para o curso académico 2009-2010.


Ir ao arquivo en PDF

Adxudicación parcial das axudas de convocatoria aberta e permanente para actividades de cooperación e axuda ó desenvolvemento

Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Axudas

Resolución do 2 de outubro de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, de adxudicación parcial das axudas de convocatoria aberta e permanente para actividades de cooperación e axuda ao desenolvemento, correspondentes ao segundo procedimento do ano 2009.

Ir ao arquivo en PDF

Adxudicación parcial das axudas de convocatoria aberta e permanente para actividades de cooperación e axuda ao desenvolvemento

Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación


Resolución do 15 de outubro de 2009, da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, de adxudicación parcial das axudas de convocatoria aberta e permanente para actividades de cooperación e axuda ao desenvolvemento, correspondentes ao segundo procedimento do anño 2009.


Ir ao arquivo en PDF

Bases regs. da aportación complementaria para os beneficiarios, estudiantes de Ciclos Formativos de grao superior que participen no programa "Erasmus"

Ministerio de Educación

Subvencións

Orde EDU/3141/2009, do 2 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras da aportación complementaria para os beneficiarios, estudiantes de Ciclos Formativos de grao superior que participen no programa "Erasmus" (Programa de Aprendizaxe Permanente), a través da acción mobilidade para prácticas no curso académico 2009/2010.

Ir ao arquivo en PDF

Modificación das contías dos créditos orzamentarios da convocatoria de subvencións na área de integración dos inmigrantes

Ministerio de Traballo e Inmigración

Subvencións

Resolución do 18 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes, pola que se modifica a do 3 de xuño de 2009, en relación ás contías dos créditos orzamentarios da convocatoria de subvencións na área de integración dos inmigrantes, solicitantes de asilo e outras persoas con protección internacional.

Ir ao arquivo en PDF

viernes, 20 de noviembre de 2009

Modificación das bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 17 de novembro de 2009 pola que se modifican as ordes do 23 de febreiro de 2009, do 8 de febreiro de 2008 e do 19 de febreiro de 2007, polas que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais e se procede á súa convocatoria.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 22800D010P016.PDF

Resolución pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2010.

Ministerio de Traballo e Inmigración

Calendario laboral

Resolución do 12 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2010.

Ir ao arquivo en PDF

Orde pola que se dictan normas de aplicación e desenvolvemento do RD que desenvolve a Lei que establece as prestacións non contributivas

Ministerio da Presidencia

Seguridade Social. Pensións non contributivas


Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se dictan normas de aplicación e desenvolvemento do Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensiones non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación.

Ir ao arquivo en PDF


Corrección de erros da Resolución pola que se convocan axudas para 2010 do Programa de Mulleres

Ministerio de Traballo e Inmigración

Axudas

Corrección de erros da Resolución do 10 de novembro de 2009, da Dirección Xeral da Ciudadanía Española no Exterior, pola que se convocan axudas para 2010 do Programa de Mulleres da Orde TAS/874/2007, do 28 de marzo.

Ir ao arquivo en PDF

Corrección de erros da Resolución pola que se convocan axudas para o ano 2010 de iniciativas de comunicación exterior do Programa de Comunicación

Ministerio de Traballo e Inmigración

Axudas


Corrección de erros da Resolución do 10 de novembro de 2009, da Dirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior, pola que se convocan axudas para o ano 2010 de iniciativas de comunicación exterior do Programa de Comunicación da Orde TAS/874/2007, do 28 de marzo.

Ir ao arquivo en PDF (BOE-A-2009-18492 - 1 páx. - 150 KB)

Corrección de erros da Resolución pola que se convocan para o ano 2010 as axudas do Programa de Centros

Ministerio de Traballo e Inmigración

Axudas

Corrección de erros da Resolución do 10 de novembro de 2009, da Dirección Xeral da Cidadanía Española no Exterior, pola que se convocan para o ano 2010 as axudas do Programa de Centros da Orde TAS/874/2007, do 28 de marzo.

Ir ao arquivo en PDF

Convocatoria de axudas por custos laborais mediante baixas incentivadas e as axudas destinadas a compensar os custos derivados do peche de unidades

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Axudas


Resolución do 18 de novembro de 2009, do Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, pola que se convocan as axudas por custos laborais mediante baixas incentivadas e as axudas destinadas a compensar os custos derivados do peche de unidades de producción das empresas mineiras de carbón, para o exercicio 2009.

