Páxinas

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Cortes Xerais

Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local

Resolución do 19 de novembro de 2009, do Congreso dos Diputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de convalidación do Real Decreto-lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Ir ao arquivo en PDF

Enlace relacionado:

Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local

Real Decreto-lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Descargar PDF

Obxectivos: crear emprego, dinamizar economía e mellorar condicións de vida dos cidadáns. Amais, este novo fondo incorpora como obxectivo do mesmo que as inversións, proxectos e actuacións financiadas contribúan á sostenibilidade económica, social e ambiental polo que se denomina Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Proxectos de inversión e actuacións a financiar: sostenibilidade económica (parques empresariais, tecnoloxía...), sostenibilidade ambiental (aforro e eficiencia enerxética...) e sostenibilidade social (centros de servizos sociais, culturais, deportivos, gastos correntes...).

Amais, poderán financiarse os contratos de subministro que teñan por obxecto a adquisición de equipos e sistemas de telecomunicacións ou para o tratamento da información, os seus dispositivos e programas; e os contratos de servizos que teñan por obxecto a implantación e desenrolo de sistemas e programas informáticos dirixidos

Ensimesmo poderán financiarse gastos correntes vencellados a programas de actuación no ámbito educativo e outros de carácter social de competencia municipal, e ate un montante equivalente ao 20 por cento dos fondos que correspondan a cada Concello.

Os Concellos cuxa poboación no supere os 2.000 habitantes, poderán, ademais, realizar con cargo ao presente Fondo contratos que teñan por obxecto obras de mellora das redes viarias e de adecuación, rehabilitación o rexeneración de entornos e espazos públicos urbanos.

Requisitos das obras: Nova planificación e execución inmediata, non obras financiadas por outros programas, excepto que sexan continuación (segunda fase) do FEIL 2009. Os contratos menores de 5 millóns e non se poden fragmentar.

Criterios de reparto: distribuirase de xeito proporcional as cifras de poboación resultantes do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2008.

Previsión de creación de emprego: 12.000 empregos para toda Galicia.

Distribución de fondos: comezará a partir do 1 de xaneiro de 2010, sendo o anticipo do 85% e o resto ao remate da obra.

Prazo de presentación de solicitudes de financiamento: será de tres meses, contados a partir do día 28 de outubro de 2009 e ate o 27 de xaneiro de 2010.


Publicidade