CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Orde do 18 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (IN828A-presentación electrónica).Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf:
12000D004P032.PDF
Obxecto das subvencións:
- Sensibilizar e mobilizar as empresas, especialmente as pemes, acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha xestión sistemática e profesionalizada desta.
- Ensaiar e implantar procedementos de sistematización dos procesos de innovación nas empresas que redunden nunha maior eficacia deles.
- Desenvolver dinámicas de utilización continuada de servizos externos para a xestión da innovación como unha actividade habitual da empresa.
- Fomentar o desenvolvemento dunha cultura e estrutura empresarial proclives á innovación.
- Fomentar a cooperación entre axentes do sistema de innovación:
- Favorecendo o traballo conxunto de distintos axentes do Sistema Galego de Investigación e Innovación, o seu mutuo coñecemento e o desenvolvemento de actividades en cooperación especialmente coas pemes ou colectivos de pemes con axentes xeradores de coñecemento.
- Contribuíndo á xeración de proxectos de I+D+i e en particular de proxectos de colaboración.
Actuacións subvencionables:
Modalidade A:
Xornadas, seminarios e obradoiros sobre a importancia da innovación e a súa aplicación sistemática e profesionalizada.
Modalidade B:
Accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais de ámbito xeográfico e/ou sectorial e proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en pemes
Gastos subvencionables:
Modalidade A:
A-1. Pagamentos a conferenciantes que, en todo caso, serán persoas físicas que se deberán identificar ou, cando menos, o seu perfil. Tamén se deberá detallar o número de horas da súa intervención. O aboamento deste concepto poderá facerse por dous sistemas: mediante pagamento directo ao conferenciante ou mediante factura da entidade na que traballa. Neste último caso na factura emitida pola entidade deberá quedar perfectamente constatado que o destinatario dos fondos é a persoa que impartiu a conferencia.
A-2. Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento de conferenciantes. Cando se conte con conferenciantes de fóra de Galicia, deberase xustificar a oportunidade destas intervencións e a singularidade do perfil dos relatores. As facturas de gastos por este concepto deberán indicar, cando menos, a persoa que realizou a viaxe e os conceptos incluídos.
A-3. Aluguer de salas e/ou instalacións precisas para o correcto desenvolvemento da actuación proposta. En ningún caso se aceptarán por este concepto facturas da mesma entidade polo uso das súas propias salas e/ou instalacións.
A-4. Dedicación de persoal propio da entidade solicitante. O custo por este concepto non poderá superar o 20% do orzamento total da acción. Dentro deste concepto deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o seu desempeño. As taxas horarias do persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.
A-5. Investimentos realizados para a difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver (documentación que se entregará nos seminarios, folletos de promoción etc.). Non se poderá imputar por este concepto máis dun 10% da subvención concedida.
Modalidade B:
B-1. Gastos de persoal propio ou contratado dedicado directamente ás actuacións do proxecto que se presente. En caso de persoal propio deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o desempeño destas tarefas. As taxas horarias do persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.
B-2. Gastos de asesoría, consultoría, titoría ou formación realizados por entidades consultoras externas.
B-3. Investimentos realizados para a difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver (documentación que se entregará nos seminarios, folletos de promoción etc.). Non se poderá imputar por este concepto máis dun 10% da subvención concedida.
Nova relacionada: Traballo inviste 2,7 millóns de euros en fomentar o emprego en empresas de economía social e en promocionar o cooperativismo