Páxinas

jueves, 26 de noviembre de 2009

Axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas notras linguas

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 12 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.


Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: 23200D012P018.PDF

Obxecto:

Convócanse axudas á produción editorial para apoiar a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Beneficiarios:

Poderán optar a estas axudas todas aquelas entidades que acrediten a súa condición de editoras,coas limitacións que establece o punto seguinte deste artigo.

Non se poden beneficiar das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas xurídicas que se encontren nos supostos previstos nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 26 de decembro de 2009


Publicidade