Axudas
Orde ITC/3163/2009, do 24 de novembro pola que se efectúa a convocatoria de axudas correspondente ao ano 2010 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade dos sectores estratéxicos industriais para o período 2010-2011, no ámbito dos sectores de bens de equipo, químico e farmacéutico, metalúrxico e siderúrxico, fabricación de productos metálicos, outros produtos minerais non metálicos e material ferroviario.
Irao arquivo en PDF
Obxecto:
Convócase, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión das axudas no ano 2010 para a realización de actuacións industriais cuxa finalidade sexa o mantemento e mellora da competividade dos seguintes sectores estratexicos industriais:a) Sector de bens de equipo (eléctrico-electrónico, telecomunicacións, mecánico, etc.).b) Sector químico e farmacéutico.c) Sector metalúrxico e siderúrxico.d) Fabricación de produtos metálicos e fabricación doutros produtos minerais non metálicos.e) Sector ferroviario.
Beneficiarios:
Terán a condición de beneficiarios, conforme ó establecido no apartado quinto da Orde ITC/3046/2009, de 12 de novembro, os seguintes:
1. Empresas cuxa actividade principal estea comprendida nos códigos CNAE-2009: 20, 21, 22, 23, 24 (excepto 24.46), 25, 26, 27, 28 y 30.2.Entenderase por actividade principal da empresa aquela que proporcione o maior valor de produción, ou a que empregue un maior número de persoas.
2. Agrupacións de interese económico (AIE), formadas polas empresas das señaladas como beneficiarias e que cando menos unha delas cumpra cos requisitos establecidos no punto anterior.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 26 de decembro de 2009
