Páxinas

jueves, 22 de octubre de 2009

O goberno galego dá luz verde a creación do rexistro de asocacións profesionais de traballadores autónomos

  • O rexistro será único para todo o territorio galego e estrutúrase nunha oficina central, dependente da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, e nas oficinas dos departamento territoriais
  • Trátase do primeiro paso de cara á creación do Consello Galego do Traballo Autónomo como órgano consultivo adscrito á Consellería de Traballo e Benestar
  • Esta iniciativa supón o desenvolvemento do título III do Estatuto do traballo Autônomo

O Consello da Xunta deu esta mañá, 22 de outubro de 2009, luz verde ao decreto polo que se crea o rexistro de asociacións profesionais de traballadores autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta normativa vén a desenvolver o título III da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que supuxo o recoñecemento do movemento asociativo dos autónomos como instrumento de participación na sociedade.

Esta nova normativa regulará este rexistro, de natureza pública, e regulará o procedemento de inscrición das asociacións, as súas federacións, as súas confederacións e unións constituídas.O rexistro será único para todo o territorio galego e estruturarase nunha oficina central, dependente da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, e nas oficinas provinciais, dependentes dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

As funcións deste rexistro serán principalmente a de inscrición das asociacións e as federacións, así como recoller as súas modificacións estatutarias, variacións dosórganos de goberno e a súa cancelación.

Unha vez que se publique este decreto, continuarase co labor normativo de desenvolvemento do Estatuto do traballo autónomo a través da elaboración do decreto que determine os criterios de representatividade das asociacións profesionais, e que estableza tamén a composición e funcionamento do órgano que declare a representatividade destas asociacións. Este traballo culminará coa creación do Consello Galego do Traballo Autónomo como órgano consultivo adscrito á Consellería de Traballo e Benestar.

Publicidade