Ir ao arquivo en PDF

Modificación da Resolución pola que se establece o Programa EUROCIENCIA

Ministerio de Ciencia e Innovación

Axudas


Resolución do 11 de novembro de 2009, da Secretaría de Estado de Investigación, pola que se modifica a do 15 de decembro de 2006, pola que se establece o Programa EUROCIENCIA e faise pública a convocatoria de concesión de axudas para a formulación, posta en marcha e a execución de Plans de Actuación Estratéxica por parte das Universidades e os Organismos Públicos de Investigación, có fin de promover, impulsar e fortalecer a súa participación no séptimo programa marco de investigación da Unión Europea.

Ir ao arquivo en PDF

Modificación da Orde pola que se convocan subvencións públicas destinadas a programas de atención e axudas sociales para as víctimas de trata de seres

Ministerio de Igualdade

Subvencións


Orde IGD/3121/2009, do 12 de novembro, pola que se modifica a Orde IGD/1739/2009, do 26 de xuño, pola que se convocan subvencións públicas destinadas a programas de atención e axudas sociales para as víctimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

Ir ao arquivo PDF

jueves, 19 de noviembre de 2009

Festas laborais de carácter local para o ano 2010, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Resolución do 2 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2010, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 22700D009P032.PDF

Convocatoria as axudas da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigaora

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 12 de novembro de 2009 pola que se convocan as axudas para o ano 2009 da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (Programa I3) na Comunidade Autónoma de Galicia con destino ao sistema público de investigación e desenvolvemento.

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 22700D008P024.PDF

Concesión de catro subvencións concedidas aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 12 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se publica a concesión de catro subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras e se convocaron as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (procedemento administrativo IN520A).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 22700D005P021.PDF


Modificación de bases reguladoras para a concesión de subvencións a pemes para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 6 de novembro de 2009 pola que se modifica a Orde do 9 de xaneiro de 2009 que modifica a Orde do 28 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (procedemento IN514B).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 22700D007P023.PDF

Regulación dos préstamos ligados á posesión dunha renda futura para realizar estudos de posgrao de Máster Universitario ou de Doutorado

Ministerio de Educación

Axudas


Orde EDU/3108/2009, do 17 de novembro, pola que se regulan os préstamos ligados á posesión dunha renda futura para realizar estudos de posgrao de Máster Universitario ou de Doutorado.

Ir ao arquivo en PDF

Publición de axudas do Subprograma de apoio á participación de empresas e centros tecnolóxicos en programas internacionais de I+D

Ministerio de Ciencia e Innovación

Axudas


Resolución do 28 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Transferencia de Tecnoloxía e Desenovolvemento Empresarial, pola que se publican as axudas concedidas no ano 2009, do Subprograma de apoio á participación de empresas e centros tecnolóxicos en programas internacionais de I+D, no que respecta ás actuacións de Innoeuropa, incluido no Programa Nacional de Internacionalización da I+D, no marco do Plan Nacional de I+D+i 2008-2011, convocadas por Resolución do 18 de marzo de 2009, da Secretaría de Estado de Investigación.

Ir ao arquivo en PDF

Bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para as Copas Deputación 2010

Boletín Oficial Provincia de Ourense

Bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para as Copas Deputación 2010. [5305/2009]

Publicación da relación das subvencións destinadas a entidades de dereito público e privado sen ánimo de lucro

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 9 de novembro de 2009 pola que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras e se convocaron as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades de dereito público e privado sen ánimo de lucro, para impulsar a realización de actuacións de difusión e formación relacionadas especificamente co desenvolvemento e implantación da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información e o Plan Avanza para 2009 (procedemento administrativo IN521C).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 22700D004P017.PDF

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Modificación da Orde relativa a subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 6 de novembro de 2009 de modificación dos artigos 4º.1 e 17º.1 do anexo I da orde da Consellería de Innovación e Industria, do 31 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 19 de febreiro de 2009), pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego (código de procedemento IN224A).

Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 22600D005P011.PDF

Convócanse becas de formación pola Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Becas


Resolución do 3 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se convocan becas de formación pola Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa.

Ir ao arquivo en PDF

Publicidade