Orde ITC/3164/2009, do 24 de novembro, pola que se efectúa a convocatoria de axudas correspondente ao ano 2010 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade dos sectores estratéxicos industriais para o periodo 2010-2011, no ámbito do sector de automoción.
Ir ao arquivo en PDF
Obxecto:
Convócase, en concorrencia competitiva, a concesión das axudas no ano 2010 para a realización de actuacións industriais cuxa finalidade sexa o mantemento e mellora da competitividade do sector de automoción.
Beneficiarios:
a) Empresas do sector de automoción: entidade privada, calquera que sexa a súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica e que estea validamente constituida no momento de presentar a solicitude de axuda.
b) Agrupacions de interese económico (AIE), formadas polas empresas das señaladas como beneficiarias e que cando menos unha delas cumpra os requisitos establecidos.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 26 de decembro de 2009
